martes, 3 de novembro de 2020

Os xogos da mente, Susana González Aller (1º Bacharelato B)

As supersticións, poden chegar a poñer en risco a vida dos que cren nelas? Dende hai anos e anos, a nosa sociedade viuse influenciada por distintas crenzas e rituais dos que normalmente non temos información de como comezaron a propagarse. Centrándome na miña situación, son galega, e veño dunha terra marcada polas meigas e a maxia. Non obstante, todas as culturas son ricas neste tipo de rituais. 

Todos temos un coñecido que nunca pasa por debaixo dunha escaleira ou que non pode ver pasar un gato negro pero, ata que punto pode chegar a limitarnos este tipo de accións? Segundo os psicólogos, levar a cabo estas manías reduce a ansiedade e proporciona unha gran sensación de control a aqueles que as realizan. Aínda que pode chegar a ser prexudicial e ser a superstición a que nos controle a nós. Como claro exemplo disto, temos o número 13 e a súa maldición. Moitos dos hoteis nos que nos aloxamos non teñen planta trece, debido á presión social á que se viu afectada esta cifra. Os hoteleiros ou liñas aéreas que prescinden deste número prefiren non obter eses ingresos e seguir transmitindo esa superstición ás próximas xeracións. Ese é o punto que non debemos superar. 

En definitiva, nunha sociedade como a de hoxe en día, non podemos seguir limitados por un simple número ou unha mínima chisca de sal que cae sobre o noso mantel. A mente é unha arma moi poderosa, que pode xogar connosco como ela queira. O destino está escrito, non o pode cambiar ningunha superstición

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO