sábado, 7 de novembro de 2020

A tauromaquia, espectáculo de tortura, Rebeca Vila Villar (1º Bacharelato C)

A tauromaquia é o espectáculo, principalmente español, na que se tortura a un touro ata a morte. E aínda que moita xente considérao “arte” e cultura, é unha práctica atroz. A estes “espectáculos” vai moitísima xente. Nas corridas de touros acurrálase o animal nun recinto pechado chamado praza, de maneira que queda sen escapatoria. 

A figura máis importante nunha corrida de touros é o toureiro, que se encarga de tourear ao animal ata que está exhausto e non ten forzas nin para tentar defenderse. Entón é cando o toureiro mata o animal de maneira moi violenta. Todo o que se consegue con isto é facer dano a un animal e exercer unha influencia negativa no público xa que propicia a que esta xente goce co sufrimento dun ser vivo e pague por velo. 

Ademais, aínda que estes animais non se caracterizan por ser agresivos cando están na natureza, antes de levar o touro á praza, golpéaselle e maltrátase para que estea alterado e embravecido á hora de saír a corrida. 

En definitiva, aínda que nalgúns países xa está terminantemente prohibida, a tauromaquia non debería de estar permitida en ningún lugar do mundo. E, no canto de admirar a quen lle fai dano ao touro, deberíaselle de castigar por iso e non se debería considerar unha profesión de tanto prestixio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario