Hai uns anos, nunha pequena cidade vivían un grupo de amigos. Eran cinco, tres nenas e dous nenos, levaban xuntos dende parvuliños. Nuns días era Samaín e estaban desexando celebralo.
A cidade adoitaba facer unha festa cada ano, pero esta vez non tiñan lugar. Uns días antes, Brais, un dos nenos atopou unha casa abandonada no bosque. Comentoullo ao alcalde e fixeron a festa alí. Tiñan que ir todos disfrazados de cousas que deran medo.
Chegou o día, había disfraces que daban calafríos só con velos. Fixeron un concurso de disfraces, os finalistas eran impresionantes. Cando deu a media noite, os gañadores do concurso comezaron a ser demasiado realistas. Un monstro ao que lle xiraba a cabeza, un esqueleto medio descomposto, un home lobo louco...
A xente comezaba a asustarse, e
cando intentaron saír a porta cerrouse de golpe. Quedaron alí
dentro toda a noite, con monstros e meigas de verdade. Nunca se
soubo
máis
dos habitantes de esa cidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario