O caso é que se está a perder o costume de falar o galego entre a xuventude (na que eu me inclúo). Isto implica que, cando estas xeracións antecesoras, que aínda preservan o galego (máis ou menos, dependendo da zona, pois alguén da Coruña non vai falar habitualmente igual o galego que alguén de Burela, por exemplo), cando elas xa non estean, a cultura galega (e non soamente a lingua, xa sexan costumes ou sabedorías) perderase, e pouco a pouco Galicia será un Madrid máis, do que soamente quedará o acento (e a medida que pase o tempo, nin iso?).
Eu, coma persoa adolescente e da Coruña, podo dicir que actualmente á xente da miña idade parécelle raro encontrar a xente da nosa xeración falando galego, e normalmente identificámolos con xente de vilas, pois na Coruña moi pouca xente o fala. Iso é bastante decepcionante, e fastídiame moito que así sexa. Usamos o galego en contextos familiares e en clase de galego, principalmente, polo que non temos o hábito de falalo e cometemos bastantes erros. E non só iso, pois tamén perdemos o costume de cousas que ao igual os adolescentes doutras xeracións facían.
Eu penso que o galego é tamén unha lingua e unha cultura fermosa, e deberiamos de preservala e presumir dela como se fai co euskera e co catalán.

Ningún comentario:
Publicar un comentario