luns, 6 de maio de 2024

A memoria da choiva de Pedro Feijoo, recensión de Valentina Rossel Paredes (1º Bach B)

A novela A memoria da choiva de Pedro Feijoo é unha novela policial escrita en galego, que foi publicada en 2013 pola editorial Xerais de Galicia.

A trama transcorre principalmente en Santiago de Compostela, onde o personaxe principal Aquiles Vega e o seu amigo Andrés Casaperda investigan o asasinato de Xosé Carneiro, un coñecido psicanalista,

Aquiles é un xornalista que foi despedido do xornal El País por unha polémica publicación nas redes sociais que lle custaría non só o seu traballo senón tamén a súa reputación. Pola súa banda, Andrés Casaperda é inspector da policía de Santiago de Compostela.

Este crime resultaría só o primeiro de moitos asasinatos, todos eles relacionados entre si. O lugar do crime chamou moito a atención por dúas cousas, a primeira foi a brutalidade coa que se levou a cabo o homicidio e a segunda a particularidade das circunstancias e o feito de que a vítima, Xosé Carneiro, tiña o peito aberto en canal e un gran cravo de ferro clavado no seu corazón.

Cando Aquiles visita á súa nai, que padece de alzheimer, descobre grazas a ela e á súa coidadora que este asasinato está directamente relacionado cuns versos de Rosalía de Castro. Foi por iso que Aquiles intrigado e desconcertado decidiu visitar a profesora Sofía Deneb, experta en Rosalía, en busca de consellos e respostas. Esta descarta que o crime poida estar relacionado coa obra de Rosalía. Un día despois Penélope Santalla, unha alumna da vida de Rosalía, aparece morta na súa bañeira co peito aberto en auga sanguenta e Aquiles descobre uns versos de Rosalía escritos no espello, polo que Aquiles e o inspector Casaperda foron levados a relatar os dous crimes.

Este mesmo día a profesora Sofía recibe unha mensaxe dun tal Adriano co poema Bos amores, Sofía afirma que é o nome do fillo de Rosalía que morreu de neno. Agora si Sofía e Aquiles están de acordo e comezan a traballar xuntos nesta investigación.

Xuntos viaxan a Padrón, a casa da infancia de Rosalía, para investigar a Casa da matanza, alí atopan un xornal escrito por Xosé Carneiro no que dicía que Rosalía tiña tendencias suicidas. A relación entre as mortes e a obra poética do outro semella evidente con algún tipo de vinganza. Aquiles está convencido de que estas mortes son obra dalgún descendente ou matrimonio de Rosalía e Manuel Murguía, co que Sofía non está de acordo.

Ambos viaxan á Coruña xa que a policía lles dixo que dende alí os mandaron os correos que recibiu Sofía e despois van a Vigo para falar cun vello profesor de Sofía que tamén é experto na vida de Rosalía. Alí descobren que Gala, a filla de Rosalía, é supostamente a súa última descendente. Pouco despois policía recibe outro correo eléctronico e descobre que se envía dende a sede da Real Academia Galega. A partir de aquí producíronse secuencias de asasinatos de persoas relacionadas co estudo de Rosalía.

Aquiles e Sofía viaxan a Pastoriza onde contacta con Ariel. Conféselles que tivo un fillo chamado Xacobo que resulta ser o pseudónimo de Adriano. Xacobo ou Adriano, despois de esconderse e escoitar a conversa, mata a Ariel e despois ataca a Sofía. Aquiles regresa a Padrón, á casa museo de Rosalía co obxectivo de descubrir a identidade do asasino. Alí recíbeo Tino e atópase con Diego Castro, o director do museo morto e que foi golpeado por Tino xusto despois. Tino dille a Adriano que o seu verdadeiro nome é Valentín. Cando Aquiles é liberado , vai rescatar a Sofía, que está a piques de morrer afogada.

Meses despois, Aquiles recupera o seu traballo e Sofía dá clases en Barcelona. Cando todo parecía ir con normalidade, Aquiles recibe unha chamada de Tino, do que nunca se volveu saber.

Persoalmente gustoume demasiado porque me pareceu interesante e tamén porque son unha gran amante das películas e novelas policiais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...