Comezo por non culpar a miña xeración, máis ben debemos tentar cambiar a forma na que nos ensinaron as anteriores. Cada un terá uns ideais, dependendo da maneira na que nos criasen.
Hoxe en día destaca ante a cámara o tipo de pel impoluta, o corpo desenvolto e a vida perfecta que amosas ter, xa que, detrás dela contamos con humanos e todos temos problemas privados, alleos ao mundo social. Tal e como explica nunha conferencia a psicóloga Marian Xosé, as redes sociais pódense chegar a converter nunha "droga" para os principiantes que teñen grandes aspiracións nestas plataformas. Porén, cada vez, son máis os que queren adicarse a este mundo nun futuro. A vida só é unha e cada un está aquí por casualidade, endexamais ninguén imaxinaría estar onde está, rodeado de persoas da mesma especie, coas que te podes comunicar e expresar fronte a fronte, o bonito da vida é desfrutala, gardar recordos na memoria e algunha que outra foto para o almacenamento propio. Segundo isto, canto máis temos, menos o valoramos; coa chegada desta pandemia fomos capaces de recapacitar e decatarnos do imprescindible para ser felices.
Eu persoalmente recapacitei sobre a miña familia e o tempo que debería dedicarlles, como me comportaba con ela, dando por feito que sempre están, sen apreciar as pequenas cousas do día a día, e sobre todo, sen apreciarme a min mesma. Aceptarme un pouquiño máis, tal e como son, axudoume a desenvolver a miña expresión en público, antes introvertida e asustadiza e agora, entusiasmada por coñecer ideas e pensamentos novos, tratando de comprender a todo o mundo e ver onde podo encaixar. O mesmo problema de autoestima que tiven eu, teno a maior parte da poboación, causado en parte pola exposición divina do suposto canon perfecto de beleza. E por isto non digo quitar as redes sociais, senón inculcar a autenticidade e a diversidade física, cultural e a liberdade de expresión.
En relación ó tema da sociedade actual na que nos desenvolvemos, a cantidade de leas, ben sexa numerosa ou escasa, define inxustamente a unha persoa, emprego o termo definir polo simple feito de que xulgan a muller principalmente por un acto no que participan dúas persoas (nunha parella heterosexual que uso como exemplo). Xa de moi ceda idade contamos con charlas, dadas pola propia matrona do centro de saúde, nos insitutos para advertirnos e aconsellarnos, e así concienciar, dos riscos que ten practicar relacións sexuais sen métodos anticonceptivos, aos que temos fácil acceso, que á vez evitan infeccións por transmisión sexual, provocadas pola aparición dos "líos" dunha noite sen coñecer a persoa.
Desgrazadamente hai unha parte que relaciona o termo aborto con método anticonceptivo. No momento no que se intenta legalizar o aborto en ningún momento foi para este fin, máis ben é para non forzar a cambiar drasticamente a vida de mozas que sufriron agresións ou violación rematadas na concepción dunha criatura. Eu persoalmente estou a favor do aborto, xa que creo que as mulleres que recorren a este tipo de interrupción do embarazo non é porque queiran, senón por non poder chegar a coidalo por dificultades psíquicas (suposto terapéutico), falando de traumas en rapazas por x tipo de experiencia forzada (suposto criminolóxico), ou por malformacións no feto(suposto euxenésico).
É un proceso regulado pola lei dende o século pasado. Está legalizado sempre e cando sexa dentro das 12 semanas do embarazo. Non é un proceso para nada fácil nin agradábel, algúns considérano como unha matanza, pero nin o bebé nin a nai (que se atope nalgún destes tres supostos) teñen a culpa. Non calquera pode acceder, polo que repito, son casos excepcionais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario