domingo, 15 de novembro de 2020

SAMAÍN: Todo é por ti, Irene Romero Castro (4º ESO A)

Éranse unha vez dúas nenas de 14 anos, chamadas Erea e Uxía.

As nenas eran moi responsables, sempre sacaban boas notas, portábanse ben, era educadas, amables…

Erea era moi fermosa, tiña a pel de aspecto de porcelana, parecía unha boneca, tiña os allos azuis como o mar e o cabelo moi negro e curto. Uxía pola súa contra era moi baixiña, tiña a pel morena e o cabelo moi longo e castaño. Os seus ollos eran marróns e tiña os labios moi finos.

Eran mellores amigas desde sempre, estaban sempre xuntas, eran unha…

Na noite do Samaín, un grupo de nenos máis maiores ca eles convidáronas a baixar pola noite e a saír de festa con eles. Elas non eran desas cousas, pero a Erea gustáballe un rapaz deles, chamábase Bruno. Bruno era o oposto a ela, a súa vida non foi nada fácil e tivo que deixar os estudos moi cedo, el empezou a traballar na ferretería do pai de Erea tan só con 14 anos, xa que a nai de Bruno enfermou e el tiña que pagarlle os medicamentos e os coidados. A Erea gustáballe desde había dous anos, así que aceptaron e foron. O plan era ir ao parque preto do cemiterio e facer a festa alí. E así foi, quedaron as 23:00 para cear unhas pizzas antes e logo xa foron.

Ao principio todo ben bailaron, cantaron, falando, rindo…

Pero a 01:30 da noite Bruno propúxolle a Erea ir a dar unha volta eles sós. Erea aceptou e foron detrás do cemiterio, Bruno díxolle: vouche dar unha sorpresa, cerra os ollos. De súpeto, ela empezou a escoitar ruídos e abriu os ollos polo medo, diante dela había unha nena pequena co pelo diante da cara, mollado, un vestido branco, descalza e cun  peluche na man. Ela empezou a correr monte arriba e cando mirou para atrás non había unha, senón tres, logo seis, logo nove e logo doce ao seu arredor, do medo que lle dou desmaiouse.


Ao día seguinte, cando espertou no medio da monte foi buscar os seus amigos, pero non había rastro deles, nada de nada, non se soubo nada deles e mira que xa hai 13 anos disto…


Ningún comentario:

Publicar un comentario