Eu estou en contra da pena de morte, creo que se debería eliminar en todos os países do mundo, xa que viola o dereito humano máis fundamental, que é o dereito á vida. Eu penso que non ten sentido castigar a unha persoa que matou a alguén, utilizando o mesmo que fixo ela para estar condenada, como castigo. Ademais, sempre cabe a posibilidade de que á que están condenando sexa inocente e unha persoa inocente pode ser liberada do cárcere, pero non poden devolverlle a vida e reverter a pena de morte; é máis, incluso se demostrou con moitos estudos que a pena de morte non axuda a eliminar a delincuencia.
En resumo, este castigo que acaba coa vida do/a acusado é unha sanción que non ten moito sentido, xa que
viola o dereito máis fundamental, que é o da vida, e non recolle as posibilidades de
que a persoa condenada se poi
da arrepentir ou sexa inocente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario