Como dicía, as principais causas do abandono de mascotas son: falta de tempo, que dá “demasiado” traballo, porque molesta ó barrio ou ós veciños, ou por traslados de domicilio. Estas causas traen tamén consecuencias; algunhas delas son o trauma psicolóxico para o animal que sofre, a desnutrición e o estrés, e as mortes ou accidentes que provoca e que a maioría das veces sofre o animal.
Para evitar isto ou para previlo tamén existen unhas leis, que a maioría das veces non se poden cumprir, xa que non se encontra o dono do animal afectado. Na miña opinión, estas leis deberían de ser máis duras, xa que aínda así a xente abandona o seu animal igual. Tamén penso que os donos, antes de abandonar a súa mascota, deberían valorar a idea de regalala ou de entregala a unha sociedade protectora de animais, xa que así este podería vivir unha vida mellor que a que viviría se se encontrase de súpeto na rúa ou no campo, sen ninguén ao redor e sen encontrar o seu dono por ningures.
Esta é a miña opinión sobre o abandono de animais, e espero que sirva para concienciar a xente para que, antes de abandonar a súa mascota, pense en que esta pode pasalo moi mal, ou que é algo que seguramente non llo recomendaría a ninguén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario