Érase unha vez, unha bruxa chamada Maruxa, que vivía nunha casa no medio do bosque.
Con ela, vivían un rato chamado Risiñas e un sapo chamado Aposto.
Maruxa quería ter unha relación, pero ninguén a quería. Así que, decidiu converter a Aposto nun magnífico príncipe.
Mentres facía a apócema, viu como lle faltaba a flor rosa.
Foi en vasoira, e ao imaxinarse ao príncipe, estampouse contra unha árbore.
En fronte dela estaba a árbore da flor rosa, pero dentro había un ogro. Meteu o sapo, e colleu unha flor.
Ao botarlla á apócema, o sapo converteuse en príncipe. Non era moi guapo, así que Risiñas púxose a rir.
Finalmente, a bruxa Maruxa namorouse de Risiñas, converteuno en príncipe e casou con el. Botaron toda a vida xuntos, ata que outra bruxa os transformou en ratos, mais ningunha apócema podería cambiar a súa relación.