sábado, 31 de outubro de 2020

Os videoxogos como unha arte, Brian Veiga Bueno (1º Bacharelato A)

É aínda bastante común o pensamento de que os videoxogos son nocivos, causan violencia ou illan os xogadores, e mesmo que podería haber algo de certo, na maioría dos casos son prexuízos en contra dos videoxogos.

Os videoxogos, coma outras forma de ocio, poden ser aditivos ou negativos. Por exemplo, se unicamente te dedicas a ir á praia, perdes oportunidades doutro tipo de ocio e interacción, prexudicas o teu corpo polo efecto negativo dos raios de sol e o feito de ir tanto á praia acaba sendo prexudicial.

A mala fama dos videoxogos parte dos seus inicios, ao igual que antes aconteceu con outras novidades que causaban na xente desconfianza e medo, como foi o caso da televisión. Os videoxogos causan violencia”, pero diversos estudos científicos din que os videoxogos non teñen por que incitar á violencia, ou non máis que un relato ou unha película.

Eu considero os videoxogos coma unha forma de arte propia. Os videoxogos poden ter visuais achegados aos do cinema en canto ao estilo e á animación. Tamén poden ter bandas sonoras incribles, como as de Halo, Hollow Knight ou NieR Automata. Pero, a diferenza do cine, o xogador é un personaxe activo na historia, e incluso hai xogos que interactúan con el (como UnderTale) .

Aque volvo á miña pregunta inicial, son os videoxogos unha forma de arte? Si, son unha forma de arte como outras e diferenciada dos demais medios artísticos en que o xogador pode ser á vez espectador e creador da súa propia historia.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...