venres, 25 de outubro de 2019
O gato e o rato, conto de Diana e Noa (2º B)
Aquí vos deixamos a adaptación do conto "O gato e o rato" que escribiron Noa e Diana e na que participaron María e Antía como actrices ou operadoras de cámara.
No Samaín
Xa que axiña chega o Samaín, no Monte das Moas comezan a aparecer polos corredores os morcegos, as caveiras e as pantasmas.
Hai convocados concursos de Microrrelatos de terror e exposición de caixas terroríficas e abelorios con castañas.
Para ambientar estes traballos, nas aulas de 1º e 2º da ESO escoitamos estas cancións do Samaín.
Arredor de si de Otero Pedrayo
Estivemos lendo algúns fragmentos da novela de Otero Pedrayo, Arredor de si e puidemos ver este traballo feito por alumnado de 1º da ESO do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía debuxando unha das pasaxes da novela
.
martes, 22 de outubro de 2019
Otero Pedrayo
Para comezarmos a estudar a obra de Ramón Otero Pedrayo empregamos esta presentación e vimos a súa biografía neste enlace.
venres, 18 de outubro de 2019
Vicente Risco
Para coñecer a figura de Vicente Risco vimos este breve vídeo coa súa biografía.
Para ilustrar as caricaturas da sátira O porco de pé vimos este vídeo que recolle os cadros de Xabier Varela que se expuxeron na Fundación Vicente Risco en Allariz.
Tamén lemos a lenda e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán recollida no Concello de Pereiro de Aguiar.
Vimos o trailer da curtametraxe feita coa adaptación da obra Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros.
E, por último, quixemos coñecer algo máis sobre a historia de Blanco Romasanta, o Lobishome galego, que inspirou o discurso de ingreso de Vicente Risco na RAG.

xoves, 17 de outubro de 2019
O xénero e o número
Nas aulas de 2º da ESO estamos traballando sobre o xénero e o número e para completar a práctica estivemos facendo os exercicios propostos na páxina de galego.eu
Exercicios sobre o xénero
Exercicios sobre o número
Xeración Nós
Para comezar a coñecer o traballo da Xeración Nós nas aulas de 4º da ESO estivemos vendo este vídeo que en clace humorística tenta relacionar a figura da cantante islandesa Björk cos postulados dos homes da Xeración Nós.
Ademais empregamos esta presentación para explicar as características máis importantes do Grupo Nós.
venres, 11 de outubro de 2019
Variedades dialectais
Para ouvirmos exemplos de diferentes falas dialectais do galego nas aulas de 4º da ESO vimos este vídeo que recolle testemuños dalgunhas variantes de zonas galegas.
mércores, 9 de outubro de 2019
A praia dos afogados
Nas aulas de 2º da ESO lemos un fragmento da novela A praia dos afogados de Domingo Villar. Tras a lectura vimos o trailer da película protagonizada por Carmelo Gómez.
Tamén vimos este vídeo no que se fala do roteiro que o Concello de Nigrán organizou polos lugares nos que se ambienta a novela.
Tamén vimos este vídeo no que se fala do roteiro que o Concello de Nigrán organizou polos lugares nos que se ambienta a novela.
luns, 7 de outubro de 2019
Sobre da morte do Bieito de Rafael Dieste
Nas aulas de 4º da ESO lemos e o relato que Rafael Dieste publicou na obra Dos arquivos do trasno para traballar os conceptos de narrador e de punto de vista. Despois vimos a curtametraxe baseada neste conto para que tentasen inspirarse na creación de relatos de terror para participar no Concurso de Relatos de Terror do Samaín.
O corvo e a raposa
Para estudar os diferentes xéneros literarios, nas aulas de 2º da ESO estivemos lendo diferentes textos, entre eles algunhas fábulas, coma esta que está debuxada con area.
FÁBULA (Versión galego) from Adarme Visual on Vimeo.
FÁBULA (Versión galego) from Adarme Visual on Vimeo.
xoves, 3 de outubro de 2019
Ramón Cabanillas, "Poeta da Raza"
Para traballar a figura de Ramón Cabanillas comezamos por ver esta biografía e mais un vídeo coas súas principais obras.
Lemos e analizamos o poema "En pé"
Lemos e analizamos o poema "En pé"
Noriega Varela
Para coñecer a figura de Noriega Varela comezamos por ver esta biografía sobre o autor.
Lemos varios poemas como "As floriñas dos toxos" do que vimos este recitado do alumnado do IES Salvador de Madariaga para despois analizar o poema.
Tamén lemos o poema "Toda humilde beleza". Foinos útil esta páxina co poema comentado.
mércores, 2 de outubro de 2019
Irmandades da Fala
Nas aulas de 4º da ESO comezamos a estudar o período da literatura do primeiro terzo do século XX e investigamos sobre o labor das Irmandades da Fala.
Para introducirnos no tema vimos estes vídeos onde se conta a historia da fundación en 1916 na Coruña da primeira Irmandade, así como a posterior evolución desta institución.
Para introducirnos no tema vimos estes vídeos onde se conta a historia da fundación en 1916 na Coruña da primeira Irmandade, así como a posterior evolución desta institución.
As Irmandades da Fala | Videoremix from Illa Bufarda on Vimeo.
Tamén vimos estoutro vídeo sobre a figura da mestra Elvira Bao que foi importante no ensino da época das Irmandades na cidade da Coruña e na escola do hospital de Oza. Nesta entrevista fala a súa filla.Galicia encantada, mostras da literatura oral
Nas aulas de 2º da ESO traballamos os diferentes xéneros da literatura oral e para ler mostras reais visitamos a páxina de Galicia Encantada.
Puidemos ver os diferentes tipos de literatura oral coma contos, lendas, romances, cántigas, etc e lemos os que escolleron @s alumn@s de cada grupo.
Puidemos ver os diferentes tipos de literatura oral coma contos, lendas, romances, cántigas, etc e lemos os que escolleron @s alumn@s de cada grupo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Tres catorce dezaseis é unha novela da autora ceense Rocío Leira Castro, coa que chegou a ser finalista na última edición dos premios Jules...
-
Made in Galiza é un libro de relatos curtos escrito por Séchu Sende. Séchu Sende é un escritor licenciado en Filoloxía Galega coñecido tamé...
-
Para introducir o tema do Agrarismo e da poesía cívica de comezos do século XX, escoitamos este poema de Ramón Cabanillas versionada por Na...