domingo, 8 de novembro de 2020

As redes sociais, Daniela Veiga Rosende (1º Bacharelato C)

Unha rede social é unha plataforma dixital creada para o intercambio de contidos. Nela, ao crear unha conta, o usuario acepta publicar e compartir diferentes tipos de contido co resto das persoas que compoñen esa comunidade dixital. 

Hai moitas redes sociais e xorden novas cada día. Desde o tradicional e case obsoleto Facebook, pasando por Twitter, WhatsApp, Instagram; en todos eles a xente comparte imaxes, fotos, vídeos e incluso transmisións en directo. 

Agora, ademais de permitir aos individuos crear unha comunidade e achegarse aos que están noutras partes do mundo, tamén permiten que a información que se manexa neles sexa pública e expoña facilmente a vida das persoas. 

Actualmente, a través das redes sociais falamos con persoas totalmente descoñecidas e que dalgunha maneira poden beneficiarnos ou prexudicarnos. 

Hai todo tipo de contas nas redes sociais e algunhas foron creadas para informar sobre un tema específico, vender un produto... Tamén hai contas persoais que poden verse afectadas se o usuario non sabe xestionar ben a súa privacidade. Podes ter unha conta pública e ter coidado coa privacidade, publicando só certas cousas. 

Nas redes sociais, así como en internet e no mundo en xeral, hai xente boa e outras non tan boas, polo que sempre é bo ser cauteloso e non confiar totalmente na xente. 

Para facer un bo uso das redes sociais, é necesario seguir pautas de convivencia como as que empregamos na nosa vida diaria: ser cortés, non compartir enderezos, etc...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO