A sociedade hoxe en día só se centra en nomes coñecidos, como pode ser Lionel Messi, Cristiano Ronaldo, pero se preguntas á xente que viviu o fútbol de antes pode dicir outros nomes como Maradona ou Pelé entre outros. Pero para min que só se pronuncien estes nomes paréceme un pouco de xente que só mira as cores.
Se nos fixásemos en números, nestes momentos poderíase dicir que o mellor do mundo é Pelé, e que está a punto de alcanzalo Messi. Pero se nos baseamos no que é o fútbol en verdade á parte dun deporte, que é un espectáculo poderiamos engadir máis xogadores como Cristiano ou Maradona, entre outros. Pero se analizamos o estilo de xogo de cada un e o que demostraban nada máis saltar ao terreo de xogo poderiamos dicir que o mellor do mundo e da historia é Lionel Andrés Messi Cuccittini, pero aquí os que miramos os xogadores máis alá da súa traxectoria e defectos poderiamos dicir que o mellor foi Ronaldinho. No momento que tocaba o balón non sabías que ía facer porque con el pensabas que a maxia existía. Sempre inventaba unha nova cousa coa que sorprender a afección. O seu problema foi a súa curta instancia no mundo do deporte, debido aos seus malos hábitos mesturado coa mala xestión á hora de asinar contratos con certos clubs.
En conclusión, este é un tema do que se podería falar durante moitas horas, pero nunca se chegaría a un acordo no que se determinase quen é ou foi o mellor xogador da histooria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario