xoves, 5 de novembro de 2020

Que pode haber detrás dun suicidio?, Sarai Coba Martínez (1º Bacharelato B)

A vida consta dun inicio e dun final, uns morren antes e outros máis tarde, todo depende da nosa situación xeográfica e dos privilexios que podemos obter. Dependendo de varios factores, como a economía, a educación e os avances tecnolóxicos de cada país podemos ter unha esperanza de vida máis alta ou máis baixa. A vida é un regalo que temos a marabillosa sorte de experimentar... poder coñecer a moitas persoas coas que temos a oportunidade de compartir grandes aventuras e recordos, pero por desgraza non sempre é así.

Dende hai miles de anos, o suicidio foi uns dos últimos recursos que empregaban os escravos. Eles eran sometidos a abusos físicos e psicolóxicos continuamente e para deter a súa tortura, suicidábanse. Ao día de hoxe segue ocorrendo, pero dunha maneira moi distinta. A mentalidade humana evolucionou en moitos aspectos, pero noutros non tanto. Moitos destes sucesos, débense a problemas sociais o laborais. Por exemplo: mulleres que sofren violacións traumáticas e caen en depresión, a morte dalgún ser querido moi preto, unha ruptura bastante tóxica, nenos sufrindo acoso nos colexios, discriminación por ser diferente aos demais... A cantidade de razóns polas que ocorren os suicidios son impensables. Cada vez son máis os que deciden tomar este camiño, que segundo eles é o máis fácil, pero non é verdade. Os familiares e amigos da vítima, quedan destrozados, moitos acaban enfermando sentimentalmente. Superar a morte non natural é todo un desafío, mais debes evitar comezar a te preguntares o porqué ou se podías facer algo para que iso non acontecese. 

Cada ano, aproximadamente, hai preto de 800 000 persoas que deciden quitarse a vida. Tamén é considerada a terceira causa de morte para a rapazada entre 15 e 19 anos. Isto débese á falta de madurez e perspectiva que teñen os adolescentes. Por exemplo, se no caso dun neno que é homosexual, os seus compañeiros de Instituto se burlan del só por que lle gustan os homes e pola súa forma de ser afeminada, este sufrirá moito. O mozo é sensible e aféctalle todo o que podan dicir sobre el e día tras día sufrindo empurróns nos corredores e insultos constantes, finalmente chegas a un punto no que parece insoportable e queres que termine. Ocorren moitas destas situacións e non sempre se poden evitar a tempo, soamente é a propia persoa quen pode paralo. O 79 % dos suicidios prodúcense nos países de ingresos baixos e medianos. Por último, podo destacar que as formas máis comúns consisten na inxestión de pastillas, o aforcamento e as armas de fogo.

Moitas persoas queren dar a coñecer estes feitos mediante, noticias de casos reais, películas, series, novelas, artigos, investigacións e revelar os resultados, etc...

Unha serie orixinal de Netflix moi famosa foi “13 Reasons Why”. Esta foi moi polémica por tratar o tema do suicidio de forma tan ousada. Nela podemos observar o abuso escolar que sofre unha moza que pasa por moitas etapas ata que ao final grava unhas cintas de voz, nas que explica todo o que a levou a facelo.

Definitivamente non podo imaxinar o difícil que pode chegar a ser, soportar tanta presión e impotencia como miles de persoas soportan todos os días. Tampouco podo explicar o que significa realmente ter un pensamento suicida, porque nunca os tiven. Pero nunca é tarde para sufrir unha depresión que termine mal. Para todos os que necesiten un consello, un apoio ou un abrazo simplemente, podedes chamar aos teléfonos de axuda que están a disposición de calquera. Recordade que sempre hai solucións para as cousas máis complicadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario