A
IDENTIDADE é
unha característica de cada persoa, que nos fai ser nós mesmos, e
sen ela a nosa vida non sería igual. Se non existise a nosa lingua,
o máis probable é que fósemos moito menos ricos, tanto en léxico
coma en cultura, e saberiamos moitas menos cousas. Por que, que sería de nós sen o galego? Sen o galego, a nosa vida sería mais
monótona.
O galego non é só a nosa lingua; o galego tamén son as
nosas tradicións e cultura. As nosas festas propias. Os días de
leria e de feira. O galego é alegría. Ademais de achegarnos ledicia
e cultura, tamén nos dá o sentido de saber de onde vimos, de quen
somos; de todas as xeracións que foron necesarias para que a lingua
fose deenvolvida e que puidéramos vivir desta maneira. Isto podes
velo nos ollos de quen xa viviu, dos nosos maiores, que decidiron
escoller a lingua galega coma a súa propia, en vez de calquera outra
lingua. Isto porque as demais persoas, ao ver que falan con esta
lingua, xa saben algo máis deles. O mesmo pasa cos demais, que,
aínda que non falemos galego, o noso acento nótase; e, cando
persoas doutro lugar nos oen falar; xa saben de onde é o noso
patrimonio.
Así
que, a preservación de todo isto, supón máis que só contentar os
nosos antepasados. Tamén é unha maneira de preservar toda a alegría
que se encontra na nosa terra, en Galiza; e que en moitos outros
lugares non se podería encontrar. O noso humor despreocupado, a nosa
maneira amábel de dicir as cousas (aínda que moitas veces non se
entenda); e a nosa paisaxe e rural, que son características da nosa
terra, e polo tanto, tamén patrimonio dos galegos e galegas.
Porque,
sen os nosos acenos de felicidade, a nosa identidade non sería tan
especial como o é agora. Non teriamos eses bailes e esas cantareiras
facendo que a nosa vida sexa máis alegre; nin esa forma de falar que
temos na que parece que practicamente estamos cantando; nin esa forma
de seguir adiante na vida. E
é que, como din moitos autores do exilio en numerosos dos seus
poemas, cando te afastas da tradición do galego, bótalo de menos.
Para
nós a identidade debería significarse moito, á parte de ser de
onde vimos, tamén é a maneira na que as outras persoas nos ven. Ao
pensar en Galiza, pensas na súa xente alegre, nas súas costas e na
súa paisaxe verde.
Por
todo isto, preservemos a nosa identidade e a nosa historia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario