luns, 26 de outubro de 2020

A invisibilidade do deporte feminino, Andrea Ansede Varela, 1º Bacharelato A

O deporte feminino tivo unha evolución evidente ao longo da historia. Pero é unha historia de loita contra as trabas e prexuízos, que aínda no século XXI seguen vixentes na nosa sociedade, xa que as mulleres seguen sendo invisibles.

Hoxe en día somos conscientes da importancia dos deportistas, xa que se converten en referentes de nenos que buscan parecerse a eles. Se pensamos, todos somos capaces de dicir algún deportista e case sempre serán homes. Porque para que unha nena teña un referente de muller as dificultades son inmensas. Deportistas como Mireia Belmonte ou Carolina Marín comezan a superar eses muros e barreiras que poñen, pero realmente estamos facendo o necesario para facer visible o deporte feminino?

Os medios de comunicación seguen exercendo un papel moi importante na nosa sociedade, pero a pesar dos logros alcanzados nos europeos, mundiais e olimpíadas, as mulleres seguen ocupando unha pequena columna do xornal, uns poucos segundos de televisión, facendo que o deporte feminino sexa invisible. Desta maneira, o que estamos mostrando ás nenas é que aínda que se esforcen ou teñan constancia nunca van chegar a conseguir os seus logros.

Por sorte, a presenza de deportistas femininas non fixo máis que crecer dende entón e a diferenza entre mulleres e homes reduciuse notablemente.

En conclusión, todos xuntos debemos de seguir loitando por un deporte sen etiquetas e por facer as mulleres deportistas máis visibles ca nunca. A pregunta é: estamos a tempo e podemos cambialo? A resposta só a temos nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario