Esta é a historia dunha das familias que vivían alí, a familia Rodríguez, formada por dous nenos de 11 e 13 anos, e os seus pais. Eles sempre tiveran moi bo trato con Loli, unha vella señora que vivía soa había moito.
Certo día comezaron a suceder cousas moi estrañas na casa da familia. Pola noite, no cuarto dos nenos oíase unha terceira respiración, non sabían de onde viña.
Durante o día, cando estaban todos no comedor ou na sala de estar, escoitábanse pasos no piso de enriba, pero nunca atopaban nada.
As cousas comezaron a empeorar cando a familia espertaba con cortes nos brazos ou na cara, excepto o pai, el nunca tiña ningunha ferida. Ata que un día, pola mañá, o fillo menor apareceu morto.
A señora Loli e todos os veciños axudábanlles en todo o que podían.
Cando pensaban que a situación non podía ir a peor, o segundo fillo quedou tamén sen vida. E en cuestión de semanas soamente quedaba o pai.
Uns días máis tarde, a señora Loli chamou á porta, e o pai como de costume recibiuna encantado. Sentíase bastante só e agradecía algo de compañía.
Sentados no comedor, viu que a anciá acercaba a man cara a el, dunha maneira estraña. Ela comezou a rir, e díxolle que o quería só para ela. Totalmente ida acercouse á súa orella e díxolle que ninguén se interpoñería entre eles dous, e que ela aseguraríase de que fose así...
Ningún comentario:
Publicar un comentario