venres, 4 de marzo de 2022

A esmorga de Eduardo Blanco Amor, recensión de Simón Lago Hermida (1º Bach A)

Esta novela foi escrita e publicada en abril de 1959 por Eduardo Blanco Amor (1897-1979). A aventura contada en A esmorga prodúcese noventa anos antes da súa narración. Na súa maior parte, trátase da declaración de Cibrán (un dos protagonistas) sobre certos feitos acontecidos na cidade de Auria (transcrición literaria de Ourense, cidade natal do autor). A declaración realízase ante un xuíz, cuxas preguntas son omitidas da historia e substituídas por un guión con elipses, recurso literario coñecido como diálogo telefónico, posto que unha das voces non é coñecida polo lector (semellante ao que ocorre cando escoita a alguén) falar por teléfono).

Está clasificada como unha novela tremendista e itinerante; e colócase como unha das primeiras novelas galegas de posguerras, e marcou un fito na literatura galega. Tivo unha importante repercusión en xeración posteriores, o que lle proporciona un lugar de prestixio.

A novela narra a esmorga de tres personaxes, Xanciño o Bocas, Aladio Milhomes e Cibrán o Casttizo, que botan de bebedela un día enteiro e mais a súa noite, e que rematará co falecemento de dous deles e o axuizamento do terceiro.

O lugar mentado, Auria, non é máis que outro nome para Ourense, cidade natal de Blanco Amor. Isto sabémolo polas numerosas referencias a lugares característicos da cidade, como a Ponte da Urbe ou a Igrexa de Santa Eufemia.

Esta novela presenta tres elementos clave que constitúen un presaxio para un final tráxico ou, polo menos, difícil de tragar. Estes son:

A CHUVIA: Ao longo de toda a novela chove unha e outra vez. Isto é para crear unha sensación de constante claustrofobia e intranquilidade. Ademais, xúntase co segundo elemento para darlle aínda máis profundidade á cidade de Auria.

A NOITE: Cumpre unha función similar á chuvia, e ademais reforza a perspectiva pesimista da obra.

O VIÑO: Este último elemento serve, principalmente, para proporcionar un sustento para ese final, ademais de presentar unha razón para o modo de pensamento e as accións dos protagonistas.

Por último, cabe resaltar o papel da homosexualidade na novela. É a primeira novela galega en que se aborda claramente a temática homosexual. Un dos personaxes, o Aladio o Milhomes, é caracterizado polo Cibrán o Castizo en varias ocasións polos seus trazos efeminados, e sente celos do Xan o Bocas cando este está coas prostitutas. Ademais, tanto o Milhomes coma o Bocas xogan acotío a estimularse, a beliscarse e a tocarse.

En xeral, é unha novela curta pero moi completa, e que conta claramente coas características básicas da novela galega de posguerra.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Recensión sobre o filme Matria de Ana M. Polanco Ramos (1º Bach B)

E ste trimestre elixín ver a película Matria . Esta obra conta a vida de Ramona, unha muller á que lle suceden diferentes problemas ao longo...