domingo, 29 de novembro de 2020

Debería ser legal a eutanasia?, Inés No Mosquera (1º Bacharelato A)

Antes de nada, que é a eutanasia? Esta palabra vén do grego, eu (que significa boa) e thanatos (morte); pero dende un punto de vista médico é o acto de provocar intencionalmente a morte dunha persoa que padece unha enfermidade incurable para evitar que sufra.

Agora, respondendo a pregunta principal, a eutanasia debería ser legal porque non ten sentido que alguén teña que ser castigado simplemente por quitar o sufrimento a alguén que de verdade así o quere, xa que se teñen dereito a vivir tamén o teñen de morrer voluntariamente e os que están en contra pensan que cos coidados paliativos xa non fai falla.

Tamén porque segundo as enquisas tanto a maioría da poboación como dos médicos están a favor e os últimos afirman que as peticións de eutanasia ou suicidio asistido non son excepcionais.

En terceiro lugar porque esta, aplicada baixo unhas normas adecuadas, pode ser unha práctica médica e eticamente aceptable xa que respecta a decisión propia.

Ademais a medicina non pode evitar a morte, pero si pode e debe evitar o sufrimento innecesario.

E por último, a súa legalización non significa que a obriga de practicala, senón que dá a liberdade de ter acceso a ela sen represalias.

Así como dato, a eutanasia só é legal en 6 países de todo o mundo: Colombia, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Canadá e no estado de Victoria en Australia, pero, por que non en España? Recentemente esta cuestión estivo presente debido ao caso de Ángel Hernandez e María José Carrasco onde María, enferma de esclerose múltiple, pediulle ao seu marido, Ángel, que a axudase a morrer, e como consecuencia o detiveron. Suponse que no 2021 sacarán unha lei que regulará a eutanasia e o suicidio en persoas maiores de 18 anos e tan só se son enfermos terminais ou crónicos graves que non sexan autónomos.

En conclusión, a eutanasia, que é o acto de axudar a alguén a morrer para que non sufra, está ben vista por cada vez máis xente que cre que si deberían ter ese dereito, pode ser unha práctica médica, e a súa legalización non supón unha obriga, só é legal en Colombia, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Canadá e no estado de Victoria en Australia e en España aínda está pendente.


O bullying, Gabriel Ares Bravo (1º Bacharelato A)

O bullying ou acoso escolar é un tema moi actual hoxe en día, o cal por unha parte é bo, porque ao ser mais falado pode previrse facilmente pero tamén pode igonarse. A definición de bullying é: acoso físico ou psicolóxico ao que someten, de forma continuada, a un alumno os seus compañeiros. 

A maioría dos nenos (segundo algún estudo cerca do 80% dos nenos) sufrírono algunha vez, o cal é triste porque parte da culpa e das familias. Moita xente pensa que é culpa dos nenos, o cal é mentira porque as familias non ofrecen a confianza necesaria para falar, botando reprimendas innecesarias ás veces que fan que o neno perda a confianza. Pola parte da familia do agresor, este pode agredir os seus compañeiros porque na súa casa non hai unha familia, senón caos e pelexas e problemas constantes, os cales entran na cabeza do neno e convérteno nunha persoa con odio que fai cousas como acosar a outra xente. 

No recinto escolar os profesores deberían de estar alerta deste tipo de cousas, non porque sexa a súa obriga, senón porque son persoas e a maioría de xente quere que o seu contorno de traballo estea ben e que todo vaia ben, sen que haxa conflitos nin problemas. Tamén, se ven que un neno está mal, aínda que non o vexan ben, deberían falarlle, xa que os adolescentes pasan por moitas cousas que ven sen solución, pero coa axuda de alguén sempre se poden solucionar. Ás veces, escoitando podemos ver unha maneira moi sinxela de solucionar os problemas que outras persoas vían ese problema como un muro enorme, e ti podes ensinarlle a rodealo. 

En conclusión, o acoso é moi malo, pero todos participamos nel, e o peor é pasar e mirar cara outro lado sen facer nada, o que hai que facer é actuar para solucionar todo e poder vivir todos tranquilamente.

xoves, 26 de novembro de 2020

PALABRAS E SENTIMENTOS COTIÁS

Como conmemoración tardía das Letras Galegas 2020 dedicadas a Carvalho Calero e adiadas a este mes de outubro o alumnado de 1º e 2º da ESO elaborou este dicionario visual con palabras relativas a sentimentos e sensacións cotiás e que aquí vos ofrecemos.


NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO: OS NOSOS NOMES DA NATUREZA

O alumnado máis debuxante de 1º e 2º da ESO deseñou estas láminas coas imaxes e os nomes da natureza para reivindicarmos o dereito a falar do noso contorno natural na nosa lingua.

 

EXPOSICIÓN XERACIÓN NÓS NA BIBLIOTECA GONZÁLEZ GARCÉS DA CORUÑA

mércores, 25 de novembro de 2020

SAMAÍN: O diario dun asAsino, Lucía e Diego Rodríguez Sanjurjo e Emma López Picos (4º ESO D)


No mundo, hai diferentes tipos de asasinos: psicópatas, asasinos en serie e eu. 

Fago isto dende hai tempo, matei a máis de 15.000 persoas, algunhas por motivos persoais, outras por pracer e, a maioría, por cartos. Matei a tanta xente que me resulta difícil mirar a alguén aos ollos e non pensar na forma máis cruel de matalo. Este é o meu modo de vida, é o que escollín e é o que farei. 

Como busco as miñas vítimas é unha das preguntas que máis me fago... Realmente non o sei. Só miro a alguén e teño a sensación de que debe morrer. Cando me chega este sentimento, gústame xogar coa miña vítima. Digamos que, no mundo do asasinato, a tortura é a miña parte favorita. Gústame facer berrar á miña presa de agonía, ver como sangra cando corto os dedos con alicates e as súas caras aterrorizadas cando saco os meus xoguetes. Adoito escollelos segundo a cara que poñen ao sacalo, así que sei cal lle da máis medo. Gústame ser creativo cando torturo e inventar armas é a miña afección favorita; en parte, as miñas vítimas son as miñas cobaias para probar os meus novos xoguetes. 

Non só torturo fisicamente, tamén me gusta destruír a mente do meu obxectivo, deixándoos, normalmente, nunha sala de espellos previamente preparados con imaxes de persoas mortas que aparecen sen parar nos espellos. Así durante 24 horas, sen comida nin auga. Agora si, a miña parte favorita: a tortura. Levo a miña vítima a un cuarto onde só hai unha cadeira con gravata, unha mesa, tamén con gravata e os meus xoguetes. Normalmente comezo polos membros máis fráxiles: orellas, dedos, lingua ... Depende de se quero que o meu obxectivo sufra moito ou pouco. 

Ah, case o esquezo, non adoito comezar cos seus órganos, déixoos para o final; se non, podería matar a miña vítima demasiado pronto e iso non sería divertido. Unha vez que acabo de cortarlles as extremidades máis fráxiles, vou co ácido: sobre todo, queimo as pernas, no caso de que pensen fuxir, se iso non funciona, queimo parte do peito como aviso final e se non, os ollos. Os ollos pasan por último porque quero que a miña presa vexa o seu final e que se arrepinta de nacer. 

Ultimamente xogar cos seus órganos abúrreme, así que collo un coitelo de bordo liso e corto a carne dos brazos, sempre procurando non danar partes importantes para que non morra. Pero, a verdade é que as últimas persoas que secuestrei son demasiado débiles e non duran 3 días, e iso que o intento. Terei que ir por outra cousa...

SAMAÍN: Confianza, Alejandra Porras Gutiérrez (1º ESO A)

 

SAMAÍN: A última chamada, Sabela Pérez Regueira (2º ESO A)

Era unha noite escura e chuviosa onde o silencio reinaba. Nun dos máis prestixiosos hoteis aloxábase unha inspectora de policía, a inspectora Edreira. Esta era unha das mellores no seu traballo, capturara a moitos mafiosos e delincuentes mais, todos querían vinganza. 

Despois dun día duro de traballo a inspectora Edreira dirixiuse ao seu cuarto. Duchouse e preparouse para durmir pero, antes acendeu o televisor e viu que o seu axudante fora asasinado dunha forma cruel e despiadada. O máis axiña que puido fixo a súa maleta e antes de saír correndo petaron na porta do seu cuarto. Era un home traxeado que dixo: 

“-Desculpe, pensei que era o meu cuarto”. 

Nesas a inspectora chama o máis axiña que pode á seguridade porque, era obvio que ese señor non se equivocara, pois ninguén chama á súa propia habitación. 

Antes de poder dicir ou pensar nada máis cortouse a luz e o último que se escoita é un berro aterrador.

SAMAÍN: It, pero non todo foi como ti o escoitaches... Candela Rodríguez Fernández (2º ESO F)

Todos coñecedes a historia que contan Bill e mais os seus amigos, pero probablemente non saibades o que en verdade ocurreu en Derry nos anos 50. 

En Derry todos se coñecían e se levaban ben, pero a pesar diso sempre foi unha vila moi misteriosa e desconcertante. Había moitos anos que desaparecían nenos do pobo e ninguén daba con eles. Nos libros, toda a historia do lugar contiña cousas que non entendiamos e que facía que non tivera demasiados visitantes. En 1957 comezaron a desaparecer moitos máis nenos do normal. Pero aí é onde fomos enganados. E se vos dixera que Pennywise, o pallaso ao que acusabades de comer os rapaces, non foi o culpable? Pois si, en realidade, os culpables son “os perdedores”. Todos crestes que uns nenos non podían facer tal cousa, e pode que aínda sigades sen crelo, pero por iso estou aquí, eu, Pennywise, para contarvos o que pasou. 

O grupo tiña agochados máis de 1.000 nenos na parte subterránea da casa da rúa Neibolt, era como a súa cova secreta. Desde sempre traballei no circo de Derry, pero o dono tivo que me botar debido a que xa non tiña suficientes cartos. Eu tiña que buscar un sitio onde quedar e esa casa era perfecta para min. Pero claro, eu non tiña nin idea do que ía pasar alí abaixo. Ata que un día oín gritos de nenos e baixei para investigar. Alí estaban os sete, Bill Denbrough, Edward Kaspbrak, Richard Tozier, Beverly Marsh, Benjamin Hanscom, Stanley Uris e Michael Hanlon. Coñecíaos a todos de velos polo circo nas festas, pero eu sempre pensara que eran bos rapaces. Esperábanme aí de pe, con todos os corpos desmembrados dos nenos que capturaran detrás deles. Non quería nin pensar o que tiveran que pasar eses nenos. Georgie Denbrough, o irmán pequeno de Bill era un dos asasinados. O seu propio irmán.

Como alguén era capaz de facer iso? Estaba aterrado. Xa comprobara que eses nenos non tiñan corazón, pero sigo sen saber por que querían matar. Tiñan cadeas, bates de béisbol e barras de metal. Querían acabar comigo, iso tíñao claro. Golpeáronme tantas veces que eu non puiden facer nada. Quedei sen parte da cara pero conseguín arrastrarme ata un pozo e caín nel. Non sei como, pero despois de moito tempo, conseguín saír de alí. E aquí estou para advertirvos do que vos pode pasar se ides visitar Derry. Agora todos estades avisados.

SAMAÍN: Esta morta está viva!, Enara Sánchez (2º ESO B)

Esta pequena desventura tivo lugar no mesmo día de Samaín, sábado 31 de outubro. Pode que encontres esta anécdota graciosa, pero a verdade é que foi unha das cousas máis terroríficas que me ocorrera nunca. 

Eran as doce da noite, e encontrábame traballando no depósito de cadáveres. Era unha noite de tormenta, podíanse escoitar tronos ao lonxe. Non é un lugar moi agradable para traballar, sempre con ese cheiro a morto putrefacto polos escuros corredores, e aquela deprimente presenza da morte, como unha densa néboa que che encolle o corazón. 

Estáballe facendo a autopsia a un home que morrera nun accidente de coche en estrañas circunstancias, cando soou un trono e, de súpeto, marchou a luz. Dirixinme ao panel eléctrico, e comprobei que simplemente saltara o automático. Cando subín a panca, escoitei un inquietante ruído fóra da sala, ese característico son agudo das portas ao abrirse. ‘Serán as correntes de aire’- pensei, máis para tranquilizarme que para outra cousa. Por se acaso, armeime de valor e saín botar unha ollada. 

Fóra non había ninguén, os corredores estaban desertos. Deixei escapar o alento, pero o alivio non durou. Os meus aterrados ollos só se fixaron nun detalle: a porta da sala de cadáveres estaba aberta. Entrei temerosa na sala e mirei arredor para ver se estaba todo en orde; fixeime en que unha das bolsas que contiñan cadáveres estaba baleira.Comprobei a ficha: era dunha muller chamada Herminia Valverde. Causa de morte: accidente doméstico. Sufrira un golpe moi forte na caluga ao caer na ducha. Polo visto, o golpe deixáraa inconsciente. Tras permanecer na UCI durante varios días, acabou falecendo. Pero... E onde estaba o cadáver? 

Decidín volver ao que estaba, xa que a miña quenda de traballo acababa pronto e non era cuestión de deixar a autopsia a medio facer. Deixei unha nota comentando o do ‘cadáver desaparecido’ para os colegas da mañá. Debía tratarse dun erro. Seguro, iso tiña que ser... ou non. * * * * * * * * * * * 

Ao día seguinte, fun comprar o xornal para comprobar as necrolóxicas. Sentei a lelo na terraza dun bar. Efectivamente, alí estaba o nome da morta, Herminia Valverde, coa data de falecemento. Supuxen que sería un erro: mandaron o cadáver a un depósito e a ficha da morta a outro. Pois vaia graza! 

De súpeto escoitei un gran balbordo proveniente da rúa de en fronte. Achegueime a un corro de persoas ao redor dunha muller tendida no paso de peóns. 

-Que pasou? -preguntei moi estrañada. -Houbo un accidente? 

-A esta muller acáballe de dar un pasmo aquí mesmo, no paso de peóns. Por pouco a atropela un coche. -explícame un señor. 

Intentei abrirme paso entre a multitude. Cando por fin puiden achegarme á muller tendida no chan palpeille o pulso en busca de latido. Estaba morta.

-Chamade a unha ambulancia, -dixen, -esta muller non ten pulso. 

* * * * * * * * * * * 

A muller morrera e, ao día seguinte, alí estaba, no depósito de cadáveres... e coincidindo coa miña quenda. Cando mirei o nome, quedei de pedra: era Herminia Valverde. ‘Como que esta muller se chama Herminia Valverde! Non é posíbel, pero se xa morreu onte!’ Revisei o cadáver, pero non había dúbida: a morta de onte volvera falecer diante dos meus ollos esa mesma mañá. Deixei o cadáver na padiola da sala de autopsias e fun coller o teléfono para chamar ao hospital. 

-Ola, dígame. -respondeu unha voz masculina.

-Bo día, chamo do depósito. -dixen. -Podes comprobar se onte rexistrastes a morte dunha señora chamada Herminia Valverde? 

Escoitei o clac-clac dunhas teclas de ordenador e, tras un breve instante de busca, obtiven a resposta que máis temía: 

-Efectivamente, Herminia Valverde morreu onte, de accidente doméstico, pero hoxe temos rexistrada a outra Herminia Valverde, con causa de morte aínda por determinar. 

-E non lle parece raro? Dúas Herminia Valverde na mesma cidade? Mortas con poucas horas de separación entre elas? 

-Un pouco si, a verdade. Pero vostede debe sabelo ben, os dous cadáveres acabaron nese depósito. -explicou. 

-Debe tratarse dun erro, eu non lle fixen a autopsia a ningunha Herminia Valverde onte. O cadáver non estaba na bolsa e... -intentei explicar. 

-Non me interesa, adeus. -dixo cortando a chamada sen máis. 

-Pero... - quedei coa palabra na boca. Ao outro lado do teléfono non había ninguén. 

Entrei na sala de autopsias intentando non pensar niso. Pero o que encontrei alí non tiña ningún sentido: Herminia Valverde estaba sentada na padiola, máis viva que nunca! 

-Ola! -dixo. -E ti quen es? E onde estou? Onte tamén espertei nun lugar moi raro, supoño que se trata de somnambulismo. 

Desfalecín do susto. Por pouco son eu a que acaba nun refrixerador de mortos por un ataque ao corazón. 

Explícovos o tema: Herminia non é somnámbula, e non, tampouco é unha zombi. Herminia é catatónica, o golpe na ducha debeulle causar un problema no sistema nervioso e agora danlle ataques de catatonía de vez en cando. A catatonía é un síndrome psicomotriz que fai que se che paralice o corpo enteiro e perdas a conciencia. Nalgúns casos é tan grave que se che pode paralizar o corazón e deixa de bombear sangue. Iso explica porque os médicos a deran por morta!

SAMAÍN: O caderno de Melody, Noelia Bello Díaz (2º ESO B)

Todo comezou no 2019 no instituto Monte Das Moas. Xa pasaran varias semanas dende o comezo das clases cando chegou unha nova estudante a 2ª ESO. Foi asignada para estudar en 2ª ESO B. Chamabáse Melody. Era unha alumna moi estudosa e amable e, pouco despois da súa chegada xa fixera moitos amigos novos. Ela tiña o costume de vestir sempre de cores alegres. A súa clase non era a mellor, de feito era a máis descontrolada. Nos cambios de clase sempre se poñía a falar entre eles formando moito barullo, pero Melody púñase a escribir nun caderno de cor negra que sempre levaba na súa mochila.

Achegábase o día de Samaín e todo o instituto estaba decorado e listo para a celebración. Cando o día de Samaín chegou todos os nenos e nenas estaban emocionados, pero o seu sorriso converteuse nunha cara pálida e sen expresions ao ver a Melody vestida de cores apagadas como o negro ou o gris. Quedaron abraiados ao ver a Melody así, pero pouco despois pensaron que podería ser a súa vestimenta para Samaín. 

Retomaron as clases con suma tranquilidade ata que o reloxo marcou as 11:33, nese mesmo instante Melody levantouse do seu pupitre e dirixíuse ata a pizarra, sacou o caderno negro do seu peto e comezou a gritar moitos nomes descoñecidos para os nenos. Cantos máis nomes recitaba, máis grave se facíase. Fíxose tan molesta que os nenos se tiraron ao chan tapando os oídos de forma que non puideron ver o que Melody estaba a facer. Estaba a invocar moitos demos que saían polas xanelas da aula... cada segundo a voz da rapaza se facía moito máis e máis e máis grave. Ela comezou a dicir: 

-CUSTODI ME UT ET HI DAEMONES ALIUD HUMANITATIS 

-CUSTODI ME UT ET HI DAEMONES ALIUD HUMANITATIS 

-CUSTODI ME UT ET HI DAEMONES ALIUD HUMANITATIS 

Cando rematou de recitar aqueles horribles versos, ela desapareceu converténdose en po. A clase quedou en silencio ata que os demos que ela liberara comezaron a posuír os nenos... E aquí encóntrome eu Antonia Araujo Carre, titora de 2ª ESO B, no almacén secreto do instituto protexida de todos aqueles demos que Melody liberou e, esperando cos poucos recursos que me quedan o fin deste 2020.

xoves, 19 de novembro de 2020

SAMAÍN: Miña irmá querida, Natalia Porras Gutiérrez (2º ESO A)

Esa noite, cando Xenia chegou á casa, non atopou nin a súa nai, nin a súa irmá. Foi cara á cociña e colleu a merenda que lle preparara a avoa. Subiu ao seu cuarto e pensou en facer os deberes, pero como estaba moi cansa, quedou durmida no segundo problema de Matemáticas.

Xenia Brown Bones era unha rapaza de trece anos, alta e delgada, pel pálida e uns bonitos ollos verdes. O seu cabelo era curto, vermello e rizo. Rosaura, catro anos menor, era pola contra baixa, pel escura e ollos marróns. O seu cabelo era longo, liso, e negro. Presentaba certo aire sinistro. Xenia sempre destacaba máis pero a súa nai, Lily, queríaas por igual. 

Cando Xenia espertou, vestiuse e foi cara á cociña. Non escoitou o ruído das potas e cazos que adoitaban adornar a cociña, pero Xenia non se decatou. Nas noticias anunciaban a desaparición doutra cativa, pois non había moito, que isto acontecía con frecuencia. Aquela era a razón pola que Xenia e Rosaura ían en coche ao instituto. Normalmente levábaas a súa nai, e cando esta non podía facíao o niñeira; mais aquela mañá ninguén apareceu. 

Xenia decidiu ir andando e así o fixo. Cando estaba preto do instituto, viu unha rapariga vestida de branco que se meteu no bosque e desapareceu. Xenia meditou uns intres entre seguila ou ir ás clases, finalmente, decidiu ir ás clases e volver alí pola tarde. Cando chegou á casa, tiña fame e foi á cociña para ver que había para xantar. Despois de xantar, subiu ao seu cuarto e fixo os deberes, tamén escoitou música, debuxou, leu e tirou boliñas de papel contra a parede; mais non o soportaba e ergueuse . . . 

Polo baixo da porta da súa irmá había luz, entón, Xenia decidiu ir ao bosque e volver rápido. Chegou ao lugar onde a nena de branco se metera: avanzou polo irregular camiño durante un anaco; ao cabo dun intre, decidiu regresar. Foi entón cando escoitou un ruído, coma se alguén afiase un coitelo cunha moa. Dirixiuse cara a procedencia do ruído, atopou as ruínas dunha casa; asomouse á fiestra e, o que viu, deixouna muda de terror. . . 

Comezou a correr e non parou ata saír do bosque. Cando chegou á casa pechou as portas e as fiestras cun pecho e agochouse no seu cuarto. Aínda que estaban en setembro, ela tiña constantes calafríos, pero non quixo coller unha chaqueta por mor de que iso provocase un ruído e a súa irmá a escoitase. 

Si, Rosaura era a rapaciña de branco, só que desta vez ía chea de sangue ao igual que o coitelo que sostiña cando a viu na casa abandonada. Quedou agochada no seu cuarto ata á mañá seguinte, pero antes de quedar durmida, escoitou unha voz “ Miña irmá querida . . .” Xenia non sabía se a súa irmá se decatara de que a vira, pero había tempo que Rosaura desaparecía e non chegaba ata a noite á casa e o que lle preocupaba era que ela non se decatou ata aquel día. 

Rosaura, non estaba na casa, polo que aproveitou para investigar. O cuarto da súa irmá parecía estar en orde: a cama, a lámpada, o estudo . . . “O estudo” pensou, achegouse á parede de detrás do estudo, o que parecía normal non o era . . . Aquela parede estaba cuberta por papel pintado, Xenia arrincouno e descubriu moreas de fotos de cativas pegadas ao taboleiro de cravos e todas tachadas cunha cruz vermella. A última foto estaba sen estar tachada polo que debía ser o seguinte obxectivo. A foto dicía “ Xenia Brown Bones ” e con letra pequerrecha ao pé da foto poñía : “Miña irmá querida” 

Cando Xenia espertou atopábase nun lugar frío e escuro, estaba amarrada de pés e mans e tiña un pano na boca. Os seus ollos acostumáronse á pouca luz. Contemplou, con horror, que o chan, as paredes e ela mesma estaban salpicados de sangue; nun curruncho, amoreados, atopábanse os corpos das nenas asasinadas. . . Con Rosaura estaban: a súa nai e un home os dous vestidos de branco. Rosaura pegou un alarido arrepiante e os tres ríronse ás gargalladas. Ela contemplou con terror, como despedazaban os corpos e escribían coa sangue nas paredes “ Xenia, miña irmá querida” escribiu a súa irmá cun sinistro sorriso.

Mentres choraba, Xenia logrou escoitar a voz do inspector ao que chamara ao descubrir aquela casa. Ao igual que ela, os de branco, tamén escoitaron e saíron a fume de carozo pola porta, mais detivéronos igual. 

Eles xa están no cácere e Rosaura nun centro de menores. O home de branco resultou ser seu pai que desaparecera había moito tempo. Dedicábanse os tres ao tráfico de drogas e as nenas, igual que Xenia, víronos e decidiron matalas para que non as delatasen. Rosaura xa maquinaba un plan, non ía renderse tan facilmente, ía rematar a tarefa comezada. Despois de todo, a foto de Xenia aínda non estaba tachada . . .

SAMAÍN: A casa dos Chesterfield, Julia Mosquera Alonso (2º ESO A)

Son Carlos e vouvos contar unha historia de medo que me contaba a miña nai todas as noites de Samaín.

Hai tempo, un neno chamado Héctor, na noite de Samaín quedou para ir cos seus amigos pedir “truco ou trato”. Eran as cinco da tarde e o neno comezou a poñer o disfraz porque a e media quedara cos seus amigos. Rematou e xa eran e vintecinco, e de súpeto soou o timbre, eran os seus amigos, Clara, Antón, Pablo e Irene. Avisou a súa nai e marchou. 

Eran as seis da tarde e xa recolleran moitos doces, e Pablo dixo de ir á casa abandonada dos Chesterfield. Había dous anos que falecera o vello. Estaban indecisos por se entrar ou non, mais ao final entraron. A casa daba noxo e Héctor tivo calafríos ao entrar nela. Os veciños dixéronlles que non se metesen na casa porque o que entraba nunca saía. 

Héctor decatouse de que algo non estaba ben, entón decidiu saír fóra, pero camiñaba e non daba chegado á porta, como se houbese alguén tirando del para atrás. Comezaron a escoitar voces e a ver sombras como se os espíritos estivesen roldando pola casa. De súpeto, soou o chan e caeron todos ao piso de baixo. Había unha fiestra e probaron a trepar por unhas caixas de madeira. Primeiro saíu Antón, logo Clara, deseguido Héctor con Irene, e por último, Pablo, que se enganchou cun aramio e Héctor tivo que recuar a axudalo. Alí escoitaron a voz dun home vello que dicía “non volvades se non queredes quedar”. Héctor chegou á súa casa aterrado e non volveu pasar ao lado desa casa maldita!!!

SAMAÍN: Despois do solpor, Carla García Costa (2º ESO A)

Uxía vivía nunha pequena aldea a carón dunha montaña. Unha tarde de outono, saíu pasear pola beira dun río non moi lonxe da aldea. A Uxía gustáballe ver o solpor dos preciosos atardeceres de outono, vendo como o sol despedía o día. Ese día quedou tan abraiada que perdeu a noción do tempo e cando se deu conta xa comezara a anoitecer.

-Teño que volver á casa! Pensou.

Pero a noite era tan escura que cando se afundiu no bosque non atopaba o camiño de volta á casa. Non levaba nada con que alumear e chegou un momento no que se deu conta de que estaba completamente perdida.

De súpeto, comenzou a oír voces que viñan de detrás dunha gran moa. Acercouse para ver se alguén a podía axudar, pero cando rodeou a pedra viu algo que a deixou abraiada. Era un aquelarre de meigas. Había alo menos unhas oito ao redor dun lume. Falaban unha lingua estraña. Ela, asustada pensou en fuxir pero deuse conta de que non ía ver nada, así que decidiu agardar a que marchasen para coller un refacho de lume para poder ver.

Estivo agardando un anaco ata que as meigas deixaron de cantar e foron marchando. Pensou que era un bo momento para achegarse ao lume, pero cando se dispoñía a coller o refacho sentiu como algo a collía dende atrás. 

Un chío arrepiante soou por todo o bosque.

Nunca máis se volveu saber nada da pequena Uxía...

Carla García Costa 2º A

luns, 16 de novembro de 2020

SAMAÍN: O bosque, Laura Novo González (4º ESO A)


Era o día de Samaín, Clara, Marco, Sabela e Carlos estaban no recreo da escola planenado que facer pola noite. Querían facer algo especial e relacionado coa festa que se celebraba pero non se lles ocorría nada.

-Todas as cidades teñen un sitio secreto, que case ninguén coñece, estes sitios que teñen unha historia que dá bastante medo e que se lle preguntas a alguén sobre el, estremecese. Poderiamos buscar o da nosa cidade, non?- dixo Carlos. 

- Carlos, ti o que tes é que ves moitas películas- aseguroulle Sabela. 

- Pode ser- riu Carlos. 

Mentres todos rían, acercóuselles unha nena un ano maior que estivera escoitando a conversación, e explicoulles que si había un sitio así moi preto de alí. Era un bosque, un bosque ao que nunca lle daba o sol, aínda que fose o día máis soleado de verán. Ela explicoulles que alí había un cemiterio, pero que nunca se viu un enterro que se dirixise cara alí e nin ela nin ninguén a quen ela coñecía tiña algún coñecido enterrado alí. Díxolles tamén que se te achegabas alí pola noite, entrada na madrugada, escoitábanse ruídos, como se alguén berrara. 

- E por casualidade o bosque non terá algunha historia que faga estremecerse?- preguntou Carlos moi intrigado. 

- Pois a verdade é que sí. Este bosque ten todo o que ti dixeches antes. Veredes. Unha vez, hai uns cantos anos, tamén nesta mesma noite de Samaín, uns nenos, que non eran de cidade, estaban paseando pero, como non a coñecían, acabron perdéndose, fixóselles tarde e xa ben entrada a noite, atoparon o bosque. Entraron e esa foi a súa perdición. Ese día os berros e golpes que se escoitan se te acercas ao bosque pola noite, escoitáronse en toda a cidade, como mínimo, pero ninguén soubo nunca de onde procedían. Os nenos desapareceron e nunca máis se soubo deles. 

Despois disto a nena foise sen dicir nada máis. Todos estiveran escoitando moi atentos e, simplemente por curiosidade, decidiron ir. Xa estaba atardecendo cando se puxeron en camiño, buscando ese bosque. Non sabían moi ben onde quedaba pero a nena díxolles que tiñan que ir ata os arrabaldos da cidade.Comezaron a camiñar, e camiñar, e camiñar sen atopalo. 

- Deberiamos volver, estase a facer tarde e aínda non o atopamos.- dixo Sabela 

- Non creo que faga falta, Sabela.- dixo Marco sinalando un bosque moi frondoso pero que si semellaba moi aterrador. 

- Pois entremos.- invitou Carlos, moi emocionado. 

A verdade era que os demais tiñan bastante medo. Entraron no bosque e comezaron a camiñar. Só levaban uns minutos cando escoitaron un ruído, como se alguén susurrara e tamén pasos. Decidiron ignoralo, non crían que fora nada importante. 

Camiñaron algo máis ata que Carlos dixo: - Non o ides crer! Atopei o cemiterio, estamos baixo del. Marco encendeu a lanterna do seu móbil e apuntouno cara abaixo. 

Efectivamente alí había un cemiterio pero moi estraño, xa que as lápidas non tiñan nomes nin nada e non había nin unha soa flor. De repente, volveron oír os pasos e esta vez xa non foi un susurro, senón un berro.

- Deberiamos volver, isto tenme moi mala espiña.- dixo atemorizada Sabela. 

- Si! Volvamos.- Marco tiña tantas ganas como ela. Comezaron a camiñar cara a saída pero unha sombra meteuse no medio do seu camiño. 

Caeron ao chan e antes de que puideran levantarse, esa mesma sombra, con forma estraña e que nunca chegaron a ver o que realmente era, botouse sobre eles. Esa noite, a noite de Samaín, nese cemiterio, situado no bosque ao que nunca lle daba o sol, apareceron catro tumbas máis.

domingo, 15 de novembro de 2020

SAMAÍN: A señora da gadaña, Paula Méndez Freire (4º ESO A)

31 de outubro de 2020? Si, todo comeza nese día. 

Un día como ese estariamos todos moi felices, pois iamos celebrar o Samaín, aínda que este ano xa non era igual polo coronavirus.

Por certo, esquecinme presentar, chámome Sofía Fernández e hai tres anos mudeime á cidade da Coruña. Aínda que foi un cambio moi inesperado, foi o mellor que me pasou, ou iso pensaba. 

O día do Samaín fun dar un paseo soa porque o goberno non permitía xuntarse con outras persoas. 

Non había ninguén polas rúas porque ía moito frío e xa eran as 10 da noite. Preto da miña casa escoitei uns ruídos. Xireime por se había alguén, pero non vin nada e seguín camiñando ata que oín un berro. Mirei para atrás e non esperaba atoparme con isto. Dun momento ao outro a miña vista nublouse e caín. Só recordo a unha señora maior cunha gadaña xunto cuns nenos, e, de súpeto, cortoulle un brazo a un deles. 

Espertei nunha igrexa no medio do monte. Como acabei aquí? Non sei, só sei que teño que saír xa. Fun correndo polo camiño e atopeime cun señor un pouco estraño. Este tiña dous corvos negros encerrados nunha gaiola dentro do coche co que me levou á miña casa. 

Cheguei á casa e meus pais e meus amigos estaban moi preocupados. Expliqueilles o que me aconteceu e estes quedaron sorprendidos. Creo que todos pensan que estou mal da cabeza. 

Fun durmir porque estaba exhausta e ao día seguinte cando me espertei notei algo raro. Decidín sacar unha foto ao meu lombo e conseguín ver que poñía “mortem” en cor vermella. Intentei borralo, pero nada funcionou e decidín non dicirllo a ninguén. 

Volver á vida de antes non é nada doado, aínda non o conseguín e non sei se conseguirei facer. A xente pensa que me volvín tola, porque cada vez que miro para atrás vexo esa señora, aínda que ninguén a ve, só estaba na miña cabeza.

SAMAÍN: As voces do soto, Pablo Liste González (4º ESO A)


Daban as doce da noite dunha xélida noite de decembro cando Alberto e a súa irmá María escoitaron un gran grito que proviña do soto.

Tremendo coma o xunco verde os dous baixaron as escaleiras e non viron nada, aínda que por se acaso quedáronse a investigar, ata que súa nai os sorprendeu para abraio deles con outro grito aínda máis forte do que escoitaran que dicía:

-Ou volvedes durmir ou mañá non iredes ao parque de atraccións como tiñamos acordado-.

Ó día seguinte, cando estaban preparando todo para marchar, Alberto escoitou outra vez unha voz no soto, pero nesta ocasión o que dixo a voz deixou completamente aturdido a Alberto.

María que se deu conta, decidiu dicirlle aos seus pais que partiran cara o parque canto antes, para a seguridade de todos. Durante a estancia no parque, Alberto estivo moi calado e con calafríos constantes. María preguntoulle que escoitara alí abaixo el respondeulle:

-Non cho vou dicir, eu xa non me podo salvar, só é cuestión de tempo que veñan por min; pero quero que ti, mamá e papá esteades a salvo-.

Isto deixou en shock á súa irmá, que pensou que serían alucinacións e non lle deu moita importancia.

Pasou máis de medio ano, en concreto días despois do fin do curso escolar cando María viu que Alberto estaba falando só e dicindo palabras nun idioma descoñecido. Asustada decidiu avisar aos pais, pero escoitou unha voz que dicía:

-Se avisas a calquera persoa tamén virás con nós, ti decides-.

Entón decidiu calar e foi cando viu unha estraña luz de cor vermella que saía do soto, esta voz estaba a comunicarse con Alberto; totalmente posuído nese estraño idioma e foi cando Alberto baixou as escaleiras e a luz desprendeu un ruído enorme para desaparecer en segundos como se tragase o neno. Nese intre, María desmaiouse e nada volvería a ser coma antes.

27 anos despois, segue sen encontrarse a Alberto, a policía fixo múltiplas investigacións pero sen a axuda da súa irmá María era imposible recoller información. Dende ese fatídico día ela quedara muda e nunca se lle escoitara falar máis, aínda que os seus coidadores din que certas noites recupera a fala para dicir sempre o mesmo:

-Liberade as voces do sótano, non quero que lle pase a alguén o que lle pasou a Alberto...-.






SAMAÍN: Todo é por ti, Irene Romero Castro (4º ESO A)

Éranse unha vez dúas nenas de 14 anos, chamadas Erea e Uxía.

As nenas eran moi responsables, sempre sacaban boas notas, portábanse ben, era educadas, amables…

Erea era moi fermosa, tiña a pel de aspecto de porcelana, parecía unha boneca, tiña os allos azuis como o mar e o cabelo moi negro e curto. Uxía pola súa contra era moi baixiña, tiña a pel morena e o cabelo moi longo e castaño. Os seus ollos eran marróns e tiña os labios moi finos.

Eran mellores amigas desde sempre, estaban sempre xuntas, eran unha…

Na noite do Samaín, un grupo de nenos máis maiores ca eles convidáronas a baixar pola noite e a saír de festa con eles. Elas non eran desas cousas, pero a Erea gustáballe un rapaz deles, chamábase Bruno. Bruno era o oposto a ela, a súa vida non foi nada fácil e tivo que deixar os estudos moi cedo, el empezou a traballar na ferretería do pai de Erea tan só con 14 anos, xa que a nai de Bruno enfermou e el tiña que pagarlle os medicamentos e os coidados. A Erea gustáballe desde había dous anos, así que aceptaron e foron. O plan era ir ao parque preto do cemiterio e facer a festa alí. E así foi, quedaron as 23:00 para cear unhas pizzas antes e logo xa foron.

Ao principio todo ben bailaron, cantaron, falando, rindo…

Pero a 01:30 da noite Bruno propúxolle a Erea ir a dar unha volta eles sós. Erea aceptou e foron detrás do cemiterio, Bruno díxolle: vouche dar unha sorpresa, cerra os ollos. De súpeto, ela empezou a escoitar ruídos e abriu os ollos polo medo, diante dela había unha nena pequena co pelo diante da cara, mollado, un vestido branco, descalza e cun  peluche na man. Ela empezou a correr monte arriba e cando mirou para atrás non había unha, senón tres, logo seis, logo nove e logo doce ao seu arredor, do medo que lle dou desmaiouse.


Ao día seguinte, cando espertou no medio da monte foi buscar os seus amigos, pero non había rastro deles, nada de nada, non se soubo nada deles e mira que xa hai 13 anos disto…


SAMAÍN: O bosque, Lucía Vecino Mato (4ºESO A)

Era consciente de que non debería estar aí, a súa nai dixéralle claramente que non debía pasar polo bosque para chegar á casa da súa amiga. Máis aquilo non foi impedimento para a súa persistente curiosidade, aquela tan imprudente que lle obrigaba a estar alí. A entrada non era escura nin tenebrosa, pero non é ouro todo o que reloce.

Os paxaros cantaban e a luz do sol filtrábase levemente entre as árbores, ben se podería dicir que aquel bosque chamábaa, igual que levaba facendo dende que se mudaron nove anos atrás, ou poderíase dicir tamén que lle atraía a idea de desobedecer o ordenado. Dun modo ou outro as escusas escaseaban e non ía ser ela quen sairía buscalas. A pasos lentos e con cautela foise adentrando pouco a pouco. Segundo tiña entendido, polas veces que observara e rodeara o bosque, se continuaba camiñando en liña recta e sen desviarse do camiño podería chegar ao seu destino. 


Aínda tiña tempo xa que as súas dúas amigas e ela acordaran verse os días de ponte na casa dunha delas ás cinco, polo que tiña unha hora para atravesar o bosque se quería chegar a tempo.

A cada paso que daba, as árbores íanse espesando máis e máis, chegando ao momento que a luz do sol a penas podía albiscarse. Dado que segundo os seus cálculos atopábase a metade de camiño, e tendo en conta que lle sobraba tempo, decidiu sentar a descansar, camiñou un pouco máis ata ver un lugar adecuado, atopou, uns pasos máis aló, un enorme carballo e recostouse nas súas raíces, estaba moi relaxada e aos poucos segundos pechou os ollos.

Espertou axitada, non sabia ben o porqué, non lembraba ter ningún pesadelo nin oír algo que a puidese espertar, pero sentíase profundamente perturbada. O ambiente tranquilo e silencioso do bosque volveuse estrañamente ruidoso, mesturando de maneira estridente o son das ramas das árbores e o piar dos paxaros. Pronto ese sentimento de perturbación aumentou ao sentir a mirada de alguén, ou algo, sobre ela, mirou a todos os lados e non viu nada, e despois mirou o seu reloxo de peto, o cal indicaba que só quedaba cinco minutos para a hora acordada. eEtón botouse a correr. Cando xa pasaran sete minutos de carreira desesperada polo medio do bosque puido ver ao lonxe a casa da súa amiga, parou de correr e foise achegando, tocou a porta que non tardo en abrirse revelando o rostro das súas amigas, Helena entrou á casa e concluíu que o que sentira no bosque non fora nada importante, mentres ao lonxe unha sombra observaba como a súa próxima vítima entraba nunha casa.

SAMAÍN: O home do saco de patacas, Diego Vilela Quintela (4º ESO A)


Eran as 9 da mañá do sábado 31 de outubro, cando Lucas espertou. Os seus pais xa marcharan traballar, e quedaba el só na casa á que vai todas as fin de semanas. Era unha casa antiga de pedra perdida no medio do monte, que o seu pai herdara da súa nai. 

O seu pai reformou esa casa había xa máis de 2 anos, e na súa reforma escoitábanse berros de espíritos ou pantasmas da xente que vivira alí había moito tempo. A reforma atrasouse moito debido a diferentes impedimentos por culpa deses malos espíritos. Pero cando se acabou de reformar a vivenda, non se volveu escoitar ningún ruído estraño. Nunca ata ese 31 de outubro. 

Transcorría unha bonita mañá de outono, na que Lucas xa almorzara e xa fixera a súa cama. Despois, foi preparar uns pequenos detalles para darlle á casa un pequeno toque de medo, puxo unhas cabazas e tamén unhas candeas para a noite. Cando rematou, foi ata a horta a ver canto creceran as plantas cando el non estivo alí. De paso, apañou unhas poucas verzas para galiñas e mais para os polos, para que comeran tamén un pouco de verdura, e non tanto millo. Pero cando chegou ata elas, non daba crédito ao que estaba vendo, acababan de asasinar todas as galiñas que andaban por alí por fóra. Estaban todas sen tripas e sen a plumaxe, toda unha desfeita. 

Volveu á casa correndo, con moito medo claro, e chamou a todos os seus amigos que viven ao seu arredor para que fosen á súa casa a iso das seis da tarde, porque lles tiña que contar algo. Comezara a chover antes de que chegaran, seica foron correndo polas corredoiras ben rápido e se mancharan de lama. Ían todos con moito medo, e ao pisar a casa, caeu o primeiro raio. Foise rapidamente toda a luz da vila, e entón acenderon o lume. 

Comezáronse a escoitar pasos, golpes e ata algunhas voces de antigas cantigas. Todo este ruído viña do faiado. Cada vez se escoitaban máis forte, e, de súpeto, caeu o retrato do seu bisavó, unha pintura de había xa máis de 150 anos. 

Lucas decidiuse a coller o teléfono e chamar os seus pais, a pesar de que estaban traballando xa era tarde, e deberían estar xa de camiño. Cando comezou a marcar o número do seu pai, deuse conta de que non había nada de cobertura. Optaron por permanecer xuntos, e para esquecerse un pouco dos ruídos decidiron xogar a un xogo de mesa que trouxera Luís, un dos amigos, para divertirse moito. Cando ían xa pola metade da partida, escoitaron un berro de dor que viña do faiado e pedindo axuda. Ninguén sería o suficientemente valente para subir só. Entón decidiron ir todos ver que pasaba, e cando Luís pisou o primeiro chanzo da escaleira, quedou colgando cunha man na escaleira. Mentres, no faiado, comezouse a escoitar unha motoserra, e máis berros aínda. 

En canto sacaron a Luís da escaleira, botaron a correr da casa, e quedaron a observar se vían algo dende lonxe, detrás dunha pena ben grande. De súpeto, viron un home saír da casa, coa cara tapada cun saco de patacas. 

Fuxiron, ata que a Lucas se lle ocorreu a idea de coller unhas motos de montaña que tiña no garaxe, e entón achegáronse por aló. En canto se acercaron ás fiestras da casa, puideron ver ao home cun fouciño na man. O home deuse a volta e viu un dos rapaces na fiestra, e o home saíu fóra. Os rapaces estaban moi nerviosos subíndose ás motos, ata que non arrincaban. Nese intre foi no que apareceu o home co saco de patacas e…

SAMAÍN: A cidade arrepiante, Cayetana Arduino Suárez (4º ESO A)

 

Hai uns anos, nunha pequena cidade vivían un grupo de amigos. Eran cinco, tres nenas e dous nenos, levaban xuntos dende parvuliños. Nuns días era Samaín e estaban desexando celebralo. 

A cidade adoitaba facer unha festa cada ano, pero esta vez non tiñan lugar. Uns días antes, Brais, un dos nenos atopou unha casa abandonada no bosque. Comentoullo ao alcalde e fixeron a festa alí. Tiñan que ir todos disfrazados de cousas que deran medo. 

Chegou o día, había disfraces que daban calafríos só con velos. Fixeron un concurso de disfraces, os finalistas eran impresionantes. Cando deu a media noite, os gañadores do concurso comezaron a ser demasiado realistas. Un monstro ao que lle xiraba a cabeza, un esqueleto medio descomposto, un home lobo louco... 

A xente comezaba a asustarse, e cando intentaron saír a porta cerrouse de golpe. Quedaron alí dentro toda a noite, con monstros e meigas de verdade. Nunca se soubo 
máis dos habitantes de esa cidade.

SAMAÍN: As campás do mosteiro, Irene Quintela Valiño (4º ESO A)

 


Era unha noite fría e escura de Samaín na aldea, as únicas fontes de luz eran as luces de dentro da casa e unha cálida fogueira. Arredor dela estaban sentados Xoán, Lucas, Xiana e Alba. Mentres asaban e comían castañas e contaban historias de medo escoitaron un forte asubío, era tan agudo que sería capaz de romper un cristal, de feito, fixo anacos as fiestras da casa, non quedou nin unha enteira. Non só rompeu as ventás, tamén apagou a fogueira, deixando os catro amigos coa única iluminación da lúa e cun calafrío percorréndolles o corpo. Atemorizados correron cara dentro da casa e buscaron os avós de Xoán, non os atoparon, só viron unha nota que dicía: «Teu avó mais eu imos ao mercado a por leite. Un bico, o avó Xosé.» Unha nota aparentemente normal, os avós de Xoán ían ao mercado, todo iría ben se non fora porque á unha da mañá non está aberto o mercado e porque Xosé e Álvaro compraran catro litros de leite pola mañá. Mentres intentaban buscarlle unha explicación lóxica ao que acababa de pasar colleron uns farois e saíron ver se a alguén máis lle afectara aquel asubío.

Nada máis saír, o peche da porta foi acompasado co profundo son das campás do mosteiro, esas misteriosas campás que aínda que o mosteiro estivera abandonado seguían soando, ninguén sabía porque. As rúas estaban baleiras, desertas, sumidas nunha densa néboa que o único que permitía ver era aquel misterioso mosteiro. Coma se estiveran hipnotizados por aquel enigmático son ían andando cara o que se convertería no seu peor pesadelo. Cando entran no mosteiro quedan xeados, alí encontrábase todo o pobo; os seus amigos, a súa familia. Estaban todos pálidos, fríos coma o xeo, apenas teñen pulso, malia encontrarse os catro amigos paralizados e tremendo, ese endemoñado son das campás tira deles, son incapaces de volver cara atrás. Mentres soben pola escaleira de caracol que leva cara o campanario volven escoitar ese estrepitoso asubío que lles apaga os farois. Decididos, seguen subindo, cando Alba, quen ía de última, está preto de pasar a porta do campanario é atrapada por unha man xigantesca e peluda que lle tapa a boca e arrástraa lentamente cara unha das fiestras. Os tres amigos danse conta cando ven aquel xigantesco home sacando a Alba pola ventá. Xoán suplícalle que a deixe, Lucas e Xiana están paralizados. O home deixa caer a Alba e vai directo cara Xoán, Xoán baixa correndo as escaleiras chamando aos seus avós. De súpeto os seus avós aparecen e dinlle:

-Meu amor, que fas esperto a estas horas, tiveches un pesadelo?

Xoán estaba na súa casa, unha suor fría percorríalle a cara, o corazón estáballe a saír do peito. Ao día seguinte os avós de Xoán quedaron cos avós de Xiana, Alba e de Lucas. Ao unísono todos din:

-Onte o meu neto deu un berro terrorífico pola noite, tivo un pesadelo.

Despois de dicir todos a frase quedaron calados, pensando nas posibilidades de que só fora unha coincidencia, ao lonxe, volvéronse oír as campás do mosteiro acompañadas por un feble asubío.



SAMAÍN: Conto do Samaín, Samuel Sumay Míguez (4º ESO A)

Con cada intre que pasaba dentro daquela vella casa estaba máis seguro de que dúas presas de caramelos e mais dez euros non ían pagar o mal que o estaba a pasar. A aposta é sinxela, digo para motivarme, só teño que subir ata o faiado da vella casona a acender a miña lanterna para demostrar que subín.

Mais a casona é, cando menos, inquietante, as paredes húmidas, o cheiro fedorento que sae de todos os recunchos daquel corredor. Reláxome, collo aire e dispóñome a atopar as escaleiras que levan á segunda planta daquela mansión.

Abro a primeira porta, a cociña, entro na estancia e o único que vexo son unhas cantas latas baleiras cubertas de arañeiras, encima do mesado vexo unha rata, gorda como se viñera de baleirar ela mesma todas as latas da cociña, míroa en fite, e amodo, sen facer ruído, abandono a cociña, atopo as escaleiras á fin do corredor, subo por elas sen mirar atrás, e chego ata o segundo andar. ‘A rata non se moveu’ penso para min mesmo ‘Seica non me viu?’.

De todos modos a necesidade de saír de alí axiña é máis forte que aquel fugaz pensamento, collo aires de novo e comezo a procura das escaleiras outra vez, desta volta busco un buraco no teito cunha escada, as fiestras rotas polas pedras que alguén tirou deixan escoitar os ouleos dos mouchos que andan fóra. E é entón cando o escoito, o renxido dunha porta dentro da casa, seguido do ruído da mesma pechándose, quedo quieto no sitio e miro cara as escaleiras. ‘Foi impresión miña? Non o creo’. Escoito con atención todos os sons que podo percibir, ouleos dos mouchos, o lene andar dalgún rato... de súpeto, escoito pasos, os pasos de quen trata de camiñar silenciosamente.

Son incapaz de seguir escoitándoos porque o bater do meu corazón contra o meu peito silénciaos, unha chea de preguntas cruzan a miña mente nun instante, ‘Quen anda aí? Que fai alguén a estas horas nunha casa abandonada? Virá por min?’ Sen tempo para contestar as preguntas camiño o máis rápido que podo e facendo o menor ruído posible ata chegar ó comedor da casona.

Os altos teitos e grandes espazos baleiros da mansión só acrecentan a miña sensación de nerviosismo que non tarda moito en converterse en ansiedade e máis cedo que tarde en medo, acelerando o paso percorro toda a estancia na procura dunha saída, miro polas fiestras por se tivesen algunha escaleira de incendios pola que descender, non a atopo. O que si atopo é o corpo dun raposo á beira da cheminea no comedor, non reparo moito nel porque escoito o son dos pasos achegándose a min.

Bum...bum...bum... O meu perseguidor vai lento pero seguro, sen decatarme, engancho a manga do suadoiro nunha especia de xerra de cristal que cae ó chan e provoca un estrépito similar ó dun lóstrego. Despois silencio, un silencio que non dura moito xa que volvo escoitar o son dos pasos. Bum..bum.bum.bum. O ritmo acelérase ó mesmo tempo que os latexos do meu corazón. Oio o renxido característico de alguén que sobe unhas escaleiras. Poño distancia entre a xerra rota e eu, camiñando cara atrás. Nese momento bato coas costas en algo firme, xírome, vexo unha cara e sen pensalo moito deixo escapar un berro máis agudo do que me gustaría admitir. É só un cadro.

Os pasos diríxense cara min así que apago a lanterna para non revelar a miña posición e sen ver nada nin a ninguén, chego ás escaleiras do faiado, subo e inmediatamente pecho. Non teño ningún plan e tento chamar a atención dos meus amigos que están fóra, pero cando miro pola fiestra decátome de que nin Xurxo nin Miguel están alí. Nese intre sinto os pasos de quen sexa que ande pola casa xusto debaixo miña, ou son os latexos do meu corazón? Xa non podo estar seguro.

Collo rapidamente unha vasoira que hai tirada ó meu carón e prepárome por se ó meu perseguidor lle apetece subir ó faiado, a verdade é que como arma unha vasoira non é moi boa, pero éche o que hai. Mirando pola fiestra do faiado vexo unha luz de lanterna e dúas sombras.

Entón unha idea cruza a miña mente, seica son Xurxo e Miguel gastándome unha broma? O pensamento dura pouco porque alguén tenta abrir a portiña que leva ó faiado. Con pouco éxito, comezan a golpeala. Pum,pum,pum. A vella porta resiste firme. De súpeto, o fío dunha machada ábrese paso a través da táboas de madeira. Están fendendo a porta!

Xa é so cuestión de cantos golpes da machada resista a porta, tento pedir clemencia, pero non son capaz de articular sons. Un refacho de pensamentos percorren a miña mente, só paran cando a luz das lanternas me deixa cego.

-Non! Tede piedade por favor!-berro

-Mírao, Miguel está tan asustado que pouco máis e mexa por el.- di unha voz coñecida.

-Xurxo, Miguel! Case morro do susto!- Quéixome.

-Non ha ser para tanto home- Tenta calmarme Miguel

-Onde atopastes unha machada?- Pregunto.

-Pois verás....

Tentando que o corazón non se me saia pola boca, con dúas presas de caramelos, dez euros e o susto da miña vida saímos da casona para aproveitar o que resta da noite de Samaín.

SAMAÍN: A casa de madeira, Pablo Cagiao Rodríguez (4º ESO A)

O único que se escoitaba nesa noite de verán era o soprar do vento. Xoán estaba á beira do río con Alba e Xavier. Era moi tarde cando escoitaron un berro. Un berro apagado, como se a persoa da que viña non tiña más forzas. Interesados polo berro, decidiron ir en busca del. 

Tras un curto camiño, chegaron a unha casa de madeira que nunca viran. Alba asomouse pola ventá pero non viu nada, estaba todo escuro. Decidiron entrar. Tras un anaco intentando abrir a porta, conseguírono. Prenderon a lanterna do móbil e empezaron a buscar. Xoán entrou na cociña seguido dos seus amigos. Había un coitelo ensanguentado e un cazo con auga fervendo. Xoán colleu o coitelo e xirouse para ensinárllelo. Decatouse de que non estaban. Preguntou por eles, pero non recibiu ningunha resposta. 

Atemorizado, Xoán avanzou ata o salón. Era un lugar bastante agradable. Había unha cheminea co lume apagado e as paredes estaban repletas de cadros. Os cadros non tiña nada en especial ata que viu un que o deixou sen fala. Nel representábase un neno moi parecido a Xoán no centro, detrás del había un home vestido con roupa escura e nas paredes había dous corpos cravados con finos troncos de madeira. O salón do cadro era idéntico ao no que estaba Xoán e as persoas cravadas parecíanse moito aos seus amigos. 

Despois de ver o cadro, Xoán non se podía mover, estaba morto de medo, aterrorizado, preguntándose porque razón tivo que meterse nesa casa. Despois dun tempo sen poder moverse, oíu unha voz xusto detrás del. Un calafrío subiulle polo corpo. Non podía entender o que dicía esa voz pero cada vez a oía máis e máis cerca. 

Xoán estaba a punto devolverse tolo. Desesperado, xirouse para ver o que había e para a súa sorpresa non había ninguén . Xoán relaxouse un pouco, pero cando avanzou uns pasos volveu escoitar o berro que escoitou no río. O berro parecía vir da cociña. Xoán xirou a súa vista cara alí, non sabía se ir ou non. Decidiu ir. 

Chegou á porta. Mirou cara o interior da cociña. Alí estaban os seus amigos, pero cravados na parede e sen cabeza. As cabezas estaban postas nun prato sobre a mesa e sentado nela, estaba o home do cadro.O home levantou a mirada a viu a Xoán. Xoán inmóbil, pechou os ollos esperando a súa morte. Despois duns segundos que se lle fixeron eternos, volveu a abrir os ollos e o home desaparecera. Ao ver iso, 

Xoán decidiu saír correndo. Xirouse para empezar a escapada e antes de que puidera dar un paso, a súa cabeza saíu rodando ata os pés do home.

SAMAÍN: O asasinato do director, Aldara Pérez Cifuentes (4º ESO A)

Esa mañá pensabamos como facer que o director rematara dunha vez cos seus xogos. Prohibíranos o baile, o último baile antes da universidade. 

-E se o matamos? -propuxen. Había moito que non tiñamos que facer nada polo estilo e as ganas consumíanme. David propuxo outra idea, secuestralo e facerlle pasar un mal anaco de tempo. Así que iso fixemos. 

O xoves pola noite, cando o director saía do instituto achegámonos a el, Antonio deixouno inconsciente para que puideramos metelo no maleteiro do coche e levalo á antiga casa da avoa de Carlota. Unha vez alí atamolo á cadeira e comezaron os turnos de vixilancia. A primeira era Carlota, o director preguntoulle polas suas gafas, perdéramolas. 

Carlota saíu buscalas, pero non houbo sorte. Pasado un tempo chegou o turno de David e Carlos. Chamáronnos a todos, parecían nerviosos. Cando chegamos o director estaba no chan, non respiraba. Carlota choraba e Antonio non deixaba de camiñar de un lado cara outro. 

-Tranquilos, só temos que escondelo. -dixen -alguén ten experiencia en esconder cadáveres? -. Todos levantamos a man menos Antonio. 

-Estádesme dicindo que xa fixerades isto máis veces? - preguntou nervioso. 

-É unha boa ocasión para a túa primeira vez. -bromeou David. 

Saímos ao bosque, Carlos encargaríase de facer o burato para o corpo. 

O venres pola mañá falabamos da música para o baile cando entrou pola porta un compañeiro. 

-Atoparon as gafas do director, a policía non cre que fora un accidente 

-Así non volverá -dixo outro 

-Teno merecido, era un director horrible. 

Antonio púxose nervioso. -Vós non tedes nin idea! Atoparon as súas gafas! O próximo que atoparán será o seu corpo! -berrou. -e sabedes onde, sabedes quen... 

David levantouse o máis rápido que puido. 

-Cala! Cala! Non sabes o que dis.-berroulle. 

Ao día seguinte Antonio morrera. 

-Que fixemos?! Matamos o noso amigo! -Carlota non deixaba de chorar. 

-Tiñamos que facelo, estaba moi nervioso, non gardaría o segredo -dixo David 

-Ten razón David, había que facer algo -dixen. Non me gustou facelo, era o noso amigo, pero non podiamos arriscarnos. 

Todos sabiamos o que fixeramos, eramos monstros e seguiriamos séndoo no cárcere. Pero si había unha cousa que non sabiamos… 

Quen matou o noso director? Alguén sabía o que tiñamos pensado para el, e rematou o traballo máis en serio do que debía.

domingo, 8 de novembro de 2020

SAMAÍN: A casa misteriosa, Javier Lafuente Maceira (4º ESO A)

A familia Martínez levaba máis de 10 anos vivindo nunha mansión situada no medio do monte, e como todos os días, o pai, chamado Pedro, saíu cazar algo para comer, xa que non había ningún supermercado preto, e ese era o modo de subsistencia da familia. O que non sabía Pedro era o que ía ocorrer…

Pasadas unhas horas, percatouse de que non daba encontrado o camiño de volta a casa, a pesar de que levaba moito tempo facendo rutas por eses mesmos lugares; era como se lle borrasen a memoria. Debido a que o tempo pasaba e pasaba, fíxose de noite, e tivo que meterse nunha casa abandonada para protexerse do frío e do mal tempo. Unha vez alí, inspeccionou un pouco todas as estancias e atopou unha habitación completamente limpa e con cousas doutra persoa. Isto significaba que alguén máis habitaba esa casa, pero como non tiña outra opción, foi para unha habitación baleira, tapou a porta cun armario, e intentou pasar a noite.

Os minutos pasaban e pasaban, pero Pedro non era capaz de conciliar o sono por culpa duns ruídos procedentes do soto. Por medo, non saíu da habitación ata o día seguinte. Aparentemente, non había ninguén na casa, pero cando foi mirar a habitación que tiña cousas de persoa, encontrouse cunhas botas, un chuvasqueiro e un diario xusto na entrada, os cales non estaban a última vez que revisara ese lugar. Sen pensalo, Pedro colleu o diario e marchou desa casa, e tras máis de catro horas conseguiu atopar o camiño de regreso ao seu fogar.

Cando chegou, evidentemente, o primeiro que fixo foi falar coa súa familia e explicarlles todo o que acontecera. Unha vez aclarado todo este conflito, Pedro colleu o diario e abriuno, pero o que había na primeira páxina deixouno sen palabras. Textualmente, poñía “Axuda Pedro”. Ante isto, non soubo como reaccionar, e o primeiro que fixo foi preguntarse a si mesmo; quen escribiría iso?, como sabía o seu nome?, por que lle pediría axuda?

Nos días seguintes, Pedro non parou de pensar unha e outra vez no mesmo; debería volver a esa casa? Finalmente, a pesar da oposición da súa familia, decidiu voltar, para ver dunha vez por todas que estaba pasando.

Chegou sobre as seis e media da tarde, xusto cando empezaba a anoitecer. Entrou con moito coidado na casa e sen facer ruído avanzou polo corredor. Foi entón cando se fixou nun retrato colgado na parede que tamén poñía “Axuda Pedro”. Foi nese intre, cando parou e pensou en saír da casa e olvidarse de todo, pero a súa consciencia non llo permitía. Seguiu avanzando e comezou a baixar as escaleiras que daban ao soto do que saían os ruídos da noite anterior. Unha vez alí, a porta pechouse como se dunha película se tratase, e apareceu detrás del un home co mesmo chuvasqueiro e as mesmas botas que Pedro vira na habitación. Sen que puidese reaccionar, o home botóuselle enriba, e comezou a loitar contra el coma se o quixese matar. Por sorte uns gardas forestais pasaron preto da casa, e ao escoitar o ruído foron inmediatamente ver o que pasaba e conseguiron acabar co home do chuvasqueiro.

Despois disto, Pedro estivo moitos días sen falar, e non foi capaz nin de dicirlle á policía que acontecera. Intentou olvidar todo esta historia e non pensou nunca máis nesa persoa que lle pedira axuda… 


Carrusel de Berta Dávila, recensión literaria de Sara Sanz Fonta (1º BACH A)

Faláranme deste libro coma unha obra un tanto dura respecto ao contido, pero que adoita gustar a xente que, coma min, somos apaixonados da p...