A
Tauromaquia é unha práctica que forma parte da historia de España.
O touro e o toureiro son símbolos internacionais de España. Pero,
está realmente ben esta práctica que para moitos é
considerada medieval? Con este texto penso defender que a
tauromaquia non debería de ser considerada arte. A pesar desta
posición, tamén existen algunos pros e contras que mencionarei, así
coma os puntos de vista dos dous bandos, taurinos e antitaurinos por
igual.
A
Tauromaquia está presente na nación española dende a Idade de Bronce, aproximadamente no 3.000 a.C, é dicir, que a tauromaquia é
unha práctica prehistórica. Porén, esta facíase pola
necesidade de cazar, pero comezou a ofrecerse coma espectáculo a
público aberto no século XII, sete séculos despois de que o
circo se extinguise en Roma pola súa crueldade. Pese a
non ser o único lugar onde se practica España, é no noso país onde é máis popular.
Os
datos recollen que ao redor de 53.000 touros son asasinados en corridas
por esta “arte” en España e levan gastados 2800 millóns
de euros de diñeiro público só nas corridas dos últimos
cinco anos. No entanto, no último século morreran 136
especialistas, tan só 36 deles matadores. Isto é porque a día de hoxe para asegurar con maior eficacia a
supervivencia do toureiro, o touro entra na praza debilitado fisicamente.
Tamén
cabe mencionar que pese a todo o diñeiro que gasta achega recursos económicos aos comercios autónomos ao redor das prazas de touros, polo cal
beneficia a economía particular, un dos puntos a favor que
ten. En todo caso o diñeiro que fornece ao estado segue sendo
aproximadamente un 25% menos do que consome.
Unha
familia promedio gasta entre 60 e 80 euros anualmente
dirixidos unicamente á tauromaquia, sen posibilidade de elixir
sobre a opinión de non pagalo porque non está incluido nos seus
ideais.
Falando
máis profundamente da crueldade que é para o animal, o touro está
clasificado como animal pacífico. Obviamente, o touro ataca
cando considera que está en perigo. A explicación biolóxica
confirmada do comportamento dun touro na praza é que quere fuxir,
pero non pode, ergo ataca.
Outra
incoherencia que se suscita é a reflexión de por que torturar e matar un gato ou un can é
un delito legal grave, e facelo cun touro non? En Roma, lugar
tan famoso polo seu extinto circo, o máis cruel do mundo, a tortura
a calquera tipo de animal é un delito pagado con multas de
entre 500 e 1000 euros.
Un
dos principais argumentos que aplican os taurinos é que se se acaba
a tauromaquia, extínguese a especie. Isto é mentira,
pois o denominado “touro bravo” tan só é unha variedade do
Bos Taurus, que habita en todo o planeta.
Tamén
falando das manifestacións antitaurinas consisten en entrar á
praza e demostrar que o touro é manso, non obstante nesas
circunstancias o único que fará posiblemente sexa atacar,
de modo que moitas veces ambas partes acaban mal.
Tras
estes datos, temos dúas posicións. Unha que defende a
posición de que é unha arte popular e respectable, que leva
sendo unha tradición dende antes da historia, e a outra é que é
un maltrato animal normalizado.
A
maioría da xente moza do século XXI opina de forma común
que a tauromaquia xa non debería de ser considerada arte.
Ademais, os datos confirman que asisten as persoas de 50 anos
cara enriba como media, de modo que nuns 30 anos o público
das prazas de touros estará practicamente extinto.
Que opinas ti?