xoves, 5 de novembro de 2020

O baile, Saray Cañás Torrón, 1º Bacharelato C

Vou falar sobre o menosprezo ao baile debido a que moita xente pensa que o baile é unha perda de tempo no que só hai que facer uns simples movementos cos brazos ou coas pernas. Non o consideran un deporte porque moita xente pensa que ten que haber un balón por medio. 

O baile non é simplemente facer uns movementos aleatorios cunha canción de fondo. Leva moito esforzo e dedicación aínda que non o parece. Ademais non se basea só en copiar unha coreografía feita polo profesor, cada paso que se fai leva un sentimento case diferente que se transmite ao público. Unha das cousas máis importantes para facer unha coreografía ten que ser escoitar antes de nada toda a canción e a partir diso expresar os sentimentos apropiados para representar dunha boa forma a canción. 

Á parte dun pasatempo, a moitas persoas o baile sérvelles como terapia porque lles axuda a relaxarse e a liberar todo o estrés acumulado, debido a que lles fai despexar a mente por completo. Axúdache a perder a vergoña e a timidez cando bailas e non che importa se hai moita xente ou non porque só estas centrado na canción. 

En conclusión, para min o baile non é só un deporte, xa que con el podo liberar todo o estrés acumulado e  é coma unha sensación de liberación, na que podo expresar todos os meus sentimentos sendo eu mesma e sen ser xulgada por ninguén, xa que me encanta meterme no papel da canción e así expresar todos os meus sentimentos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO