xoves, 30 de xuño de 2022

Acróstico "Incomprendidos" de Noor Medina García (2º Bach A)


Incluso cando penso que vai ben

Nos momentos nos que sinto realmente

Como que son parte dun grupo

Onde a miña individualidade

Mantense entre a multitude

Pregúntome se será posible

Recibir a aceptación sendo auténticos

Estando conectados coa nosa esencia

Non creo ser a única que o pensa, mais

Dubido chegar a poder cambiar

Interactuando a través de personaxes

Desde onde poder comunicarnos sen medo

Ocultando as nosas identidades

Sendo condenados á eterna incompresión


"Incomprendidos" de Noor Medina García



ACRÓSTICO "Amistade" de Raquel Pardo (2º Bach A)


A
lgúns grandes sentimentos

Mantés a ikusión de saír con eles

Imaxinas unha amizade infinita

Só contas coas súas opinións

Tardes de quedar e saír

Agradeces os consellos

Dás sempre a cara por eles

Estás aí cando o necesiten


"Amistade" de Raquel Pardo



CALIGRAMAS de Saray Cañás Torrón e Noor Medina García (2º Bach A)

Saxo de Noor Medina García
Bailar de Saray Cañás Torrón
Bolboreta e Rosa de Saray Cañás Torrón

venres, 3 de xuño de 2022

O elefante branco de Xesús Fraga, recensión literaria de Andrea Martínez Folla (1º ESO A)

Este libro escrito por Xesús Fraga, reflicte a situación dun preadolescente que vai pasar o verán á casa dos seus avós afastándose das fantásticas vacacións que el esperaba cos seus amigos e a praia.

Ao comezo tomou a viaxe como un castigo, pero non sabía a que se debía se sacara unhas notas moi boas nese curso. A estadía en Lugo fíxoselle moi aburrida, aínda que tiña a compaña do seu curmá Víctor; un estudante clandestino de inglés ao que lle encantaba contar mentiras, das que o neno estaba farto.

Un día, o avó entregoulle ao neto un libro de Fole chamado Terra brava, que comezou a ler pero non o entretivo, de modo que se lembrou dun truco que lle dixera un amigo cando un libro non lle gustase: comezalo polo final. E iso fixo, rematou nunha pequena historia dentro da do libro, que estaba ambientada na época da IIGM na que unha parella logra fuxir da morte polos nazis, onde a fermosa muller leva un colar cun medallón co elefante branco gravado.

O seu avó Nicasio traballaba nos ferrocarrís, de modo que o neto aprendeu moito do labor e, xunto coa avoa atendía e axudaba na hospedaxe. Un cliente en particular tiña a característica de pagar un ano por adiantado aínda que pasaba regularmente por alí. Este cliente era un mago, que comezou a engaoilar o rapaz coas súas historias pasadas; unha delas coincidía coa historia que lera no libro de Fole, polo que entre o mago (que a súa vida foi salvada por unha fotografía co emperador) e seu avó (quen contou a súa parte da historia a Fole) foi completando información sobre aquela trama.

Ao mesmo tempo que estaba na súa investigación, chegábanlle cartas da súa amiga Clara poñéndoo ao día do que pasaba mentres non estaba. O protagonista, aínda desconcertado do motivo da súa estadía en Lugo, quíxolle preguntar se podía averiguar o que pasaba. Coma se lle lera a mente, antes de entregar esa carta, chegoulle outra de Clara na que dicía que vira o pai do seu amigo con outra muller que a simple vista, se alguén non coñecía quen era a muller de verdade, pensaría que era ela.

Esta noticia desconcertou aínda máis o protagonista polo que quixo conseguir respostas por parte dos seus avós. Nese momento coincidiu a chegada dos pais de Víctor e nunha conversa entre o protagonista e o tío descubriuse unha das mentiras de Víctor e este enfadouse e soltou o motivo da estancia do curmá en Lugo: os seus pais ían separarse. O protagonista non quería crelo, pero ninguén o contradiciu polo que aceptou que era verdade. A frustración de que ninguén llo dixera e que todos o soubesen fixo que decidira marchar correndo á estación e non volver. Por sorte chegou o seu tío e xuntos foron no seu coche xunta á nai do neno para falar as cousas.

Co tempo, o protagonista aceptou a situación e seguiu a súa vida en Madrid, onde estaba matriculado na Universidade cursando a carreira dos seus soños: xornalismo. Alí remata saíndo con Clara e as visitas cos avós eran cada vez menos frecuentes.

Un día, Clara dálle a noticia do falecemento do seu avó, cousa que o deixou moi apenado; rapidamente colleu rumbo a Lugo para ir ao velorio onde se reencontrou cos seus familiares despois de anos. Ao marxe de compartir a pena pola morte foi un motivo polo que todos volveron reunirse, e, Víctor, xa moi cambiado, quixo ensinarlle algo que o avó levaba tempo querendo que vira: o maletín do mago, do que nunca se separaba. Finalmente, entre todas as cousas do mago, o protagonista quedou co colar co medallón de elefante branco que tantos recordos lle traía.

Esta historia gustoume bastante, sobre todo a evolución do personaxe protagonista xunto, á do seu curmá. Paréceme que amosa un sentimento moi familiar e que ao fin e o cabo son situacións que poden acontecerlle a calquera neno ou nena, e ás veces non fáciles de controlar.

Recensión sobre o filme Matria de Ana M. Polanco Ramos (1º Bach B)

E ste trimestre elixín ver a película Matria . Esta obra conta a vida de Ramona, unha muller á que lle suceden diferentes problemas ao longo...