Cando se lle quita a súa cultura a un lugar, estás facendo que ese territorio pase a ser un lugar sen identidade propia e que sexa un lugar máis da morea. Imaxinemos que todos os países perderan a súa identidade cultural, serían todos iguais sen diferenzas, ningun tería unha historia que contar, lugares por visitar ou comidas novas que probar.
É algo que nós como cidadáns temos que conservar de xeración en xeración para non perder a nosa identidade, é un problema máis común do que parece porque cada vez hai máis industrialización e menos conexión co pasado e cos feitos que nos rodean como, por exemplo, a perda de locais artesáns e o aumento de fábricas de ultraprocesados.
En Galicia é frecuente ver como a xente nova cada vez sabe menos da súa cultura e do seu pasado, mentres que os vellos manteñen as súas tradicións e intentan transmitilas a outras xeracións, os mozos e as mozas, na súa maioría, están pouco interesados por estas cousas e só pensan nas novas tecnoloxías ou outras cousas...
É así de sinxelo, mentres non se transmitan de xeración en xeración perderanse os vellos costumes e parece moito máis perigoso do que se pensa...

Ningún comentario:
Publicar un comentario