-E se o matamos? -propuxen. Había moito que non tiñamos que facer nada polo estilo e as ganas consumíanme. David propuxo outra idea, secuestralo e facerlle pasar un mal anaco de tempo. Así que iso fixemos.
O xoves pola noite, cando o director saía do instituto achegámonos a el, Antonio deixouno inconsciente para que puideramos metelo no maleteiro do coche e levalo á antiga casa da avoa de Carlota. Unha vez alí atamolo á cadeira e comezaron os turnos de vixilancia. A primeira era Carlota, o director preguntoulle polas suas gafas, perdéramolas.
Carlota saíu buscalas, pero non houbo sorte. Pasado un tempo chegou o turno de David e Carlos. Chamáronnos a todos, parecían nerviosos. Cando chegamos o director estaba no chan, non respiraba. Carlota choraba e Antonio non deixaba de camiñar de un lado cara outro.
-Tranquilos, só temos que escondelo. -dixen -alguén ten experiencia en esconder cadáveres? -. Todos levantamos a man menos Antonio.
-Estádesme dicindo que xa fixerades isto máis veces? - preguntou nervioso.
-É unha boa ocasión para a túa primeira vez. -bromeou David.
Saímos ao bosque, Carlos encargaríase de facer o burato para o corpo.
O venres pola mañá falabamos da música para o baile cando entrou pola porta un compañeiro.
-Atoparon as gafas do director, a policía non cre que fora un accidente
-Así non volverá -dixo outro
-Teno merecido, era un director horrible.
Antonio púxose nervioso. -Vós non tedes nin idea! Atoparon as súas gafas! O próximo que atoparán será o seu corpo! -berrou. -e sabedes onde, sabedes quen...
David levantouse o máis rápido que puido.
-Cala! Cala! Non sabes o que dis.-berroulle.
Ao día seguinte Antonio morrera.
-Que fixemos?! Matamos o noso amigo! -Carlota non deixaba de chorar.
-Tiñamos que facelo, estaba moi nervioso, non gardaría o segredo -dixo David
-Ten razón David, había que facer algo -dixen. Non me gustou facelo, era o noso amigo, pero non podiamos arriscarnos.
Todos sabiamos o que fixeramos, eramos monstros e seguiriamos séndoo no cárcere. Pero si había unha cousa que non sabiamos…
Quen matou o noso director? Alguén sabía o que tiñamos pensado para el, e rematou o traballo máis en serio do que debía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario