A súa principal vía de contaxio é a vía respiratoria, xa que o virus é expulsado mediante a boca e permanece no aire un par de minutos. Para non contaxiarse, as medidas de seguridade son: a máscara, xa que non permite que o virus entre ao noso organismo, o desinfectante, que é un líquido formado de alcohol que se aplica nas mans para rematar con calquera virus que estea nelas e a distancia entre persoas, aínda que cando está a máscara posta non é totalmente necesaria.
Agora mesmo estamos nunha calella sen saída, na que o único que podemos facer é esperar a que os médicos e especialistas creen un medicamento e unha vacina para combatelo, mentres tanto hai que seguir as recomendacións para non contaxiarse e non propagalo.
Este virus tamén afecta psicoloxicamente, xa que é algo novo para todo o mundo e moi incómodo. Na temporada de confinamento, houbo moita xente con trastornos mentais e ansiedade debido ó encerro no piso ou unha casa, non poder ver os seus seres queridos, amigos e amigas… O agobio de non saber se vai terminar, cando e a dúbida de se o tes e o estás a propagar é excesivo; por iso os especialistas recomendan facer actividades como ioga, que relaxan e tranquilizan.
En conclusión, esta é unha enfermidade perigosa, pero por agora o único que podemos facer é manter as medidas de seguridade e ter sentido común se queremos que remate o antes posible, e intentar levalo o mellor que se poida
Ningún comentario:
Publicar un comentario