domingo, 8 de novembro de 2020

SAMAÍN: Os susurros do bosque, Martín Roca Seoane (1º ESO A)

Había unha vez nunha carballeira no medio do monte un leñador solteiro duns 50 anos de idade. Levaba moito tempo só xa que ó seu arredor unicamente estaba a súa vella casa de madeira e os seus polos.

Non se sabe moi ben como era a rutina deste home, pero había información de que estaba moi triste.

Un día, 30 de outubro, saíu dunha vez por todas en busca de novas vistas, o negativo foi que de tanto percorrer o monte fíxoselle de noite e non sabía volver á casa, estaba perdido.

Empezou a camiñar nunha dirección, por se tiña sorte, e, de súpeto, escoitou uns pasos, notou algo no pescozo e só puido berrar...

Un grupo de mozos que ían camiño dunha festa, escoitaron os berros. Nese intre decidiron que tiñan que investigar.

Botaron horas buscando pistas coas súas lanternas, pero pensaron que non ía ser nada, nese intre tamén escoitaron pasos, botaron a correr e un deles tropezou con algo no chan, entón pararon, ademais co medo non se decataron de que os pasos xa non se oían.  O mozo ergueuse e apuntou coa lanterna ao chan onde viron unha macheta cravada na terra, eles non lle deron valor (pero quen estea lendo ou escoitando isto se cadra si...).

Xa que tiñan medo, aproveitaron para coller a macheta para defenderse, mais cando a arrincaron da terra houbo un estoupido ás súas costas, entón xiráronse e non se soubo máis deles...


Ningún comentario:

Publicar un comentario