De feito os pezóns masculinos foron censurados en todos os medios ata 1936, cando tiveron a súa pequena revolución e saíron do ostracismo, pero que pasa cos pezóns femininos..?. Cal é o motivo do seu cruel castigo? Se é porque é unha zona eróxena, tamén o é para os homes. Se é polo tamaño do peito, tamén se deberían censurar as "tetas" dalgúns homes con sobrepeso. E cústame pensar que é porque é a nosa primeira fonte de comida...
Se algúns alieníxenas utilizasen as redes sociais para investigar a anatomía do ser humano, poderían chegar a conclusións tolas. Terían claro que os machos da especie teñen un par de pezóns colocados máis ou menos simetricamente a ambos os dous lados do peito.
Por outra banda, seguirían igualmente convencidos de que, no caso das femias, hai un repertorio sorprendente de solucións para esa mesma parte do corpo, hai mulleres que teñen esa rexión estrañamente pixelada, noutras aparece un semental ou unha sombra e hai tamén teñen emojis, flores, corazóns, limóns, ollos, estrelas, logotipos comerciais ou ovos fritos.
O que en ningún caso as mulleres das redes parecen ter son pezóns e pregúntome por que o corpo feminino obedece regras diferentes?
Ningún comentario:
Publicar un comentario