luns, 18 de maio de 2026

RECEITAS DE COZINHA EM PORTUGUÊS

O alunado de 2º da ESO de Português desenhou estas cartolinas com receitas tradicionais aprendidas de mães e avós que vão estar expostas no Museu Provincial de Lugo numa exposição sobre gastronomia popular. Estas mostras são alguns exemplos.

Marina Martín Allegue

Álvaro Naveira Lema

Juan Devesa Dourado

venres, 15 de maio de 2026

A DESCONEXIÓN DIXITAL

Normas de publicación de artigos no blog colaborativo de 4º ESO

Normas de publicación de artigos no blog colaborativo de 4º ESO 

1. Respecto e convivencia dixital 
Todas as publicacións deben empregar unha linguaxe respectuosa e adecuada ao ámbito educativo. Non se permitirán insultos, burlas, discriminacións nin comentarios ofensivos cara a compañeiros/as, profesorado ou outras persoas. Debe practicarse a empatía: antes de publicar, pensa como pode sentirse quen lea o contido. Respectarase a diversidade de opinións, culturas, identidades e experiencias. 

2. Contido das publicacións 
Os artigos deberán estar relacionados co tema proposto na aula ou cos intereses educativos do grupo. O contido debe ser claro, coherente e redactado con corrección ortográfica e gramatical. Recoméndase revisar o texto antes de publicalo. Non se publicará información privada propia nin allea (teléfonos, enderezos, contrasinais, fotografías sen permiso, etc.). 

3. Uso responsable das ferramentas dixitais 
As ferramentas dixitais e a intelixencia artificial poden empregarse como apoio para investigar, organizar ideas ou mellorar a redacción, pero nunca para copiar traballos completos. O alumnado debe revisar sempre a información xerada por ferramentas dixitais para comprobar que é correcta e adecuada. Non se permitirá o plaxio nin a copia de contidos doutros autores/as sen recoñecemento. As imaxes, vídeos ou recursos multimedia utilizados deben ser libres de uso ou contar coa autorización correspondente. 

4. Citas e fontes de autoridade 
Toda información obtida doutras páxinas, libros, artigos ou vídeos debe citarse correctamente. Priorizaranse fontes fiables e de autoridade, como: institucións educativas, universidades, organismos oficiais, medios de comunicación contrastados, revistas ou publicacións especializadas. Debe indicarse a procedencia da información mediante ligazóns, bibliografía ou referencias ao final do artigo. Non se empregarán fontes anónimas, pouco fiables ou que difundan información falsa. 

5. Comentarios e interacción 
Os comentarios no blog deben contribuír ao diálogo e ao aprendizaxe compartido. As críticas deben expresarse con educación e de maneira construtiva. Non se responderá con faltas de respecto nin se alimentarán discusións ofensivas. O profesorado poderá moderar ou eliminar comentarios que incumpran estas normas. 

6. Responsabilidade e autoría 
Cada alumno/a é responsable do contido que publica. Os artigos deberán estar asinados co nome ou identificación acordada polo grupo. Publicar no blog implica aceptar estas normas e colaborar nun espazo seguro, educativo e respectuoso para toda a comunidade.

xoves, 30 de abril de 2026

VIDEOPOEMA SOBRE O MAR, Mabel Martín Allegue (4º ESO C)

 


VIDEOPOEMA SOBRE O MAR, Claudia Domínguez Souto (4º ESO C)

 


VIDEOPOEMA SOBRE O MAR, Iago Cortizo Janeiro (4º ESO C)

 


VIDEOPOEMA SOBRE O MAR, Iria Rodríguez Baldomir (4º ESO C)

 


POEMA SOBRE O MAR, Daniel Rojo Moreira (4ºESO C)

 


VIDEOPOEMA SOBRE O MAR, Rebeca Seco Rivas (4º ESO C)

 


VIDEOPOEMA SOBRE O MAR, LUCAS VARELA DIÉGUEZ (4º ESO C)

 


VIDEOPOEMA SOBRE O MAR, Carla Seijido Baamonde (4º ESO C)

 


VIDEOPOEMA SOBRE O MAR, Lucía Martínez Vázquez (4º ESO C)

 


domingo, 26 de abril de 2026

Identidade propia, Rebeca Seco Rivas (4º ESO C)

 


A IDENTIDADE é unha característica de cada persoa, que nos fai ser nós mesmos, e sen ela a nosa vida non sería igual. Se non existise a nosa lingua, o máis probable é que fósemos moito menos ricos, tanto en léxico coma en cultura, e saberiamos moitas menos cousas. Por que, que sería de nós sen o galego? Sen o galego, a nosa vida sería mais monótona. 

O galego non é só a nosa lingua; o galego tamén son as nosas tradicións e cultura. As nosas festas propias. Os días de leria e de feira. O galego é alegría. Ademais de achegarnos ledicia e cultura, tamén nos dá o sentido de saber de onde vimos, de quen somos; de todas as xeracións que foron necesarias para que a lingua fose deenvolvida e que puidéramos vivir desta maneira. Isto podes velo nos ollos de quen xa viviu, dos nosos maiores, que decidiron escoller a lingua galega coma a súa propia, en vez de calquera outra lingua. Isto porque as demais persoas, ao ver que falan con esta lingua, xa saben algo máis deles. O mesmo pasa cos demais, que, aínda que non falemos galego, o noso acento nótase; e, cando persoas doutro lugar nos oen falar; xa saben de onde é o noso patrimonio.

Así que, a preservación de todo isto, supón máis que só contentar os nosos antepasados. Tamén é unha maneira de preservar toda a alegría que se encontra na nosa terra, en Galiza; e que en moitos outros lugares non se podería encontrar. O noso humor despreocupado, a nosa maneira amábel de dicir as cousas (aínda que moitas veces non se entenda); e a nosa paisaxe e rural, que son características da nosa terra, e polo tanto, tamén patrimonio dos galegos e galegas.

Porque, sen os nosos acenos de felicidade, a nosa identidade non sería tan especial como o é agora. Non teriamos eses bailes e esas cantareiras facendo que a nosa vida sexa máis alegre; nin esa forma de falar que temos na que parece que practicamente estamos cantando; nin esa forma de seguir adiante na vida. E é que, como din moitos autores do exilio en numerosos dos seus poemas, cando te afastas da tradición do galego, bótalo de menos.

Para nós a identidade debería significarse moito, á parte de ser de onde vimos, tamén é a maneira na que as outras persoas nos ven. Ao pensar en Galiza, pensas na súa xente alegre, nas súas costas e na súa paisaxe verde.

Por todo isto, preservemos a nosa identidade e a nosa historia. 

A identidade persoal galega, Iria Rodríguez Baldomir (4º ESO C)

A identidade persoal dun individuo vai máis alá dos seus pensamentos, gustos e experiencias. A identidade está arraigada nas raíces culturais e no lugar de nacemento. Onde nacemos, medramos e vivimos son fases importantes que dan forma a unha persoa e inflúen máis adiante na vida.

Galiza leva moitos séculos sufrindo a perda da identidade galega. Dende hai moitas xeracións viuse unha diminución da lingua, tradicións e escrita do galego. A perda destes aspectos culturais non é só a perda dunha lingua, senón a perda da identidade de todos os galegos e galegas.

A morte da identidade persoal galega e colectiva non é un proceso novo, é un proceso que leva anos producíndose, cada vez máis rápido.

A nosa lingua, o galego, foi vista negativamente e desprezada deixando lugar para a invasión do castelán, considerada “lingua culta” e utilizada como mostra de superioridade ante os galegos falantes.

Moita xente nova ten medo a expresarse e utilizar a lingua propia natal do seu lugar de orixe. Prexuízos, insultos e desprezos ten que afrontar nestes tempos modernos, sobre todo coa presenza da tecnoloxía e dos aparatos tecnolóxicos, que tamén lle dan maior voz a creadores e creadoras que utilizan o galego nas súas redes sociais.

O esforzo por darlle máis vida a unha lingua desprezada é un esforzo común e unitario. Todos temos que achegar para fortalecer o galego como lingua oficial de España, pois todo o mundo ten o dereito de falar galego libremente sen vergoña ou culpa.

A recuperación da identidade galega é un proceso longo pero reconfortante que nos axuda a conectar coas nosas raíces e sanar os actos de violencia cometidos, incluso por galegos, contra a nosa cultura.

Por unha Galiza sen prexuízos e libre para construir a súa identidade persoal como nai matria de todos os galegos e galegas!


A transmisión do legado cultural, Roi García Gómez, 4º ESO C

A perda da identidade cultural é un dos maiores problemas dun territorio a día de hoxe. O máis significativo que ten un país ou territorio é a súa cultura e dentro desta están, por exemplo, os seus costumes, os seus monumentos, a súa historia, a súa gastronomía…

Cando se lle quita a súa cultura a un lugar, estás facendo que ese territorio pase a ser un lugar sen identidade propia e que sexa un lugar máis da morea. Imaxinemos que todos os países perderan a súa identidade cultural, serían todos iguais sen diferenzas, ningun tería unha historia que contar, lugares por visitar ou comidas novas que probar.

É algo que nós como cidadáns temos que conservar de xeración en xeración para non perder a nosa identidade, é un problema máis común do que parece porque cada vez hai máis industrialización e menos conexión co pasado e cos feitos que nos rodean como, por exemplo, a perda de locais artesáns e o aumento de fábricas de ultraprocesados.

En Galicia é frecuente ver como a xente nova cada vez sabe menos da súa cultura e do seu pasado, mentres que os vellos manteñen as súas tradicións e intentan transmitilas a outras xeracións, os mozos e as mozas, na súa maioría, están pouco interesados por estas cousas e só pensan nas novas tecnoloxías ou outras cousas...

É así de sinxelo, mentres non se transmitan de xeración en xeración perderanse os vellos costumes e parece moito máis perigoso do que se pensa...


xoves, 23 de abril de 2026

A mocidade e o galego, Violeta Cousillas Cao (4º ESO C)

A cultura da nosa comunidade autónoma, ao igual que a cultura catalá e a cultura de Euskadi para os seus respectivos habitantes, é algo do que deberiamos sentir orgullo e falar a lingua sen ningún tipo de problema.

O caso é que se está a perder o costume de falar o galego entre a xuventude (na que eu me inclúo). Isto implica que, cando estas xeracións antecesoras, que aínda preservan o galego (máis ou menos, dependendo da zona, pois alguén da Coruña non vai falar habitualmente igual o galego que alguén de Burela, por exemplo), cando elas xa non estean, a cultura galega (e non soamente a lingua, xa sexan costumes ou sabedorías) perderase, e pouco a pouco Galicia será un Madrid máis, do que soamente quedará o acento (e a medida que pase o tempo, nin iso?). 

Eu, coma persoa adolescente e da Coruña, podo dicir que actualmente á xente da miña idade parécelle raro encontrar a xente da nosa xeración falando galego, e normalmente identificámolos con xente de vilas, pois na Coruña moi pouca xente o fala. Iso é bastante decepcionante, e fastídiame moito que así sexa. Usamos o galego en contextos familiares e en clase de galego, principalmente, polo que non temos o hábito de falalo e cometemos bastantes erros. E non só iso, pois tamén perdemos o costume de cousas que ao igual os adolescentes doutras xeracións facían.

Eu penso que o galego é tamén unha lingua e unha cultura fermosa, e deberiamos de preservala e presumir dela como se fai co euskera e co catalán.

Preservar a identidade cultural galega, Manuela Díaz Real (4º ESO C)

Preservar a cultura é un esforzo que merece a pena. Coñecer e apreciar os costumes, o traballo intelectual e artístico e o uso de lingua dos nosos antepasados é importante e beneficioso para nosa sociedade en progreso, que avanza tan rápido que ás veces esquecemos a marca profunda que deixaron aquelas persoas ao longo da historia. A cultura debería ser vista como un tesouro e valorada como tal e é a nosa responsabilidade como sociedade mantela  e incentivar o máximo posible a creación de medios culturais que queden para a posteridade.

Crear arte, buscar e difundir coñecemento, desenvolver a linguaxe, etc., son accións moi humanas, que nos diferencian do resto de animais. O ser humano, dende o principio, buscou sempre formas de aumentar os seus coñecementos e capacidades, xa sexan en beneficio propio ou para o resto de persoas. Este pracer por aprender é algo propio de nós e é o que nos levou a intentar compartir os nosos descubrimentos e sentimentos ao respecto por medio da escritura, a arte, a danza, as tradicións, a linguaxe...

Milleiros de anos pasaron ata chegar agora onde estamos, grazas a eses avances de todas esas persoas que, aínda que con actos pequenos, deixaron a súa pegada na nosa sociedade.

O que me parece a min máis interesante é como evoluciona a cultura en cada parte do mundo. Como en cada lugar, as persoas aprenderon a mirar o mundo coas condicións de cada contorno, creando así unha identidade diferente e única para cada grupo. Por iso, resulta triste que culturas máis grandes absorban lentamente a outras máis minoritarias, tendendo a unha hexemonía que borra as súas diferenzas, perdéndose así unha parte moi importante da identidade do pobo.

Non digo que non debamos tomar inspiración e referencias doutras culturas que poderían ser beneficiosas para nós como sociedade, senón que non podemos deixarnos perder por completo pola hexemonía que a globalización actual quere impoñer cada vez máis sobre todo o mundo. 

Recoñecer as nosas raíces e mirar con admiración todos eses elementos que nos levaron ata onde estamos agora, pode resultar reconfortante e permítenos a reconciliación coa nosa identidade cultural.



martes, 21 de abril de 2026

A identidade cultural, Mabel Martín Allegue (4º ESO C)

Aínda non teño unha opinión moi formada sobre o que supón a identidade cultural e o que a forma, pero supoño que é o que nos diferencia como pobo do resto, o distintivo. Penso que ese distintivo é un idioma propio, uns costumes, unha vestimenta e a fraseoloxía do lugar, pode haber outras cousas que formen a identidade cultural, pero esas son as que sei. 

Existen algunhas culturas que se impoñen sobre outras e tamén pode haber culturas que compartan cousas, en calquera caso, nós coma humanidade temos o dereito de poder coñecelas. Aínda que moita xente diga que o idioma galego só serve en Galicia e outra moita afirme que serve para falar en moitos lugares máis, independentemente de canta xente o fale, o noso deber é conservalo, ensinalo, aprendelo e ser libres para usalo.

Cando por falta de uso e o paso do tempo esquécese un idioma e unha cultura, é porque fixemos algo mal en xeral, a esencia dun pobo non debe esquecerse, xa que conta a historia de onde vimos, e todo o que é coñecemento e historia suma.

Saber e coñecer enriquécenos xa que todo o que se sabe serve para algo, todo contribúe e amplía os nosos horizontes, dá puntos de vista distintos e achega variedade, para non ficar sempre nun mundo igual. Se as persoas fósemos unhas iguais que as outras xa non sería o mesmo, e penso que coas culturas ocorre exactamente iso, se cada pobo ofrece a súa forma de ver a vida e os seus costumes, fan do planeta un lugar moito máis interesante e diverso.

Unha forma de ver as cousas é o que deixamos como humanidade antes de irnos para sempre, xa que non vamos ficar vivos eternamente, pero co paso do tempo aínda que xa levemos anos baixo terra e o que fomos como persoas xa estea comido polos vermes e non se conserve, o que fomos como humanidade e como pobo pode seguir moitos anos máis grazas á cultura e á preservación da identidade.

Que supón para min a preservación da cultura galega?, Daniela Cruz Allegue (4º ESO C)

A preservación da cultura galega, paréceme unha protección da identidade dos galegos. Pouco a pouco imos perdendo tradicións propias da nosa fermosa terra e iso o único que nos provoca é volvernos iguais aos demais. Pode tomarse como algo bo, pero ao final acabaremos perdendo a diferenza do noso pobo galego e volvéremonos copias da nova “cultura” global que se expande polas redes.

Cada vez fálase menos galego, báilase menos, cántase menos… imos perdendo as nosos orixes e o noso sentimento de “irmaus”. Por iso, a preservación da cultura supón algo boísimo, volver ter ese sentimento de unidade sexas quen sexas, volver loitar para protexer os nosos dereitos, non quedar calados.

Hai que manter a nosa lingua fermosa que cada vez se fala menos, a nosa música xunto cos seus bailes… Que se note que a Torre de Hércules non é o único que temos para ofrecer! Temos unha terra riquísima en cultura e non a aproveitamos para nada e temos que ensinarlle ao resto do mundo que somos un dos mellores lugares do mundo.

Resumindo, para min preservar a cultura galega é o mellor, pois significa restaurar os valores perdidos pola globalización que nos distinguían do resto do mundo. Vaise perdendo o sentimento galeguista e nótase moitísimo, xa apenas oio as típicas frases ou bromas e por moi simple que sexa tamén é moi importante.

Temos que enchernos de orgullo pola nosa cultura tan ignorada e deixar os falsos prexuízos de que a cultura galega é de vellos ou só de pobo. A cultura galega é moitisimo máis, é a nosa identidade, e hai que mantela.


xoves, 26 de febreiro de 2026

EXPOSIÇÃO SOBRE LISBOA

O alunado da turma de Português de 2º ESO realizou um trabalho de pesquisa dos bairros de Lisboa, assim como de monumentos ou lugares interessantes na capital portuguesa e aquí podem ver o resultado dos cartazes elaborados.











RECEITAS DE COZINHA EM PORTUGUÊS

O alunado de 2º da ESO de Português desenhou estas cartolinas com receitas tradicionais aprendidas de mães e avós que vão estar expostas no ...