Hai
moitos, moitos anos, o día antes de San Valentín, nun lugar chamado
Gallaecia. Un rato chamado Zampón, que era moi lambón tiña moita
fame, e xa rematara a súa reserva de comida.
Decidiu
ir polo bosque en busca de alimento. Meteuse nunha cova na que había
moitas castañas, non era o que máis lle gustaba, pero conformaríase
porque non quería pasar máis fame. Colleu unhas poucas e meteunas
nunha bolsa que levaba consigo, pero cando ía meter a última, un
esquío apareceulle de súpeto e Zampón botou a correr. Tras un
anaco sen conseguir nada de alimento decidiu voltar á casa.
Dende a fiestra observou a lúa e decidiu ir ao outeiro máis próximo para poder contemplala. Ao vela alí no alto tan fermosa, preguntouse:
- Quen me dese probar un anaquiño a ver se está boa!
O rato trouxo a escada máis alta que tiña e acadou subir pola árbore máis alta.
Ao chegar alí, ao último chanzo, observou toda a paisaxe, pois había unha vista fermosísima.
Tras un tempo, lembrou que tiña moita fame, entón conseguiu comer un anaco pequeno da lúa, e dixo:
- Que boa está!
Pero… xa estaba cheo e satisfeito e voltou a casa a durmir. Esa noite soñou con mudarse á lúa, pois era un lugar fermosísimo e cómodo. Cada noite comía un pouco máis de lúa, pero cando se decatou, xa non quedaba nada!
Pensou que o sol lle daría cada día unha pouca luz á lúa e que así, Zampón, a podería empregar para reconstruíla. Xa pola mañá, cando esperteu, o soño parecía converterse en realidade, e así se fixo. Cada vez que o rato acababa case a lúa por completo, o sol por un lado e o rato polo outro poñíanse mans á obra, e de novo lúa chea. Era coma un ciclo.
Logo duns anos, un astrólogo decatouse de que cando Zampón ía comendo a lúa, esta amosábase de varias maneiras diferentes, tendo así, as catro fases distintas lunares.

Ningún comentario:
Publicar un comentario