xoves, 5 de novembro de 2020

A cadeira do demo, Candela López Puñal (1º ESO A)

Nunha pequena aldea unhas nenas estaban escoitando unha lenda do seu barrio que dicía que o demo creou unha cadeira que se sentabas nela morrías, máis concretamente o demo mandaba uns mortos a despedazarte e devorarte e coas túas entrañas decoraban o sitio.

Tamén dicía que un neno de pelo da cor do carbón foi mirar, pousou un boneco na cadeira e empezou a tremer o chan e saíron uns mortos viventes a devorar o boneco. O neno colleu un pau e intentou escapar pero un morto agarrouno, el pegoulle e puido escapar.

Agora vive nos bambús da parte baixa do parque, e está completamente tolo. Cada día encóntrase cunha pertenza súa, dende uns boxers ata unha navalla. 

As nenas que vos eran elas moi rexoubeiras decidiron quedar unha tarde de venres para ir mirar esa cadeira que formaba parte dos seus pesadelos destas noites. Estaban no parque falando diso cando viron de entre os bambús unha cabeza cun pelo do cor do carbón que se achegaba a elas... a sombra achegouse ata que se puido ver quen era:

- ti es o tolo da lenda? - dixo a nena

- si, miña neniña, son o tolo da lenda, pero non veño falar diso, senón que veño a advertirvos de que non vaiades. 

- por que, tolo, acaso a lenda é certa? 

As nenas non fixeron non caso ao que o tolo lles dixo e foron buscar a cadeira. Unha vez alí déronse a volta porque escoitaran uns ruídos.. Era el. 

- O tolo o tolo!- berrou unha rapaza...

- Axuda, axuda! berrou a outra...

- Aviseivos... ides morrer...

- E o tolo matounas e destripounas, e co seu sangue escribiu: outras vítimas máis... Por ser curiosas estas rapaciñas morreron, que non veña ninguén mais! Son o demo, e se volve repetirse, matarei o pobo enteiro. 

E o tolo marchou corriendo para o seu escondite.
 
E por iso, se ves unha cadeira vella e chea de sangue, éche mellor saír correndo para túa casa que sentarte nela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO