Hai tempo, un neno chamado Héctor, na noite de Samaín quedou para ir cos seus amigos pedir “truco ou trato”. Eran as cinco da tarde e o neno comezou a poñer o disfraz porque a e media quedara cos seus amigos. Rematou e xa eran e vintecinco, e de súpeto soou o timbre, eran os seus amigos, Clara, Antón, Pablo e Irene. Avisou a súa nai e marchou.
Eran as seis da tarde e xa recolleran moitos doces, e Pablo dixo de ir á casa abandonada dos Chesterfield. Había dous anos que falecera o vello. Estaban indecisos por se entrar ou non, mais ao final entraron. A casa daba noxo e Héctor tivo calafríos ao entrar nela. Os veciños dixéronlles que non se metesen na casa porque o que entraba nunca saía.
Héctor decatouse de que algo non estaba ben, entón decidiu saír fóra, pero camiñaba e non daba chegado á porta, como se houbese alguén tirando del para atrás. Comezaron a escoitar voces e a ver sombras como se os espíritos estivesen roldando pola casa. De súpeto, soou o chan e caeron todos ao piso de baixo. Había unha fiestra e probaron a trepar por unhas caixas de madeira. Primeiro saíu Antón, logo Clara, deseguido Héctor con Irene, e por último, Pablo, que se enganchou cun aramio e Héctor tivo que recuar a axudalo. Alí escoitaron a voz dun home vello que dicía “non volvades se non queredes quedar”. Héctor chegou á súa casa aterrado e non volveu pasar ao lado desa casa maldita!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario