En primeiro lugar e antes de introducir os principais protagonistas da historia, preséntansenos un pai e os seus fillos escoitando estes últimos da man do primeiro unha historia sobre como os antigos druídas celtas trataban o bosque onde se atopaban, falando deste coma un lugar sagrado, onde máis tarde atopamos unha serie de criaturas máxicas espertando de estar soterradas en completo letargo durante centos de anos.
Tras isto, aparece na historia Artur, un estudante mozo que busca unha tarefa diferente á súa normalidade e nesta procura atopar os interesantes traballos do profesor Ancares Díaz, polos cales pregunta ao rexente do momento, o señor Figueira, sen moito éxito aparente pois este parece despreocupado pola busca de información. Así, Artur vai investigar só.
Mentres tanto, aparecen o Sr.Traba, un nobre que quere recuperar o poder dos da súa clase mediante pactos co demo, e presenciamos por fin unha escena na que aparecen os seres máxicos, un “demo” de nome Xamaín, un “puro” chamado Grian e unha fada que máis tarde aparecerá como Aurea. Estes discuten sobre un tríscele roubado por un humano que lles permitía atopar a todo o seu pobo durmido baixo terra, e Xamaín decide ir buscalo sen importar os custos, chegando a pensar na purga da humanidade, que segundo el, traizoaran a súa raza.
Artur consegue falar co profesor Ancares, o cal lle fala do tríscele e das súas investigacións, facendo que este se interese e vaia falar con Aurea, a cal lle conta sobre a historia dos máxicos e preséntalle un vello chamado Gabriel Mascato, que o acompañará na procura do tríscele, e xunto ao cal convence a outra rapaza de unirse á búsqueda, que segundo Gabriel podería ser unha mestiza, é dicir, froito da unión de razas primixenias e con poderes sobrenaturais.
Por outro lado, Xamaín, baixo a identidade do señor Pedrafita, busca o tríscele poñéndose en contacto co profesor Figueira e logo cun comerciante arqueolóxico (Sr.Bazán) o cal, en vista da seriedade e do perigo que suporía non darlle o que quere ao cliente, procúralle unha copia, pois o real atopábase en propiedade do Sr.Traba, grazas a que Figueiroa o roubara do despacho do profesor Ancares. En vista disto, Xamaín contrata uns matóns que rematan asasinando o replicador do obxecto e máis a Bazán e a súa secretaria, posto que este non conseguira o tríscele das mans do Sr.Traba.
A continuación, Artur, Lúa e Gabriel, tras confirmar as sospeitas de que foi Figueia quen roubou o tríscele, escoitan a chamada de Traba aos seres máxicos, a que responden Xamaín e Gabriel para acordar un encontro ao día seguinte co aristócrata.
Entón, reúnense todos o día seguinte e sucede unha confrontación polo artefacto entre Xamaín e Gabriel, que descobre ser Grian, a cal resolve Lúa coa axuda dos seus poderes de mestiza, deixando o demo encerrado e terminando co tríscele en mAns axeitadas e sen espertar algún das razas antigas, sen falar do arresto de Figueira por contrabando arqueolóxico
Persoalmente, pareceume unha gran historia, contada de forma entretida e fluída nun estilo poco usual que, sen dúbida, sorprende o lector. O feito de que sexa escrita en formato de cómic faina moito menos pesada como poden ser outras novelas, e achega unha gran calidade visual, posto que a historia, na miña opinión, está debuxada dunha forma ideal. Sobre o contido en cuestión, considéroo de gran interese e gustariame destacar a capacidade da obra de atraer o lector a certos temas polos que non podería ter moita preocupación anteriormente como poder ser a mitoloxía celta, a cal se ve reflectida de maneira excelente neste libro. Recomendaría este libro, por último, a aquel que queira pasar un bo anaco lendo sobre unha historia de carácter lexendario e que se entreteña cos contos de maxia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario