luns, 28 de marzo de 2022
POEMA DE MIRIAM FERREIRO (1º ESO A)
O Martes tocaron as campás da igrexa.
O Mércores, no bus lembreime dalgún conto.
O Xoves descubrín unha historia castrexa.
O Venres fun parte dun curioso reconto.
O Sábado sufrín en carnes a envexa.
Non soaron os espertadores o domingo.
O luns xoguéi cos meus amigos ó bingo.
POEMAS DE DAVID LÓPEZ (1º ESO A)
POEMA DE LAURA LÓPEZ (1º ESO A)
Cando quero falar
digo Helena.
Digo Helena
cando quero falar
con ela.
Digo Helena
cando quero ir a
Bruselas.
Cando quero cantar
digo Helena.
Digo Helena
cando vou a un
concurso.
Digo Helena
e tócame facer un
curso.
Cando quero bailar
digo Helena.
Digo Helena
cando o día é
estraño.
Digo Helena
e remata este ano.
POEMA DE LUCÍA PÉREZ ROCA (1º ESO A)
O martes tocou carne con patacas.
O mércores, no bus, xogamos ao parchís.
venres, 25 de marzo de 2022
PAREADOS DE DAVID LÓPEZ (1º ESO A)
que ese non é o botón.
Non retires a botella,
que suxeita aquela tella.
Non collas o meu horario,
mellor colle o dicionario.
PAREADOS DE LAURA SÁNCHEZ (1º ESO A)
que non paraba de chorar
Esta caixa é moi lixeira,
parece que non está enteira
Déixame ese caldeiro,
que mo pide o cesteiroxoves, 24 de marzo de 2022
PAREADOS DE MIRIAM FERREIRO PÉREZ (1º ESO A)
PAREADOS DE LUCÍA PÉREZ ROCA (1º ESO A)
Xa non hai espazo no palleiro,
luns, 14 de marzo de 2022
Tes ata as 10 de Francisco Castro, recensión de Marta Fernández (1º Bach A)
A historia comeza cando, despois do enterro do Director do Eco de Vigo, o seu fillo Antonio recibe unha mensaxe electrónica a nome do seu defunto pai: “Tes ata ás 10”.
A partir dese momento Antonio tentará coñecer quen está detrás deses correos, e cal é o seu cometido. Con axuda de pistas e máis gmails que recibe, vai descubrindo o verdadeiro pasado do seu pai. Nesta pescuda contará coa axuda da súa compañeira de traballo, Celia, coa que mantén unha relación amorosa.
A medida que achan novos descubrimentos, serán conscientes das limitacións que había no ámbito xornalístico, e para a sociedade en xeral, durante o réxime franquista; as historias de amor que tiveron que quedar ocultas polo pensamento da época, e das penurias dos matrimonios concertados.
É un libro no que cada vez que pensas que a historia remata dun xeito, os acontecementos dan voltas sen que o esperes para coller outro rumbo completamente distinto; no que as historias das personaxes únense e mestúranse dunha forma incrible; no que formas parte da investigación e vas descubrindo a verdade á vez que o protagonista, e no que as principais pistas son citas referidas a libros clásicos coma “A illa do tesouro” ou “Vinte mil leguas baixo dos mares”.
Se che gustan ese tipo de historias, recoméndoche que leas “Tes ata ás 10”, porque estou segura de que este libro está feito para ti. Na miña opinión é unha novela entretida que consegue manter a intriga ata o final e que, no desenlace do misterio, da tantos xiros á historia que te fai quedar coa boca aberta.
venres, 11 de marzo de 2022
Made in Galiza de Séchu Sende, recensión de Samuel Sumay (1º Bach A)
Made in Galiza é un libro de relatos curtos escrito por Séchu Sende.
Séchu Sende é un escritor licenciado en Filoloxía Galega coñecido tamén por libros como Orixe. Os seus libros, particularmente este foron traducidos a múltiples idiomas.
Made in Galiza é un libro sen unha trama principal, son un conxunto de
historias nas que se critica o conflito lingüístico que se está a vivir en
Galiza dende diferentes puntos de vista, decote un neno ou unha nena que amosa
desconcerto ante a situación. Esta variedade de puntos de vista achega unha
oportunidade de falar de temas que non adoitan ser cómodos.
Por poñer un exemplo, ao final dun relato di: 'No estado de euforia exprésase
un compromiso coa lingua en termos optimistas, e que no estado típico de baixón
xorde o pesimismo existencial galego: 'Non hai que facerlle. Éche o que hai'.
Este sentimento creo eu que non nos é alleo á meirande parte de nós, o autor
fala destas situacións nun ton ridículo e ata gracioso ás veces.
Como esta hai moitas outras situacións habituais que todos nós temos
experimentado e que el consegue transformar nun relato. Neste relato transmite
a súa visión sobre o asunto e no que intenta animar á xente a tomar unha
decisión propia.
Algúns dos meus relatos favoritos son:
UNHA
PALABRA COMÚN
Este é un relato no que a personaxe protagonista é unha palabra que
explica a súa vida como palabra e o medo que ten ás desaparicións de palabras
cando aparece un castelanismo. Ela teme que un día calquera chegue un
castelanismo que a substitúa e que a ela a esquezan.
Este relato trata o tema da deturpación do vocabulario do galego pola
entrada en masa de castelanismos, xa que unha lingua ten unha certa resistencia
á entrada de palabras estranxeiras, mais cando se converte nun fluxo masivo de
vocabulario para o que xa existía unha palabra na lingua orixinal o vocabulario
desta comeza a perder forma e a perderse.
NA
OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS
Neste relato cóntasenos a historia dunha oficina de obxectos perdidos á
que a xente vai para recuperar a súa lingua, isto é, o momento no que pasaron
de falar en galego a falar en castelán. Isto crea unha situación un tanto
cómica que fala da desgaleguización e de como a xente quizais non se decata do
proceso xa que van a recuperar a súa lingua 10 ou 11 anos despois. Ata que un
día se decatan e tentan recuperar a súa lingua e con ela algo da súa
identidade.
O
HOME QUE AGARDABA QUE LLE DIXESEN QUE FACER.
Esta historia trata sobre a xente indecisa, xente que xa sexa por
pensar demasiado ou por medo ao que digan os demais nunca dá o paso ou toma
ningunha decisión por orientar a súa vida. O protagonista é un home cuxa vida é
basicamente seguir as ordes dos demais, e non porque sexa parte do seu traballo
senón porque non sabe que facer el mesmo.
Realmente foi unha das historias que máis me gustaron xa que son
bastante parecido ao protagonista, sigo ordes bastante ben pero unha vez que
quedo sen instrucións non consigo decidirme ou saber que facer, entón esta
historia serviu para abrirme os ollos sobre que nalgún momento vou ter que
tomar unha decisión sobre que facer coa miña vida e deixar de perder o tempo.
En conclusión, pareceume un libro ás veces gracioso e interesante que
está moi ben narrado. Recomendaríallo a calquera persoa que queira comezar a
comprender o problema da diglosia ou do conflito lingüístico dun xeito ameno e
entretido, ata chegando a rir co ridículas que son algunhas situacións.
Tes ata as dez de Francisco Castro, recensión de Diego López (1º Bach B)
A historia comeza presentándonos a Toni, o director dunha editorial, que vinte anos atrás mudárase á Coruña para afastarse da mala relación coa súa nai. O día seguinte da repentina morte do seu pai, a editorial estaba xa pechada e só quedaban Celia e Toni, algo habitual xa que os dous eran apaixonados de seu traballo. Celia estaba no posto do protagonista, cando recibe un mensaxe no correo electrónico a nome do seu pai, dicíndolle “fillo meu, tes ata as dez”. Nun principio Toni pensou en que era unha broma de mal gusto, máis tarde comezou a recordar uns xogos que facía co seu pai de neno mentres traballaba no Eco de Vigo, xornal dirixido polo seu pai. Estes xogos só os coñecían Toni mais o seu pai, así que non podía ser unha broma, por tanto Toni porase mans á obra para chegar ao fondo do misterio que descubrira segredos da vida dos seus pais. A través de correos electrónicos, cartas e pistas Toni descobre que o pai ten unha segunda vida, o motivo do odio da súa nai, e a autora das mensaxes que chegaban baixo a identidade do seu pai. Tamén descubrimos a historia recente de España e Galicia, e onde o presente se mestura co pasado.
Nesta novela Francisco Castro ofrécenos unha historia cargada de intriga e solucións inesperadas. Cando cres que as cousas se encamiñan cara un sitio, unha nova pista lévate a outro sitio distinto, para o lector, todos son sospeitosos, polo que Francisco Castro é un moi bo escritor de novela de intriga.
Na miña opinión, esta obra é
divertida e interesante e consegue somerxer o lector na obra. Cunha linguaxe
moi sinxela consegue que sexa fácil de entender, o que a fai máis entretida que incomprensible. Esta forma de escribir tamén cambia dependendo do momento
da historia, facendo a lectura máis intensa ou máis lixeira. Este libro ten unha boa trama, con moitos subtemas tamén interesantes,
o que fai que non te canses de ler todo o tempo o mesmo tema. Os personaxes son
persoas normais, con problemas normais, o que fai que o lector teña máis
empatía cos protagonistas. Este libro conseguiu algo que moi poucos fixeron, que queira ler sempre
un capítulo máis, e sempre me faga quedar coa intriga de que pasará. Outro punto
positivo do libro é que ten un final moi inesperado, o que reafirma que
Francisco Castro é un gran escritor de novelas de misterio. Sen ningunha dúbida, este libro gustoume moito e déixame con ganas de ler máis obras deste autor, un
libro moi recomendable.
martes, 8 de marzo de 2022
Aire negro de Agustín Fernández Paz, recensión de Candela Ferrín Sabio (1º Bach A)
Esta obra, escrita por Agustín Fernández Paz, pertence ao xénero de suspense, esta novela fai unha mestura entre intriga, terror, amor e fantasía. Nestas novela encóntranse referencias literarias e de algúns autores. A linguaxe nesta novela é culto nalgunhas ocasións, e noutras é urbano.
Un dos temas principais é Galicia, as súas terras, os seus habitantes....
A estrutura desta novela é sinxela, está dividida en tres partes: a primeira narrada por Víctor Moldes, a segunda narrada pola protagonista Laura Novo, e a terceira e última parte narrada de novo por Víctor Moldes.
Nas partes narradas polo señor Moldes falan de como coñeceu a Laura e como foi a súa convivencia con ela, como avanza o seu tratamento e como a súa obsesión por axudala faise cada vez maior.
Na parte central narrada por Laura conta a súa historia, é unha narración dos recordos da súa vida. Aínda que esta historia ten un enigma, é realmente real o que Laura conta? E todo unha fantasía inventada na súa cabeza?
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
· Opinión:
Aire negro é unha novela absorvente, de breve duración e o seu ritmo de lectura é rápido. A historia atrapa, e a misterio de Laura Novo faise cada vez máis interesante.
Augustín Fdez. Paz crea unha mestura do mundo real, o mundo psíquico e o mundo da fantasía. Este inclúe lendas da propia Galicia e a escuridade que hai nelas.
Esta novela ten un final aberto, o que deixa a novela como inacabada. Debido a isto o lector sinte certa dúbida de se o relato é certo.
Paréceme unha novela moi interesante, como relata con moita delicadeza a historia de Laura e a súa relación médico-paciente co señor Víctor.
A única pega que podo poñerlle é o final aberto, é certo que prefiro ler libros cun final concreto non cun final que deixe dúbidas o teñas que imaxinar como acaba; aínda así recomendo ler esta novela, sobre todo se vos gusta o xénero de suspenso ou terror.
luns, 7 de marzo de 2022
domingo, 6 de marzo de 2022
venres, 4 de marzo de 2022
Ardalén de Miguelanxo Prado, recensión de Daniel Seara Cortés (1º Bach A)
Esta novela foi publicada en 2012, conta cun total de 256 páxinas distribuídas en 9 capítulos e a historia xira en torno a unha vila non moi coñecida de Lugo. O principal tema desta novela é “a memoria” e o argumento é “a capacidade dos recordos de alterar a nosa personalidade”. O título “Ardalén” significa vento húmido que provén de América, o cal enreda nas memorias das persoas recordos de persoas descoñecidas que afogaron.
A protagonista deste cómic é Sabela, unha muller recién divorciada e desempregada que pasa o seu tempo nunha vila tratando de reunir o pasado do seu avó Francisco, o cal esconde unha gran cantidade de misterios da súa emigración a Cuba buscando maior estabilidade económica, abandonando a súa familia e morrendo alí, sen que ninguén soubese nada del. Aínda que a historia xira en torno á busca de Sabela por investigar a vida que escondía o seu avó, dende o meu punto de vista Fidel, unha persoa de gran idade da vila ao cal chaman “O náufrago” adquire unha maior importancia na historia xa que este ten unha característica única e que o fai moi especial, ten recordos moi pouco precisos da súa emigración, chegando a ter coñecido a Francisco, o pai de Sabela, o certo é que estes recordos non son seus xa que ao longo da novela pódense apreciar uns recordos de Fidel chamándoo polo nome de Antonio e ao final da novela amósase de maneira moi destacada a persoa á que pertencían estes recordos, un verdadeiro emigrante pero que morrera a causa doutro membro da tripulación por razóns descoñecidas. A Fidel cústalle distinguir os recordos das dúas persoas, chegando a recibir visitas á casa de pantasmas como Ramón; o mellor amigo de Antonio, Rosalía; a muller de Antonio e Francisco, os cales comezan a refrescarlle a memoria a Fidel sobre os seus recordos como emigrante e a relación que este tiña con Francisco. Desgraciadamente, a tarefa de Sabela de informarse acerca do seu avó, vese dificultada por un home da vila, o antagonista, chamado Tomás o cal pensa que a finalidade da visita de Sabela á vila é en busca dos tesouros que trouxo Fidel de Cuba, ten un pensamento equívoco xa que Fidel ten uns recursos moi limitados e a Sabela nunca se lle ocorrería pensar niso. Despois dun tempo falando con Fidel, Sabela comeza a coñecer as razóns de que Francisco nunca volvera a súa casa, resulta que o seu avó chegara a ter unha gran estabilidade económica en Cuba e mandara unha gran cantidade de cartas á familia de Sabela pedindo que fosen vivir onda el para non se preocupar máis do diñeiro, este chega a volver a España pedindo que a súa familia marche con el. A petición de Francisco é negada e sendo advertido de que se volve emigrar non vai poder volver. A pesar da ameaza, Francisco segue mandando diñeiro á súa casa e cartas que nunca chegaron a ser contestadas. Este termina morrendo a unha idade moi avanzada sen casarse no seu novo fogar despois dun día de esmorga, parándoselle o corazón de súpeto. Esta novela ten un final moi inesperado xa que cando Sabela obtén toda a información que buscaba e recibe a noticia dunha entrevista para un novo traballo, é asaltada por Tomás xusto antes de marchar da vila, o cal busca agredila pensando que segue a esconder as verdadeiras razóns da súa visita á vila pero inesperadamente aparece Fidel e Tomás remata morrendo a mans de este.
Gustoume moito este libro, persoalmente opino que este libro merece unha oportunidade para ser lido, as fermosas e precisas imaxes que presenta deleitan ao lector á vez que nos permite darlle cor e forma ós distintos lugares nos que ten lugar a historia. Ademais, explica dun modo moi realista a situación das persoas que emigran ou emigraban e como se ían perdendo os recordos destas ao emigrar. Recomendaría este libro a todas aquelas persoas que lles guste ler cómic ou lles gusten as novelas narrativas cunha historia única pero moi impactante e apasionante.
A cabeza da medusa de Marilar Aleixandre, recensión de Aaron López Sánchez (1º Bach B)
No libro fala da Metamorfose de Ovidio, especificamente da metamorfose de dúas mulleres violadas, fai unha comparativa co sucedido ás dúas rapazas. Tamén recorre á mitoloxía, á historia de Medusa e Perseo.
Narra a historia destas dúas rapazas, como eran antes de ser violadas, sobre todo Sofía, xa que é quen o narra en primeira persoa: e como son as súas vidas despois da violación. Hai unha gran diferenza, dende o principio, emtre unha e outra. Sofía é apoiada en todo momento polos seus pais, mentras que os de Lupe non queren que denunie, prefiren o silencio á exposición pública. Isto é unha comparativa ca realidade. Hai moitas mulleres que non denunian estas agresións por medo á opinión pública, a ser xulgadas e pola falta de apoio do seu contorno. E as que o teñen aínda teñen que escoitar falar da súa vida privada, e ser culpabilizadas. A lei di que hai que amosar a culpabilidade para poder castigar, pero o que hai que amosar é a inocencia da víctima. Sempre hai quen di que a culpa é da muller por vestir de forma provocativa, algo moi recurrente no libro, ata a avoa de Sofía dille a súa nai que a culpa é de como viste e de que a deixa saír de noite.
Neste libro amósase a figura da muller ao longo da historia, que sempre tivo un papel inferior ao home, e como tiña que aturar a violencia no ámbito doméstico porque era considerado normal. O home tiña dereito sobre a muller. Antigamente moitos deuses violaban a mortais e éstas eran castigadas, como foi o caso de Medusa, e iso era porque pasaba na vida real. De feito, nalgúns países árabes son repudiadas ou castigadas, sendo culpa delas.
Este sentimento de inferioridade ou culpa é amosado tamén en Sofía, porque despois de ser violada deixa os zapatos no coche de Constantino e ten que camiñar descalza polo bosque e pensa que ese é o castigo polo sucedido, por non coller un taxi e subir no coche de descoñecidos. . A víctima pasa a ser culpable, sentimento de moitas mulleres que pensan que o acontecido é por culpa delas. O sistema patriarcal existente dende hai anos provoca esa sensación en moitas mulleres, que buscan un motivo no acto, motivo causado por elas. Outro exemplo é Rubén, que síntese culpable por non haber quedado con ela esperando ó taxi, coma se estando el, un home e forte, non lle pasara nada.
Sofía é xulgada, non só por como vestía, senón polo que escribía, a ela gustáballe a escritura e a principios de curso fixo un texto que a xente entendía como erótico. Cando estaban decidindo o castigo de Mauricio, parecía el a víctima e non ela. O único importante era amosar a súa culpabilidade, os indicios, máis que evidentes, non chegaban, pero , pola contra, si importaban os comportamentoss previos de Sofía, xa que o que escribía ou como vestía parecían feitos determinantes para que Mauricio actuara así. Volta a amosar a dificultade das mulleres, nun mundo gobernado por homes, e no que moitas mulleres tamén pensan igual. É un fiel reflexo da realidade. No libro plantexa moi ben estas cuestións.
Elvira, a nai de Sofía, está moi orgullosa dela, comparándoa cunha heroína, xa que é capaz de denunciar e soportar todo o que din dela, ser xulgada. Iso é o que fixeron moitas mulleres e grazas a iso conseguiron ser escoitadas e ser consideradas iguais cos homes (aínda que lles queda moito camiño).
No libro amósanse moitos estereotipos, xa que, ao fin, todos temos algúns. Sofía, cando Jessica lle conta o que sufriu de pequena, que fora violada polo pai de acollida e vive nun centro de menores, tamén pensa que non é coma ela, que alí hai xente desestructurada e que é máis normal. Ao fin todos xulgamos os demais, ninguén poder ver a outra persoa sen fixarse no contexto que a rodea.
Isto é reflectido por Rubén no contexto da violación, cando lle di que o peor non é o feito en sí, o físico, senón a presión social. O que a xente ve e o que se cree.
En España hai moitos casos como este, pero un dos máis sonados foi o da Manada. Un grupo de cinco mozos que violou a unha moza, roubándolle o móvil e grabando os actos. Esta rapaza denunciou e tivo que escoitar como algunhas personas dicían que fora culpa dela porque se metera nun portal con eles a consumir droga. Estes mesmos tamén violaron a outra moza nun coche e dixeron o mesmo dela, como estaba esa noite cun deles xa era culpable por ir con cinco mozos nun mesmo coche e besándose con un. Ao fin as víctimas son máis xulgadas que os culpables e elas teñen que amosar a súa inocencia e non ao revés. No libro sucede o mesmo, Sofía é xulgada por outros motivos que din que son os causantes do sucedido.
Pero tamén ten o seu lado positivo, créanse lazos de amizade, xente que as apoia de verdade e pelexa pola súa defensa. Os pais de Sofía, a directora do instituto (Teresa) e algúns dos seus compañeiros. Ao mesmo tempo narra como Sofía namórase de Rubén e como o seu apoio é definitivo para que siga adiante coa denuncia; ter alguén ao teu lado, de forma incondicional, fai que todas as cousas sexan mellor. Lupe tamén se namora de Vicenzo, o xinecólogo que as atende en urxencias, que é amigo do seu curmán. Cando ela retira a denuncia non quere velo, porque sinte vergoña de que non a vexa coma unha heroína, por ser unha cobarde. Amosa a importancia da presión social.
Outra cousa a destacar é que a nai de Pedro, o outro violador, escirbe unha carta pedindo perdón ás dúas rapazas. Ela quere ao seu fillo pero non xustifica o que fixo, sente vergoña polos seus actos; non como os pais de Constantino que ofercen cartos e piden que o seu fillo non teña o seu futuro marcado, porque consideran un pequeno erro e ten unha vida prometedora por diante. Como se dando cartos puideran arranxar o sucedido e que Sofía olvidara. Outra vez facendo ver o culpable como vítima, por non poder ter un bo futuro.
O libro remata cun texto escrito por algún compañeiro do curso das rapazas, non se sabe quen, no que narra a historia de Perseo, enviado a cortarlle a cabeza a Medusa. Déuse conta que o rei o mandou para así poder violar a súa nai; que xa fora violada tamén polo pai de Perseo. Ten que matar a Medusa, víctima dunha violación, que acabou sendo culpada. Cando a estaba matando, víase reflexado no escudo, en lugar de ver a cara de Medusa via a del, identificábase con ela. Ela fora castigada por ser violada, e el era fillo dunha violación e enviado a matala para así aproveitarse da súa nai. El había xulgado a Medusa como culpable, porque convertía en pedra á xente, pero era a víctima, como a súa nai; víase reflexado como asasino obrigado, ao igual que Medusa, sendo víctimas. Sofía tamén se identificaba con Medusa porque no instituto, ao principio, ninguén se atrevía a mirarlle aos ollos, por pena ou o que fora, o mesmo que Medusa, que non a podían mirar aos ollos porque convertiríanse en pedra.
O libro está moi ben estruturado, narra a vida anterior e posterior á violación de dúas rapazas. Sitúa aos personaxes, moi caracterizados e estereotipados, comparando coa realidade.
Como conclusión, dicir que o libro me gustou moito, á vez que me creou un sentimento de inxustiza. Dá rabia ver como son tratadas as rapazas, que non as crean e as fagan culpables polos seus comportamentos. Isto faime pensar nos prexuízos que temos, porque cando unha moza viste con vestidos apretados ou moi curtos todos pensan que querern provocar, e como ese pensamento “insignificante” pode chegar a convertirse nun arma letal. A presión social dirixe a vida dunha comunidade, porque non nacemos con prexuízos, senón que os aprendemos.
-
Tres catorce dezaseis é unha novela da autora ceense Rocío Leira Castro, coa que chegou a ser finalista na última edición dos premios Jules...
-
Made in Galiza é un libro de relatos curtos escrito por Séchu Sende. Séchu Sende é un escritor licenciado en Filoloxía Galega coñecido tamé...
-
Para introducir o tema do Agrarismo e da poesía cívica de comezos do século XX, escoitamos este poema de Ramón Cabanillas versionada por Na...