martes, 28 de maio de 2024
luns, 27 de maio de 2024
domingo, 26 de maio de 2024
martes, 21 de maio de 2024
sábado, 18 de maio de 2024
ICEBERG, Mabel Martín Allegue (2º ESO A)
Morrín hai moitos anos, pero unha parte de min quedou aquí, para coidar a miña neta, chámase Sofía e ten sete anos. Cando soupen que ía ir en barco por primeira vez, dinme conta de que algo non andaba ben.
Pero xa era demasiado tarde, Sofía e a súa nai xa embarcaran nun barco con destino a New York que non chegaría a ningunha parte.
Sofía nunca vira antes o mar, ela nacera nun sitio fora de perigo, nun sitio de interior. Nada máis embarcar a nai de Sofía estaba desfacendo as maletas mentres a nena corría corredor por corredor todo o barco na cuberta, vendo o mar...
Era a primeira vez que o vía, rompendo contra o barco, a brisa impactando contra a súa cara e o sol que se ía poñendo lentamente.
Sofía ía en segunda clase. O que tiña non era precisamente o mellor, pero algo tiña. Aquela tarde sentinme mal, por min, por Sofía e pola súa nai, tiña unha visión de futuro moi mala e non todos poderían salvarse.
Pero Sofía non sabía nada, ela era unha alma inocente, non tiña idea das cousas horribles que estaba por vivir. Simplemente ría e corría polo barco adiante como se fose o mellor día da súa vida.
Eu vía dende arriba, esperando aquel momento que acontecería tan axiña que non daría tempo nin a reaccionar. Esa tarde Sofía ceou coa súa nai, nun restaurante de segunda clase vendo os ricachóns que durmían entre billetes camiñando ata a sala de fumadores. A fumar e falar. Un luxo que non podían alcanzar, pero eles non me tiñan a min. Non tiñan unha alma protectora. Sofía si que a tiña aínda que fose de segunda.
Pola noite uns durmirían, os do servizo limparían e outros con máis cartos xogarían fortunas na sala de pócker. A nai de Sofía mandou a nena para durmir ao camarote. Eu púxenme aos pés da súa cama, flotando sobre as mantas, Sofía durmía, a súa nai tamén. O camarote estaba en silencio, só se escoitaba o son das ondas que impactaban contra o Titanic, na planta de arriba os fumadores fumaban e os xogadores perdían fortunas, estarían así toda a noite, estarían porque esa noite non ía ser como calquera outra, esa noite pasarían cousas que cambiarían a mente de Sofía para sempre. Ás once da noite tentei salvar a Sofía, quixen penetrar no seu subconsciente, facer que tivera un pesadelo e así espertala. Para que fuxa, para que lle dea tempo a salvar a súa vida. Unha vez Sofía espertou empezou a vomitar, a nai da nena levantouse para atendela, pero Sofía estaba afogando no seu propio vómito, a súa nai correu con ela en brazos ata a enfermería que estaba na parte de arriba do barco. Ás once e dez Sofía xa rematara de vomitar, estaba máis ou menos estabilizada e medicada. Eu sabía que se volvía agora para o camarote íase durmir e morrería coa sua nai.
Eu non podía abrir portas, nin facer cousas pero podía utilizar todas as miñas forzas para facela volver vomitar, así expulsando a medicación que era un anestesiante que a faría durmir o resto da noite. Ás once e media Sofía voltou estar estabilizada, agora estábanlle medindo a tensión. Sabía que faltaba pouco para a traxedia, so tiven que esperar uns minutos, cando todo estaba comezando, cando comezaban a mandar mensaxes de auxilio, pouco despois enteirouse a tripulación de que o barco chocara contra un iceberg, todo era pánico e xente berrando mentres o barco se levantaba cada vez máis, aínda que Sofía e a súa nai xa estaban arriba aínda lles quedaba traballo por facer. Nese momento xa levaban dous botes volcados no mar e os burgueses subindo para salvarse eles e tamén os seus cans de bolso que supoño que non sentirían as pernas. So tiña que facer algo rápido que parecera insignificante.
Unha corrente, unha onda, algo que achegase a barca cara ela. Algo que non era complicado se se facía correctamente, so tiña que usar a cabeza. Sabía facelo e fíxeno.
TEXTO CREATIVO DE MANUELA DÍAZ REAL (2º ESO A)
Debuxo de Manuela Díaz Real |
Deseño de Manuela Díaz Real |
Debuxo de Manuela Díaz Real |
xoves, 16 de maio de 2024
xoves, 9 de maio de 2024
mércores, 8 de maio de 2024
Xoguetes para un tempo prohibido de Carlos Casares, recensión de Elisa Blanco Rodríguez (1º Bach B)
Xoguetes para un tempo prohibido é unha obra de Carlos Casares que conta a historia de Elías, un neno con ilusións e soños en finais do século XX.
O espazo desta novela transcorre nunha Compostela durante os anos da Posguerra. Esta obra foi publicada pola editorial Galaxia no 1975. Tivo moita repercusión no seu lanzamento e gañou numerosos premios (Premio Galaxia de Novela e Premio de la Crítica española). E hoxe en día, conta con dez edicións na Editorial Galaxia.
Carlos Casares escribe este libro dunha forma moi peculiar, xa que, aínda que os medios a cataloguen coma unha novela, tanto a distribución coma a extensión non son propias dunha novela como tal. O autor conta o transcurso da vida do noso protagonista a través de parágrafos de forma sucesiva. Non ten capítulos.
Esta novela está escrita nun galego algo complexo en certas partes para a xente da nosa idade. De todas formas, contén frases que dan que pensar. Coma por exemplo: “Raramente o amor de onte se volve a chamar cos mesmos nomes”.
Carlos Casares escribe este libro en segunda persoa e fala sobre o paso da xuventude á idade adulta. É certo que a obra se centra máis na época de instituto do protagonista contando as relacións que tivo, as festas... E todas esas cousas que ten a adolescencia. Pero tamén se fai saber o baleiro que ten o personaxe principal a través de certas frases como, por exemplo, a seguinte: “A aquela altura, ¿a quen lle interesaba a fuga aberta do teu discurso roto?”
Nese momento, Elías desfógase cunha reflexión sobre os seus pensamentos. E, a pregunta retórica dese fragmento, quero dicir que me encantou.
Eu, sempre que leo, rematan namorándome todas as oracións cun trasfondo complicado para o personaxe, dado que son as máis duras e mesmo por iso as que máis fan a sentir ao lector.
Volvendo ao libro, quero informarvos de que é un libro curto: conta con 113 páxinas. A medida que transcorre a historia, ao mesmo tempo que o protagonista crece e evoluciona, o vocabulario vaise complicando un pouco. E ademais de tratar en primeiro lugar a historia de Elías, o autor tamén fai referencia a varios autores (esta información inclúese ao final do libro).
E para rematar, cómpre dicir que aínda que teña un vocabulario distinto ao actual debido a época na que está escrito. Se che gustan as reflexións e ler un libro co que te poidas sentir identificado, dálle unha oportunidade a este libro curto de Carlos Casares.
martes, 7 de maio de 2024
A metamorfose de Franz Kafka, recensión de Gael Vizcaíno (1º Bach B)
luns, 6 de maio de 2024
A memoria da choiva de Pedro Feijoo, recensión de Valentina Rossel Paredes (1º Bach B)
A trama transcorre principalmente en Santiago de Compostela, onde o personaxe principal Aquiles Vega e o seu amigo Andrés Casaperda investigan o asasinato de Xosé Carneiro, un coñecido psicanalista,
Aquiles é un xornalista que foi despedido do xornal El País por unha polémica publicación nas redes sociais que lle custaría non só o seu traballo senón tamén a súa reputación. Pola súa banda, Andrés Casaperda é inspector da policía de Santiago de Compostela.
Este crime resultaría só o primeiro de moitos asasinatos, todos eles relacionados entre si. O lugar do crime chamou moito a atención por dúas cousas, a primeira foi a brutalidade coa que se levou a cabo o homicidio e a segunda a particularidade das circunstancias e o feito de que a vítima, Xosé Carneiro, tiña o peito aberto en canal e un gran cravo de ferro clavado no seu corazón.
Cando Aquiles visita á súa nai, que padece de alzheimer, descobre grazas a ela e á súa coidadora que este asasinato está directamente relacionado cuns versos de Rosalía de Castro. Foi por iso que Aquiles intrigado e desconcertado decidiu visitar a profesora Sofía Deneb, experta en Rosalía, en busca de consellos e respostas. Esta descarta que o crime poida estar relacionado coa obra de Rosalía. Un día despois Penélope Santalla, unha alumna da vida de Rosalía, aparece morta na súa bañeira co peito aberto en auga sanguenta e Aquiles descobre uns versos de Rosalía escritos no espello, polo que Aquiles e o inspector Casaperda foron levados a relatar os dous crimes.
Este mesmo día a profesora Sofía recibe unha mensaxe dun tal Adriano co poema Bos amores, Sofía afirma que é o nome do fillo de Rosalía que morreu de neno. Agora si Sofía e Aquiles están de acordo e comezan a traballar xuntos nesta investigación.
Xuntos viaxan a Padrón, a casa da infancia de Rosalía, para investigar a Casa da matanza, alí atopan un xornal escrito por Xosé Carneiro no que dicía que Rosalía tiña tendencias suicidas. A relación entre as mortes e a obra poética do outro semella evidente con algún tipo de vinganza. Aquiles está convencido de que estas mortes son obra dalgún descendente ou matrimonio de Rosalía e Manuel Murguía, co que Sofía non está de acordo.
Ambos viaxan á Coruña xa que a policía lles dixo que dende alí os mandaron os correos que recibiu Sofía e despois van a Vigo para falar cun vello profesor de Sofía que tamén é experto na vida de Rosalía. Alí descobren que Gala, a filla de Rosalía, é supostamente a súa última descendente. Pouco despois policía recibe outro correo eléctronico e descobre que se envía dende a sede da Real Academia Galega. A partir de aquí producíronse secuencias de asasinatos de persoas relacionadas co estudo de Rosalía.
Aquiles e Sofía viaxan a Pastoriza onde contacta con Ariel. Conféselles que tivo un fillo chamado Xacobo que resulta ser o pseudónimo de Adriano. Xacobo ou Adriano, despois de esconderse e escoitar a conversa, mata a Ariel e despois ataca a Sofía. Aquiles regresa a Padrón, á casa museo de Rosalía co obxectivo de descubrir a identidade do asasino. Alí recíbeo Tino e atópase con Diego Castro, o director do museo morto e que foi golpeado por Tino xusto despois. Tino dille a Adriano que o seu verdadeiro nome é Valentín. Cando Aquiles é liberado , vai rescatar a Sofía, que está a piques de morrer afogada.
Meses despois, Aquiles recupera o seu traballo e Sofía dá clases en Barcelona. Cando todo parecía ir con normalidade, Aquiles recibe unha chamada de Tino, do que nunca se volveu saber.
Persoalmente gustoume demasiado porque me pareceu interesante e tamén porque son unha gran amante das películas e novelas policiais.
domingo, 5 de maio de 2024
sábado, 4 de maio de 2024
Agosto do 36 de Xosé Fernández Ferreiro , recensión de Duarte Freijo Fernández (1º Bach A)
Gregorio, coñecedor da súa situación, fuxiu á serra, sendo Sara a que lle proporcionaba os recursos que precisase. Ela foi avisada varias veces de que entregara o seu marido, pero ante a negativa desta, levárona con eles. Levárona á aldea da Touza, onde xa non vivía ninguén, e tivérona durante cinco días con eles, someténdoa a verdadeiras torturas. Tíñana atada a un carballo baixo o sol, en pleno agosto, e falaron en múltiplas ocasións de fodela, pero nunca o chegaron a facer. Como Gregorio non aparecía, ao quinto día, Manuel, que noutro momento estivera namorada dela, apuntou co seu fusil ao seu brazo e disparou, e despois dun instante de incredulidade seguírono os outros. Cada vez a zonas máis sensibles, ata que a pobre mestra caeu morta. Os homes fuxiron entón da Touza, e, mentres marchaban, Manuel encontrou a Gregorio morto entre uns fentos.
Agora vou facer unha pequena valoración persoal. Considero que o libro non é fácil de ler, porque hai varias situacións que son certamente desagradables. Unha delas é evidentemente a escena na que se conta como asasinan a Sara, xa que o autor pon moito esmero en describila, do mesmo xeito que cando describe o seu aspecto despois de cinco días ao sol atada á árbore. O autor tampouco ten ningún interese por facer uso de léxico sexual que se podería considerar indebido, como é o caso de foder, “leite”, cascala...
Tamén me gustaría facer unha mención ao narrador, que ao principio vese que é algún habitante de Abades, pero ben é certo que co transcorrer da historia vaise transformando nun narrador omnisciente, xa que en múltiplas ocasións relata os soños de Sara e os seus pensamentos, entre moitas outras cousas.
En resumo, o libro paréceme que, se ben é difícil de ler, tamén conta experiencias das que houbo moitas similares durante a guerra, que nunca están de máis coñecer para ser conscientes de saber a sorte que temos por vivir na época que nos tocou vivir.
xoves, 2 de maio de 2024
mércores, 1 de maio de 2024
-
Tres catorce dezaseis é unha novela da autora ceense Rocío Leira Castro, coa que chegou a ser finalista na última edición dos premios Jules...
-
Made in Galiza é un libro de relatos curtos escrito por Séchu Sende. Séchu Sende é un escritor licenciado en Filoloxía Galega coñecido tamé...
-
Para introducir o tema do Agrarismo e da poesía cívica de comezos do século XX, escoitamos este poema de Ramón Cabanillas versionada por Na...