venres, 4 de marzo de 2022

Tes ata as 10 de Francisco Castro, recensión de Javier Lafuente Maceira (1º Bach B)

Tes ata as 10
é un libro redactado por Francisco Castro, e a súa publicación tivo lugar no ano 2014. 
 
Primeiramente imos falar de Francisco Castro, o cal está considerado como un dos mellores autores galegos do momento. Francisco naceu en Vigo no ano 66, e comezou a publicar obras e libros pouco despois de rematar os seus estudos. Actualmente segue redactando historias, pero a súa ocupación principal é ser director da editorial Galaxia. Algunhas das súas obras máis destacadas son Un Bosque Cheo de Faias, O Ceo dos Afogados, Xeración Perdida, ou Iridium, un libro que recomendo a todos despois da súa lectura pola miña parte.
 
Pasando a falar xa do libro, Tes ata as 10 é unha novela que combina o misterio, o amor e o suspense, conseguindo crear unha sensación moi rara nos lectores. A novela comeza con Antonio, o protagonista da historia, sufrindo a morte do seu pai por culpa dun infarto. Ao día seguinte, atopa no ordenador un correo do seu defunto pai, xunto coa frase que lle dá título ao libro. A partir de aquí, no libro aparecen redactadas distintas historias do seu pai, algunhas moi misteriosas, e otras máis amorosas e relacionadas co pasado, facendo que Antonio teña que investigar distintos sucesos e tamén teña que ocultar algunha que outra historia amorosa e personal. 
 
Unha das cousas que máis me chamou a atención foi o gran amor expresado no libro por parte do autor, xa que a pesar de ser unha historia de intriga e misterio, pódese apreciar o gran amor entre fillo e pai pola forma na que se redactan as historias e a forma de interpretalas por parte de Antonio. 
 
Sen ninguna dúbida este foi un libro que me encantou, e recoméndollo a todo o mundo, xa que transmite moitísimas sensacións e emocións, e grazas a isto faise moi complicado parar de ler. Por último, eu penso que o autor intenta transmitir moitas máis cousas das que se poden apreciar a simple vista, e é necesario facer unha lectura lenta e pausada, fixándose moi ben nos detalles o na forma na que se expresa o autor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

HOMENAGEM A LUÍS DE CAMÕES