domingo, 15 de novembro de 2020

SAMAÍN: As voces do soto, Pablo Liste González (4º ESO A)


Daban as doce da noite dunha xélida noite de decembro cando Alberto e a súa irmá María escoitaron un gran grito que proviña do soto.

Tremendo coma o xunco verde os dous baixaron as escaleiras e non viron nada, aínda que por se acaso quedáronse a investigar, ata que súa nai os sorprendeu para abraio deles con outro grito aínda máis forte do que escoitaran que dicía:

-Ou volvedes durmir ou mañá non iredes ao parque de atraccións como tiñamos acordado-.

Ó día seguinte, cando estaban preparando todo para marchar, Alberto escoitou outra vez unha voz no soto, pero nesta ocasión o que dixo a voz deixou completamente aturdido a Alberto.

María que se deu conta, decidiu dicirlle aos seus pais que partiran cara o parque canto antes, para a seguridade de todos. Durante a estancia no parque, Alberto estivo moi calado e con calafríos constantes. María preguntoulle que escoitara alí abaixo el respondeulle:

-Non cho vou dicir, eu xa non me podo salvar, só é cuestión de tempo que veñan por min; pero quero que ti, mamá e papá esteades a salvo-.

Isto deixou en shock á súa irmá, que pensou que serían alucinacións e non lle deu moita importancia.

Pasou máis de medio ano, en concreto días despois do fin do curso escolar cando María viu que Alberto estaba falando só e dicindo palabras nun idioma descoñecido. Asustada decidiu avisar aos pais, pero escoitou unha voz que dicía:

-Se avisas a calquera persoa tamén virás con nós, ti decides-.

Entón decidiu calar e foi cando viu unha estraña luz de cor vermella que saía do soto, esta voz estaba a comunicarse con Alberto; totalmente posuído nese estraño idioma e foi cando Alberto baixou as escaleiras e a luz desprendeu un ruído enorme para desaparecer en segundos como se tragase o neno. Nese intre, María desmaiouse e nada volvería a ser coma antes.

27 anos despois, segue sen encontrarse a Alberto, a policía fixo múltiplas investigacións pero sen a axuda da súa irmá María era imposible recoller información. Dende ese fatídico día ela quedara muda e nunca se lle escoitara falar máis, aínda que os seus coidadores din que certas noites recupera a fala para dicir sempre o mesmo:

-Liberade as voces do sótano, non quero que lle pase a alguén o que lle pasou a Alberto...-.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...