venres, 3 de xuño de 2022

O elefante branco de Xesús Fraga, recensión literaria de Andrea Martínez Folla (1º ESO A)

Este libro escrito por Xesús Fraga, reflicte a situación dun preadolescente que vai pasar o verán á casa dos seus avós afastándose das fantásticas vacacións que el esperaba cos seus amigos e a praia.

Ao comezo tomou a viaxe como un castigo, pero non sabía a que se debía se sacara unhas notas moi boas nese curso. A estadía en Lugo fíxoselle moi aburrida, aínda que tiña a compaña do seu curmá Víctor; un estudante clandestino de inglés ao que lle encantaba contar mentiras, das que o neno estaba farto.

Un día, o avó entregoulle ao neto un libro de Fole chamado Terra brava, que comezou a ler pero non o entretivo, de modo que se lembrou dun truco que lle dixera un amigo cando un libro non lle gustase: comezalo polo final. E iso fixo, rematou nunha pequena historia dentro da do libro, que estaba ambientada na época da IIGM na que unha parella logra fuxir da morte polos nazis, onde a fermosa muller leva un colar cun medallón co elefante branco gravado.

O seu avó Nicasio traballaba nos ferrocarrís, de modo que o neto aprendeu moito do labor e, xunto coa avoa atendía e axudaba na hospedaxe. Un cliente en particular tiña a característica de pagar un ano por adiantado aínda que pasaba regularmente por alí. Este cliente era un mago, que comezou a engaoilar o rapaz coas súas historias pasadas; unha delas coincidía coa historia que lera no libro de Fole, polo que entre o mago (que a súa vida foi salvada por unha fotografía co emperador) e seu avó (quen contou a súa parte da historia a Fole) foi completando información sobre aquela trama.

Ao mesmo tempo que estaba na súa investigación, chegábanlle cartas da súa amiga Clara poñéndoo ao día do que pasaba mentres non estaba. O protagonista, aínda desconcertado do motivo da súa estadía en Lugo, quíxolle preguntar se podía averiguar o que pasaba. Coma se lle lera a mente, antes de entregar esa carta, chegoulle outra de Clara na que dicía que vira o pai do seu amigo con outra muller que a simple vista, se alguén non coñecía quen era a muller de verdade, pensaría que era ela.

Esta noticia desconcertou aínda máis o protagonista polo que quixo conseguir respostas por parte dos seus avós. Nese momento coincidiu a chegada dos pais de Víctor e nunha conversa entre o protagonista e o tío descubriuse unha das mentiras de Víctor e este enfadouse e soltou o motivo da estancia do curmá en Lugo: os seus pais ían separarse. O protagonista non quería crelo, pero ninguén o contradiciu polo que aceptou que era verdade. A frustración de que ninguén llo dixera e que todos o soubesen fixo que decidira marchar correndo á estación e non volver. Por sorte chegou o seu tío e xuntos foron no seu coche xunta á nai do neno para falar as cousas.

Co tempo, o protagonista aceptou a situación e seguiu a súa vida en Madrid, onde estaba matriculado na Universidade cursando a carreira dos seus soños: xornalismo. Alí remata saíndo con Clara e as visitas cos avós eran cada vez menos frecuentes.

Un día, Clara dálle a noticia do falecemento do seu avó, cousa que o deixou moi apenado; rapidamente colleu rumbo a Lugo para ir ao velorio onde se reencontrou cos seus familiares despois de anos. Ao marxe de compartir a pena pola morte foi un motivo polo que todos volveron reunirse, e, Víctor, xa moi cambiado, quixo ensinarlle algo que o avó levaba tempo querendo que vira: o maletín do mago, do que nunca se separaba. Finalmente, entre todas as cousas do mago, o protagonista quedou co colar co medallón de elefante branco que tantos recordos lle traía.

Esta historia gustoume bastante, sobre todo a evolución do personaxe protagonista xunto, á do seu curmá. Paréceme que amosa un sentimento moi familiar e que ao fin e o cabo son situacións que poden acontecerlle a calquera neno ou nena, e ás veces non fáciles de controlar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VOCABULÁRIO DAS PROFISSÕES EM PORTUGUÊS

A turma de Português 1º ESO elaborou estes cartazes com o léxico das profissões em português.