domingo, 15 de novembro de 2020

SAMAÍN: A señora da gadaña, Paula Méndez Freire (4º ESO A)

31 de outubro de 2020? Si, todo comeza nese día. 

Un día como ese estariamos todos moi felices, pois iamos celebrar o Samaín, aínda que este ano xa non era igual polo coronavirus.

Por certo, esquecinme presentar, chámome Sofía Fernández e hai tres anos mudeime á cidade da Coruña. Aínda que foi un cambio moi inesperado, foi o mellor que me pasou, ou iso pensaba. 

O día do Samaín fun dar un paseo soa porque o goberno non permitía xuntarse con outras persoas. 

Non había ninguén polas rúas porque ía moito frío e xa eran as 10 da noite. Preto da miña casa escoitei uns ruídos. Xireime por se había alguén, pero non vin nada e seguín camiñando ata que oín un berro. Mirei para atrás e non esperaba atoparme con isto. Dun momento ao outro a miña vista nublouse e caín. Só recordo a unha señora maior cunha gadaña xunto cuns nenos, e, de súpeto, cortoulle un brazo a un deles. 

Espertei nunha igrexa no medio do monte. Como acabei aquí? Non sei, só sei que teño que saír xa. Fun correndo polo camiño e atopeime cun señor un pouco estraño. Este tiña dous corvos negros encerrados nunha gaiola dentro do coche co que me levou á miña casa. 

Cheguei á casa e meus pais e meus amigos estaban moi preocupados. Expliqueilles o que me aconteceu e estes quedaron sorprendidos. Creo que todos pensan que estou mal da cabeza. 

Fun durmir porque estaba exhausta e ao día seguinte cando me espertei notei algo raro. Decidín sacar unha foto ao meu lombo e conseguín ver que poñía “mortem” en cor vermella. Intentei borralo, pero nada funcionou e decidín non dicirllo a ninguén. 

Volver á vida de antes non é nada doado, aínda non o conseguín e non sei se conseguirei facer. A xente pensa que me volvín tola, porque cada vez que miro para atrás vexo esa señora, aínda que ninguén a ve, só estaba na miña cabeza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO