O tema do aborto é moi discutido entre os que están en contra e os que están a favor. Cada unha das dúas mentalidades defenden unhas razóns que temos que respectar aínda que non as compartamos, e iso é o que vou a facer neste texto. Por que a favor?
O aborto, como todos sabemos, é a interrupción prematura do embarazo, é dicir, prodúcese a expulsión do feto, podendo ser de forma espontánea ou provocada. A primeira vista un pode pensar que é algo horríbel ter que negar unha nova vida, pero non podes xulgar á lixeira a ningunha muller por tomar calquera decisión. A muller ten absolutamente todo o dereito a decidir sobre a súa maternidade e sobre o seu corpo, pero máis aló diso, cada unha ten o seu caso persoal. Imaxínate que es violada, terías a obriga de ter o neno só porque está mal visto abortar? Seguro que hai respostas de todo o tipo, pero o certo é que calquera que teña un pouco de empatía diría que claramente non, xa que a ela sometérona contra a súa vontade. Pero ela, como calquera outra, debería poder decidir sen ningunha presión enriba por parte da sociedade. Ninguén dixo que fora unha decisión fácil e non sabes a dura situación que pode estar pasando detrás desa cirscunstancia.
Deste xeito acabo dicindo que non todas as mulleres somos iguais. E claro que hai xente moi irresponsable, pero iso non quita o feito de poder facer o que queiramos co noso corpo, porque é única e exclusivamente noso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario