sábado, 7 de novembro de 2020

A importancia dos sentimentos, Noor Medina García (1º Bacharelato C)


Os sentimentos son unha das cousas que nos caracterizan como seres humanos pola nosa forma de experimentalos. Se somos conscientes de como nos sentimos ante as situacións, poderemos aprender moito sobre nós mesmos e como relacionarnos cos demais. Hai un aforismo grego moi apropiado que abrevia isto: “Coñécete a ti mesmo e coñecerás o universo”. 

Coñecerse a un mesmo é o primeiro. Aínda que quen máis te coñeza sexa teu pai ou un amigo. Interpretamos a nosa realidade en base a como somos e ás vivencias que temos. Para percibir a realidade dun xeito máis optimista, observar as emocións é coma unha chave. Sentir libéranos, vólvenos humanos, conéctanos cos demais e con nós mesmos. Por outra parte, a sociedade non nos ensina a lidar coas emocións negativas. Podemos ter medo a sentir, porque nos podemos sentir incómodos ou vulnerables. Tampouco nos volvemos parvos ou irracionais, agás nos momentos nos que nos deixamos levar pola intensidade, entón pode ser prexudicial para a nosa saúde mental e emocional. 

En definitiva, claramente é mellor promover a alegría, o amor ou a tranquilidade, mais é importante ter en conta a frustración, a incerteza ou a angustia e aprender a batallar con estas emocións. Está ben non sentirse ben todo o tempo e permitirnos sentir as cousas. Non obstante, o mellor que podemos facer é abordar as emocións dun xeito intelixente, para non reprimilas pero controlalas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Recensión sobre o filme Matria de Ana M. Polanco Ramos (1º Bach B)

E ste trimestre elixín ver a película Matria . Esta obra conta a vida de Ramona, unha muller á que lle suceden diferentes problemas ao longo...