luns, 22 de marzo de 2021
martes, 16 de marzo de 2021
A memoria da choiva de Pedro Feijoo, Uxía Mosconi Lew (1º Bach C)
Centrándose como referencia en todo momento na figura de Rosalía de Castro, onde os lugares collen unha especial importancia.
Pedro Feijoo naceu en Vigo en 1975, licenciado en Filoloxía Galega na facultade de Santiago. Ao longo dos últimos anos exerceu profesionalmente como compositor e produtor. Coa súa primeira novela, Los hijos del mar.
RECESIÓNS CRÍTICAS
Suso de Toro, ProTexta
“Estamos ante unha obra de lectura moi recomendable para todos os amantes da novela negra, de intriga e de acción. Unha novela que nos chega da man dun autor galego, vigués, que se sitúa co seu novo libro nos primeiros postos dos grandes NOMES da literatura en galego. Moi, moi recomendable.”
Armando Requeixo, Faro da Cultura de Faro de Vigo
TRAMA
Esta novela trata principalmente na investigación dunha serie de asasinatos relacionados con Rosalía de Castro na Compostela dos nosos días, facendo fincapé no seu lado escuro, datos descoñecidos da biografía dela.
O primeiro foi o de Xosé Carneiro, un coñecido psicanalista e colabolador televisivo, ao que atopou a súa paciente co peito aberto e unha peza de ferro estacada no corazón. Isto sorprendeu a Aquiles Vega, quen estaba ao tanto da investigación xunto co seu compañeiro Andrés.
Aquiles exercía de xornalista ata que o botaron do xornal o País tras a publicación en Twitter dunhas declaracións exclusivas de Mariano Rajoy.
Pola outra banda, o seu amigo Andrés era policía, e chamouno para que lle axudase co caso da Rúa República do Salvador.
Ao día seguinte aparece morta; Penélope Santalla, tamén co tronco e o abdome aberto. Ela tamén estaba relacionada estreitamente coa autora.
O asasino deixa en ambas vítimas uns versos que, grazas a Xoaquina, Aquiles decátase de que son de Rosalía e os homicidios comezan a cobrar sentido, tendo un posible móbil, seguindo a pista dos versos e os correos que lle chegan a Sofía, profesora de literatura encargada da exposición do aniversario dos 150 anos de cantares gallegos.
Seguindo o fío, cada sospeitoso que tiñan aparecía morto, quedando sen respostas e aínda máis dúbidas acerca do verdadeiro culpable.
PERSONAXES
Principais
Aquiles Vega, xornalista convertido en investigador
Sofía Deneb, profesora de literatura que axuda na investigación grazas aos seus coñecementos sobre Rosalía
Tino, Xacobe Adriano, o conserxe e asasino
Secundarios:
-Andrés Casaperda: investigador policial, quen chama a Aquiles para pedirlle a súa opinión acerca do caso.
-Xoaquina: coidadora da nai de Aquiles. Grazas a ela relacionáronse os versos atopados nas escenas do crímen sendo pertencentes aos das obras de Rosalía de Castro.
-Xosé Carneiro, Penélope Santalla, Diego Castro e Ariel Pan: vítimas
luns, 15 de marzo de 2021
Aire negro de Agustín Fernández Paz, Manuel Rodríguez Suárez (1º Bach C)
O doutor conseguirá que Laura lembre todo o que lle pasou nos meses
anteriores, cando unha sombra escura parecía ameazar a súa vida. Pero
Victor non podía imaxinar que estaban abrindo a porta. Debaixo da superficie tranquilizadora da vida,
os terrores máis profundos agardan a ocasión adecuada para destruírnos.
Pareceume un libro moi doado de ler. Aínda que ao comezo da historia é verdade
que non chama moito a atención, a medida que vas entrando no nó da historia éntranche
ganas de seguir lendo e non parar.
Para o meu gusto faría un final distinto, pois para min está pouco elaborado para como está a historia. En lugar dun final aberto pois acabar cunha historia paralela a principal, que lle daría un toque de maior complexidade para o meu punto de ver.
mércores, 10 de marzo de 2021
Scórpio de Ricardo Carvalho Calero, Darío Francos Rial (1º Bacharelato B)
Ricardo, orixinario de Ferrol (1910-1990) licenciouse na Universidade de Santiago para, máis adiante, formar parte do movemento galeguista. Polos seus ideais separatistas condenóuselle a 12 anos de cárcere, aínda que non cumpriu toda a súa condena.
Tamén formou parte da Real Academia Galega dende o ano 1958.
Scórpio redactouse en 1987, nos últimos anos de vida do autor. Esta novela sitúase cronoloxicamente durante a etapa da derrota da II República, que dará lugar á Guerra Civil.
Scórpio, o protagonista, pódese considerar como a “figura do Don Juan” pola súa maña na seducción das distintas mulleres da historia. Tamén se lle atribúe un certo carácter autobiográfico por algunhas narracións que fan referencia á vida do propio autor.
A estrutura do libro seméllase moito ás das novelas epistolares, xa que está composta por multitude de pequenos capítulos narrados por diferentes personaxes, o que aporta diferentes puntos de vista.
O argumento de Scórpio (sen spoilers):
Rafael, alcumado Scórpio polo seu signo do zodíaco, é adoptado por unha familia adiñeirada, veciña del, tras a morte da súa nai.
Co paso do tempo, tras rematar a súa carreira xunto co seu amigo “Sagitário”, ou Jorge, a trama chega ata un dos temas principais, o namoramento de Scórpio, o nacemento do seu fillo… que se desenvolverá durante a guerra, o que o incomunicará coa súa familia ata o seu regreso, e a aparición de Salgueiro, personaxe polo cal descubriremos a desaparición de Rafael tras un bombardeo.
Opinión
persoal: sinceramente, o libro resultoume bastante complexo (xa que
o libro redactouse en galego reintegrado, que é bastante similar ao
portugués) e que ao comezo non acaba de comprender que, os nomes dos
capítulos eran os distintos narradores. Ainda así, una vez te afás
ao galego reintegrado, non a considero imposible. A trama tampouco me
resultou tan sinxela como pensaba polos cambios de narrador, polo
que considero que esta non é unha novela para todo o mundo xa que
pode chegar a resultar pesada para os lectores pouco habituados a estas historias.
martes, 2 de marzo de 2021
A cámara de sangue e outros relatos, recensión de Daniel Seara Cortés (4º ESO A)
O relato principal fala dunha moza de 17 anos que casa cun marqués, ela está parcialmente obrigada, xa que o motivo do seu casamento non é moral, se non económico. O marqués é un home ocupado con asuntos que atender e, cando vai nunha viaxe por negocios a moza decide investigar a mansión na que viven máis a fondo. Alí descobre unha pequena caseta moi vella e malcoidada, nela averigua a verdade do marqués. Por razóns obvias omitirei esta parte e os sucesos que ocorrerán despois da resolución da muller para permitir ao lector deleitarse máis coa novela. Por non resumir as outras 9 novelas direivos máis ou menos o xénero e a temática xeral; é moi abudante o uso de personificacións nos relatos, xa que se pode apreciar a cualidade de poder falar nos animais dos relatos. A trama principal é o amor ou está indirectamente relacionado con el. Todos teñen unha parte de fantasía e misterio que achega ao lector a interesarse polo final do relato. Ademais, como xa comentei con anterioridade, algúns deles teñen un toque divertido, xa que remodelan contos como “A carapuchiña vermella” dándolles un toque humorístico e facendo que perda un pouco o sentido da historia.
Este foi o libro máis popular e recoñecido de Ángela Carter. Dende o meu punto de vista, este libro é moi peculiar, non só pola división en dez relatos na que está formado, senón que tamén chama moito a atención o seu contido. Parecenme historias moi innovadoras e creativas, cunha temática pouco utilizada, a verdade é que o libro gustoume por momentos, un determinado número de novelas eran extremadamente entretidas, como foron “A cámara do sangue”, “O gato con botas”, “Lobisalbo”, entre outros. Por desgraza, para o meu gusto, outra serie de relatos non captaron tanto a miña atención.
En defensa do libro hei dicir que isto é maioritariamente bo xa que en caso de que un relato non atraia a atención do lector quedarían outros 9 cun espazo, tema, personaxes e historia completamente diferentes.
Recomendaría este libro a todo aquel ao que lle guste pasar un bo anaco imaxinando historias fantásticas, sendo atraído pola linguaxe e cultura da autora e queira poder ver os contos míticos que se lían de pequeno cun toque máis adulto, cómico e remodelado.
O neno do pixama de raias de John Boyne, recensión de Saray Cañás (1º Bach C)
Debutou como novelista con El ladrón del tiempo e a novela que lle concedeu a fama internacional foi O neno do pixama de raias traducida a máis de corenta idiomas e da que se venderon cinco millóns de exemplares. Foi gañadora de dous Irish Book Awards e finalista do British Book Award, foi levada ao cine no 2008.
Tamén escribiu numerosas obras como El ladrón de tiempo, El secreto de Gaudlin Hall, En el corazón del bosque.
Esta novela está ambientada na Alemaña nazi, no campo de concentración máis coñecido durante a 2º Guerra Mundial, o de Auschwirtz. Nunha época de represión contra os xudeus.
É a historia dun neno de nove anos chamado Bruno que descoñece o significado do Holocausto á caída da Alemania nazi no 1945. Non entende todo o que pasa ao seu redor no campo de concentración de Auschwitz.
O único que sabe é que o seu pai ascendeu no seu traballo e por iso teñen que mudar de casa. O que non sabe é que o seu pai é comandante nun centro de concentración.
Unha tarde explorando pola zona coñece a Shmul, que é un neno que esta ao outro lado da aramada no centro de concentración. Viste un pixama de raias como todos os que alí habitan. Entre eles fan unha gran amizade e Bruno fai todo o posible para colarse pola alambrada para poder axudalo, sen pensar nas consecuencias.
Bruno, o neno de nove anos que é o protagonista da historia. Era moi inocente pero tamén moi intrépido e curioso.
Shmuel: é un neno xudeu de nove anos que está no centro de concentración e co que Bruno enlaza unha gran amizade. Ao contrario de Bruno non era nada inocente e sabía moi ben o que lle podía pasar.
A min este libro encantoume e xa o collín porque xa sabía que me ía gustar debido a que me interesa moito ler sobre este tipo de temas dos xudeus e das guerras. De feito un dos meus libros favoritos é o de Ana Frank e ata fun visitar a súa casa en Amsterdam hai poucos anos. Gústanme tanto porque me dan moita pena todas as penurias que tiveron que pasar e tanto sufrimento xunto. E ao lelo como que vives moi de cerca os sentimentos que vai tendo cada personaxe e por todo o que teñen que pasar nesa historia, ademais a maioría desas cousas pasaron na realidade non hai tantos anos e claro chegas a pensar que che puidera pasar a ti ou a túa familia e como que che chama máis a atención lelo de feito a min engánchanme demasiado e cada capítulo que vai pasando danme moita máis intriga.
A cabeza da medusa de Marilar Aleixandre, recensión de Lucía Vecino (4º ESO A)
O libro centrase principalmente no que acontece despois deste suceso, como as rapazas teñen que enfrontarse á decisión de levar a cabo unha denuncia ou esquecer o sucedido, coas correspondentes consecuencias que calquera das dúas opcións poden xerar, aos prexuízos sociais que poden sufrir, pero sobre todo a elas mesmas, sendo vítimas constantes dos seus propios pensamentos, xulgándose a si mesmas e as súas accións, sen poder botar da súa mente aquela fatídica noite, crendo que nunca ían poder ter unha vida normal, e moitas veces chegando a pensar que tal vez elas mesmas tiveron algo de culpa e que outras persoas as ían a rexeitar polo acontecido.
As protagonistas da novela son as rapazas que sofren a violación, Sofía e Lupe, tendo a primeira un pouco máis de protagonismo.
Sofía é o personaxe máis completo do relato, a novela nárrase, con pequenas excepcións, dende o seu punto de vista. Ela é vítima dunha violación, pero a súa actitude serve de exemplo; non quere que os demais a traten diferente ou lle teñan compaixón e persegue a maneira de vivir aceptando a realidade do sucedido e tratando de saír adiante. Por sorte conta co apoio de toda a súa familia, sobre todo o de a súa nai que é enfermeira.
Por outro lado a familia de Lupe ten outro modo de conducir o feito e ao inicio opoñíanse a presentar unha denuncia. Lupe demostra como cada persoa pode ter unha reacción diferente a un feito coma este, que nunca hai unha pauta fixa na forma que as vítimas teñen de afrontar o suceso. Hai outros cantos personaxes secundarios interesantes, pero un que é de moita importancia é Rubén, un mozo de clase que gustaba de Sofía e que se preocupa moito por ela e a axuda a superar pouco a pouco a violación.
O título da obra é A cabeza de Medusa, xa que na novela hai moitas referencias a esta figura da mitoloxía grega, que foi violada por un deus no templo de Atenea e é castigada por esta a converterse nun ser de cabelos de serpes ao que a xente non podía mirar aos ollos sen converterse en pedra, e que rematou sendo asasinada polo heroe Perseo e usada como arma, e fanse moitos paralelismos entre a situación desta coa situación das protagonistas. No principio de cada capítulo pódense ler fragmentos de diferentes libros como Metamorfoses de Ovidio, apartados da Biblia, A filla do mar de Rosalía de Castro entre outros libros de autores como Sigmund Freud, todos estes fragmentos narran situacións relacionadas coas violacións ou problemas similares dalgunhas mulleres.
A novela foi publicada no ano 2008 pola editorial Xerais, conta con 226 páxinas, o que inclúen uns poucos debuxos de pinturas e esculturas de Medusa, organizadas en tres partes compostas por dezaseis capítulos en total, e un epílogo. Este libro recibiu o Premio Fundación Caixa Galicia.
A autora da novela é Marilar Aleixandre, que naceu no ano 1947, é profesora, escritora e tradutora. Nas súas obras emprega maioritariamente o galego. Empezou a escribir mentres se atopaba na facultade e tardou bastante en publicar a súa primeira novela, que foi un conto infantil titulado A formiga coxa. Ten tanto novelas orientadas ao publico infantil coma xuvenil e adulto.
Esta novela aborda un tema moi importante hoxe en día, as violacións e as consecuencias que estas supoñen para as vítimas e o seu contorno, e sobre todo o importante que é o mensaxe de que a persoa abusada nunca é culpable, nin por andar fora de noite, nin pola roupa que leve, nin se vai bébeda ou non, etc. A culpa sempre é do agresor. Hoxe en día en España non se sofren case violacións ou abusos en comparación a outros países, pero segue sendo moi importante manter isto e intentar reducir o número ata un punto marxinal, xa que desgrazadamente este tipo de cousas nunca se van poder evitar no cen por cento dos casos. Tamén é moi importante crear una sociedade que sexa consciente desta realidade, que axude as vítimas e castigue os agresores, a maioría da xente de hoxe pensa e comprende a realidade desta forma, pero segue habendo xente, e non pouca, que culpa a vítima por diversos motivos, aínda que este tipo de ideas soen ser de persoas de avanzada idade que viviron noutras épocas é importante que a sociedade avance e este tipo de pensamento diminúa o máximo posible.
Outro punto interesante da novela e que trata as violacións cometidas por familiares e como estas son moi difíciles de levar debido a que implican moitos ámbitos da vida dos afectados, e son moi difíciles de denunciar, sa sexa por presión e ameazas da familia, por vergoña ou por outros moitos motivos. Paréceme importante que se trate esta situación xa que cando imaxinamos unha violación soemos pensar nunha situación parecida á que sufriron as protagonistas, uns descoñecidos, pola noite, etc. Pero aínda que estes casos existen os casos máis comúns se dan por familiares ou dentro dunha parella.
Recomendo moito este libro, é rápido de ler, entretido e trata un problema co que moitas persoas, máis das que imaxinamos, teñen que lidar.
As horas roubadas de María Solar, recensión de Laura Novo González (4º ESO A)
As horas roubadas é unha obra ambientada na Galicia de 1979, anos antes da aprobación da Lei do divorcio. O tema desta obra é o amor, os segredos do pasado, e as diferentes historias de dúas familias que precisan cambiar.
Toda a historia comeza co vello Anselmo que morre cun papel na man que pon “Dime que me queres” e unha vella con perdas da memoria e acaba destapando unha pasional historia de amor entre Carme e Anselmo, que perdura no tempo. Agora dúas familias completamente distintas vanse unir por este segredo e moitas cousas van cambiar.
Nesta obra, a parte da principal, están ocultas outras historias de amor completamente diferentes. Nos fala de persoas que dominan a outras, coa escusa do amor, e persoas que se deixan ser dominadas sen ser conscientes e que cando se dan conta xa é tarde, ou historias onde a rutina mata ese amor que críamos que ía ser para sempre, como a de Antonio e Lola, que están á espera de que se aprobe a Lei do divorcio; tamén nos fala de adolescentes que descobren o amor, as traizóns e os desamores. Mediante todas estas relacións no medio da historia nos explica como era a sociedade e as novidades naquela época.
Os personaxes deste libro son totalmente diferentes entre si e cada quen vive o seu e afróntao como pode ou sabe, algúns de mellor maneira que outros. Todos os personaxes teñen unha historia propia e no tempo no que transcorre a historia todos se dan conta de que hai algúns aspectos da súa vida que non deberían permitir que fora así e queren cambialos, porque esta historia tamén nos explica que cando non facemos nada para cambiar as cousas algo que non esperamos pode facer que cambien completamente.
Esta novela tamén ten unha gran carga feminista e conta a independencia das mulleres e o difícil que era para moitas conseguilo, como no caso de Rosa que aínda que conseguira separarse de Damián, que a trataba case como escrava, non tería a onde ir porque non tiña nin casa nin traballo, estaba case obrigada a quedarse con el. No caso oposto estaba Lola unha muller independente e forte dende sempre, que o facía todo por si mesma. Nos conta o difícil que era para moitas saír deses estereotipos e prexuízos que quedaban da ditadura de Franco, e vivir a súa vida coa gran desigualdade que tiñan fronte aos homes.
A min este libro gustoume moito e enganchoume desde o primer momento. Pareceume moi interesante que dende a historia amorosa principal, a de Carme e Anselmo, houbera moitas más historias e tan diferente entre elas, ata triángulos amorosos como o que tiñan Ramóm, Roberto e Nuria. Sen dúbida recomendo este libro a todo aquel que lle gusten as novelas románticas, porque esta é a perfecta.
Iridium de Francisco Castro, recensión de Javier Lafuente (4º ESO A)
No comezo da historia introdúcese un pouco o que lle aconteceu a Iris, e coñecemos que sufriu un atropello que lle causou un traumatismo craneoencefálico. Despois de máis de 8 meses en coma, Iris esperta e comenza a falar da súa recuperación e da súa nova vida. Ademáis, fálase continuamente de dous mozos; Chechu, o seu exnovio, e Mario, o mozo do que está namorada.
Estes dous personaxes, vanse convertir nas persoas arredor das que xira a trama, e acaban tendo un conflito entre eles bastante difícil de solucionar que fai descubrir a Iris cousas do pasado que cambian completamente a súa forma de ver a Chechu.
Este libro gustoume moito, xa que trata o problema de Iris dunha forma moi clara e concisa, dicindo de forma literal o que pensa ou opina a protagonista. Ademáis, fai que o lector se poña na pel dos personaxes, e que reflexione ou pense que nos podería pasar o mesmo a calquera de nós.
O único que noto en falta son referencias ou descricións do lugar no que transcorre a acción, xa que eu polo menos non atopei ningunha en todo o relato e quizáis isto podería meternos aínda máis nos papeis.
Sen ningunha dúbida, recomendo este libro a todo o mundo, independientemente da súa idade, xa que penso que pode facer pasarnos un bo rato sen a necesidade de ter que ler moitas páxinas e ademáis facer que reflexionemos.
Os vellos non deben de namorarse de Castelao, recensión de Aaron Hermida (4º ESO A)
1)O boticario, que se chama Saturio, é un vello moi unido ás súas irmás e moi namoradizo, está namorado de Lela, unha moza, e pensa ata en casar con ela se as súas irmás lle deixaran, pero Lela está namorada doutro home, o Carabineiro, e quere casar con el, entón aparece a morte, unha persoaxe peculiar que advirte ó boticario de que tódolos vellos que se namoran de mozas acaban morrendo pouco despois. O Boticario sabe dos planes de Lela co Carabineiro, e a morte visítao para levalo con ela. Remata co enterro do boticario.
2) A historia trata dun home, Dn. Ramón, que se namora doutra moza pero esta queéelle quitar os seus bens e as súas terras, chámase Micaela, estao enganando, xa que ela ten un amante, o Portugués, e teñen planeado dividir os cartos gañados e logo casar eles, cando Dn. Ramón acode a unha das súas citas, bébedo cae e morre, neste lance axúdao a morrer O Sapo.
3) Os pais de Pimpinela están a convencela de que debe casar con o Sr. Fuco, un vello, pero con moitos cartos, e que se esqueza do mozo, xa que se casara co vello podería sacar a súa familia da pobreza, O Sr. Fuco pídelle o matrimonio e ela acepta, aínda que non moi convencida, xa que no fondo segue namorada do rapaz novo, pero tamén quere enriquecer a súa familia. O final o Sr. Fuco morre na cama; e Pimpinela chora xa que agora ten riquezas pero non as pode lucir xa que esta enloitada, e segue namorada do mozo.
luns, 1 de marzo de 2021
Ardalén de Miguelanxo Prado, recensión de Claudia Vidal Otero (1º Bach A)
Ardalén é un libro de banda deseñada escrita e debuxada por Miguelanxo Prado, autor coruñés.
A través de varias ilustracións Ardalén cóntanos unha historia que comeza nun bar de aldea, onde unha muller chamada Sabela pregunta por un home que emigrara a Cuba e seguía vivo, e algúns homes responden que Fidel, que vivía nas montañas e tiña emigrado aló.
Sabela comeza a reunirse con el todos os días, tratando de refrescar a súa memoria desordenada, ata que un día Fidel comeza a falar dunhas estrañas baleas que saen do bosque de eucaliptos cada vez que un vento chamado ardalén sopra, e Sabela comeza a sospeitar que o home non está san. Durante o resto da historia comezas a entender máis a Fidel e o que lle pasa, unha enfermidade que lle fai apropiarse de pensamentos e recordos doutras épocas e persoas a través dos libros que lera de mozo. A relación de Sabela con Fidel mellora cada vez, máis e cada vez están, tamén, máis unidos.
Ardalén é un libro que, segundo a miña opinión sabe tocar os sentimentos de todos aqueles con familiares maiores, e, sobre todo se estes sofren de problemas de memoria.
Este libro trata o tema da perda de memoria dun xeito único, e busca a maxia entre a que eu creo, é unha das peores enfermidades. Ardalén gustoume moito por ese motivo, atopa unha forma de relatar unha realidade común, non coma a maioría dos libros que eu lera, que se trataban este tema, era de xeito triste, senón que consegue relatalo dun xeito diferente, e, a través dunha historia preciosa axuda a entender a situación da xente enferma, a loita por recordar, o medo de seguir olvidando...
Por último gustaríame comentar que lendo este libro dáste conta da importancia que ten a familia, os veciños, o feito de sentirse querido cando ti xa es vello, e o importantes que son os recordos da xente que quixeches.
Ardalén, sen lugar a dúbidas é o libro de lectura obrigatoria que máis disfrutei durante todo o instituto, e, cando se poida tentarei mercalo.
Presentación de Criminal de Xurxo Borrazás, Sheila Villar Gómez
Estudou filoloxía inglesa e desde 1990 vive en Vigo. A súa narrativa é explícita e radical.
Xurxo é un dos escritores máis sobresaíntes da narrativa galega aparecida na última
década do século XX. A súa produción literaria comprende novelas como: Cabeza de
chorlito(1991),Eu é (1996),Contos malvados(1998),etc . En 2007 sete publicou o seu primer
ensai "Arte e parte".
Tamen escribíu Criminal, a obra máis laureada deste. Esta e a segunda novela del,
despois de Cabeza de chorlito. Sen embargo esta considerada unha das mellores obras
que define ao autor. En 1994 acadou o Premio da Crítica Española e, un ano depois, o San
Clemente de Lectores Novos.
Criminal nace a partir dun asasinato múltiple cometido no medio rural galego, unha historia
de ficción que Borrazás aproveita para reconstruír non tanto a historia dunha traxedia
persoal coma a traxectoria social dun mundo, nun espazo real que o mesmo autor coñece á
perfección.
Criminal é unha obra narrativa na que se narran como dixemos anteriormente, dun asasinato
multiple, onde un cadáver da persoa que empeza a narración. O inicio da historia só é o
engado que vai a atraer ao lector a novela de ficción. A visión de Borrazás non achega
coherencias senón distorsións intencionadas, e así a trama vaise liberar da súa
dependencia temporal e vaise disolver en fragmentos narrativos que se xustapoñen uns a
outros producindo un efecto de especialidade, de narración sincrónica na que os saltos
temporais quedan reducidos a un presente narrativo.
Deste xeito Criminal supón a escolla dun método narrativo que mina constantemente a
solidez das nosas concepcions intelectuais e mesmo a dos contidos explicitos na novela.
Según baixo a miña opinión sobre a obra , creo que Borrazás intentaba atraer ao lector
dunha forma na que non se esperarían o que ías ir lendo a medida que pasase a novela.
A min a obra persoalmente non me gustou.
A forma na que narra os asasinatos e como os introduce na novela persoalmente non me
gustaron.
Fahrenheit de Ray Bradbury, recensión de Juanjo Vila Trinidad (4º ESO A)
O seu autor Ray Bradbury, de nacionalidade americana, naceu no ano 1920 e morreu o 2012, e durante toda a súa vida foi considerado un dos principais representantes do crecente xénero literario da ciencia ficción, sendo Crónicas Marcianas, O Son dun Trono e mesmo Fahrenheit 451 unhas das súas máis recoñecidas novelas desta índole.
Sobre a obra en cuestión, a historia comeza presentando a Guy Montag, un bombeiro coma calquera outro do seu tempo, que vive tranquilamente tres séculos por diante da nosa data actual, máis cunha diferenza: os bombeiros traballan para queimar e non para apagar o lume. De aí o nome do relato, xa que 451 é o número de graos fahrenheit que son necesarios para que arda o papel dun libro, prohibidos polo goberno nesta época futura. Así, Montag dedícase a queimar libros e a calquera forma de rebelión contra a lei coma bombeiro apreziando o lume coma a cousa máis fermosa que existe, coma unha forma eterna de liberarse dos problemas dun mesmo.
Mais Montag coñece unha noite a unha moza chamada Clarisse, considerada unha antisocial polos demais por atoparse dentro das dimensións do que nós chamariamos social, é dicir, intentando falar cos demais en vez de quedar calada por sempre, facendo preguntas e tendo curiosidade. É entonces cando Montag e Clarisse comezan a falar de vez en vez, mentres que o bombeiro vai descubrindo lentamente a situación na que se atopa o mundo e a súa falta personal de felicidade, grazas a que aprende a facerse preguntas a sí mesmo. Por isto, gradualmente Montag vai dándose conta de cousas que anteriormente lle causaban intraquilidade e da súa verdadeira impotancia, coma da ignorancia da súa muller, o malestar que lle provoca ser bombeiro e a gravidade deste traballo e de que a sociedade estase a matar a sí mesma física e mentalmente.
Pouco a pouco Montag dáse conta de que os bombeiros están a queimar a sabedoría do ser humano e incluso a seres humanos, que a xente despreocúpase pola súa vida ou por quen dirixe os países nos que viven e que se sente coma que non debe formar parte desa situación, asi que decide darse un descanso do seu abrasante traballo, e é durante este que comeza a ler.
Con anterioridade, Montag participara nun encargo no que el, o seu xefe Beatty e os seus demais compañeiros queimaran viva a unha anciá por negarse a abandonar a súa casa chea de libros, e desta biblioteca ilegal, o noso protagonista tomara certos libros para a súa consulta persoal sen que ninguén o soubese. Así pois, comezara a lelos na súa limitada privacidade no fogar descubrindo as ideas daqueles que viviran antes ca el e a fermosura do arte reflectida nas historias que contan as páxinas inertes dos infinitos libros. Mais durante este periodo de baixa laboral, o seu xefe vai visitalo dándolle a entender que Clarisse morrera (ou iso é o que Beatty supón) e, pensando que Montag está nunha época de reflexión sobre o seu traballo, explícalle sobre a orixe da distopía: no pasado, a xente non era feliz. Estaban sometidos á tristeza pola ofensa ou pola sensación de inferioridade. Así, foise eliminando calquera factor que fixese que alguén se puidese sentir inferior ou ofendido, e un dos máis problemáticos aspectos era a comunicación. Por iso, agora trátase de antisocial a quen fala porque podes semellar ter máis coñecementos e facer quedar como parvo a alguén, ou dicir algo que contrarie a calquera, e por esta misma razón quéimanse os libros. Ao ser unha gran fonte de desacordo, conter grandes cantidades de sabedoría ou se queira lembrar o traballo, considéranse un perigo para a felicidade.
Pero Montag no está de acordo con Beatty e continúa lendo, ata o punto de que a súa o esposa o sabe, e que contacta cun antigo doutor para que o axude agora que Clarisse non está, o profesor Faber. Este axuda ao desesperado bombeiro e coméntalle a súa historia, de como non foi o suficentemente valente para enfrontar a ignorancia, mais Montag acaba metendo a pata e a súa muller, Mildred, denúnciao ao corpo de bombeiros, para este enteirarse cando volve ao seu traballo e ser obrigado a queimar o fogar onde vivía. Entón, nun arrebato de furia, queima tamén a Beatty, e ao sabuxo metálico, o símbolo do medo de Montag, e o garda incansable do cuartel de bombeiros, sendo despois perseguido por un segundo sabuxo e logrando escapar cara as antigas vías do tren, lugar de estancia duns poucos intelectuais restantes, que memorizaran libros co obxectivo de preservalos.
Ao final, Montag marcha xunto con estes intelectuais ás cidades a intentar difundir os verdadeiros ideais da felicidade e a sabedoría do antigo ser humano, no momento de culminación da guerra.
Persoalmente, recomendaría este libro para calquera que queira desfrutar dunha boa velada lendo ciencia ficción ou que teña a intención de refelxionar un intre, xa que, ademais de contarnos unha gran historia ambientada no futuro, fainos pensar e dános un punto de vista diferente ao que temos do que é a felicidade.
Unicornio de cenoIras que cabalgas os sábados de Ronseltz, recensión de Ainhoa Tages Rodríguez (1º Bach B)
Unicornio de Cenorias que Cabalgas os Sábados é un poemario escrito por Ronseltz, o cal foi un grupo poético formado na Coruña entre 1984 e 1985 por Xoán Carlos Rodríguez, Manuel Cortés, Miguel A. Montes, Serxio Iglesias e Xabier Cordal. Disolveuse a principios da década dos noventa. Pouco despois publicaría Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, poemario que revitalizou a ritual e neodecandentista poesía dos 80. É un libro galego que che fai querer aínda máis a nosa fermosa terra, Galicia, onde che fai sentir máis galega. Realmente penso que merece a pena léelo, ollalo, ou simplemente telo no teu estante para poder recorrer a el cando o precises.
A min persoalmente, este libro encantoume, é verdade que ao comezo non me gustou polas primeiras citas, xa que me pareceron un pouco tontas pero conforme ías lendo, mais che ía gustando e teño que recoñecer que a poesía non e do meu agrado pero este libro fíxome abrir os ollos e a verdade e que me pareceu incríbel.
Recoméndollo a todo aquel que non lle guste a poesía xa que este libro faiche ver esta, noutra visión.
Unhas das citas que mais me marcou foi :
“Ondas mar de Vigo
se vistes meu amigo:
que marchei.”
A verdade é que todas me encantaron, pero esta en especial fíxome moita graza, recomendo o libro ao 100%.
Tres catorce dezaseis de Rocío Leira Castro, recensión literaria de Marta Fernández Bernardo (4º ESO A)
A autora está licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e desenvolve o seu labor en Santiago de Compostela dirixindo un centro de formación para universitarios. No ano 2009 gañou o X Certame de poesía para novos creadores Díaz Jácome e no 2012 o segundo Premio Anduriña Voandeira. Escribe narrativa e poesía.
As personaxes principais son Silvia, unha alumna da Universidade compostelá, e Benavides, o seu profesor de matemáticas.
Outras personaxes que aparecen son, varios alumnos da institución e o pai de Silvia.
A historia comeza cando, despois dun asasinato, un profesor do Campus da Universidade compostelá chamado Benavides recibe un correo electrónico cunha imaxe dun cadáver e unha mensaxe convidándoo a xogar.
Os correos chegan en ocasións acompañados de fotos que demostran que só o autor do crime pode estar detrás desas mensaxes, polo que o profesor acepta a proposta e trata de resolver o misterio.
Para iso, conta coa colaboración de Silvia, unha das súas alumnas, boa nos xogos de lóxica, que parece interesada en axudar ao profesor nas súas investigacións.
Despois dese primeiro asasinato comezan a producirse máis e, mentres tanto, chegan novos xogos de lóxica que agochan novas pistas.
Silvia e Benavide van contrarreloxo na resolución do caso, pero cada vez están máis preto do final.
A trama do libro dá un xiro cando se descobre que hai unha historia anterior e que foi a causante dos crimes e do xogo.
Para coñecer o desenlace deste misterio deberedes ler o libro…
Na miña opinión é un libro bastante sinxelo de ler, cun vocabulario fácil. É entretido, xa que se propoñen adiviñas ao longo do libro, as cales podes intentar resolver xunto cos protagonistas, meténdote así ti tamén na historia.
Ademais aprendes sobre as matemáticas e a súa historia de forma amena, e para nada aburrida.
Paréceme que é un libro que merece a pena ler se queres pasar un bo anaco resolvendo misterios.
Resistencia de Rosa Aneiros, recensión de Paula Méndez Freire (4º ESO A)
O verán en Lucenza de Alberto Fortes, recensión de Samuel Sumay (4º ESO A)
Este libro vén estruturado en historias separadas sen maior relación que o lugar no que ocorren e o tempo, é un libro no que o narrador é o protagonista de maior lembrando a súa estadía na aldea e as diferentes aventuras que lle ocorren.
Por aventuras refírome a sucesos de ton cotián, que el presenta como as súas aventuras, cóntanos por exemplo nunha das aventuras, como cruza o lugar enteiro en bici, logo cae máncase e as tías van buscalo cando ven que non aparece pola casa de noite.
Poderiamos dicir que si que teñen un pouco de aventura as anécdotas, pero a súa principal misión eu creo que é dar un pouco de visibilidade a unha Galicia rural moi escasa hoxe en día, unha Galicia que queda tan preto, máis parece que está moi lonxe.
A cousa que mellor fai este libro, na miña opinión, é crear atmosfera, ó describir as rutinas do rapaz protagonista e a aldea tan polo miúdo, a verdade é que parece que o lugar que nos relatan ten vida, ó ser un narrador que está a lembrar a súa nenez ou case adolescencia é ó pór tanto esforzo na descrición das paisaxes e a rutina diaria da xente case parece que estás ti alí, e que cho está a contar el.
Por amosar un pouco máis de que vai a novela vou contar un pouco dunha das historias narradas nela:
Nesta historia o protagonista chega á hora do xantar con dúas troitas que pescou pola mañá no río, lévallelas ás súas tías para que as limpen para a cea e póñense a xantar, neste momento o protagonista fálanos dunha habilidade que cómpre ter cando vives nunha vila tan pequena, a habilidade de non preguntar o que todo o mundo sabe, porque daquela quedas como o parvo da vila, entón el está afeito a entender as cousas que as súas tías contan polo contexto.
Despois da hora do xantar tócalle a sesta, o protagonista odia a sesta, entón pasa todos os días ese tempo argallando cousas e enredando no seu cuarto, mesmo tamén asexando pola fiestra para ver se xa se ergueu alguén, que é cando as súas tías lle deixan saír da sesta.
Recomendo este libro á xente que queira unha lectura tranquila e relaxante, este non é un libro de devorar dúas centas páxinas nunha hora, este libro na miña opinión vale moito máis a pena se se vai desfrutando pouco a pouco, e por enriba de todo se se adica tempo a imaxinar ben o sitio no que ocorren as aventuras, se se fai iso podo asegurar que é un moi bo libro.
Quizais a min gustoume tanto porque teño unha parte da miña familia que vive dun xeito moi similar ó das tías no libro e iso fíxome conectar máis co que dicía xa que teño algo de experiencia nese campo. De todas maneiras recoméndoo igual, urbanita ou non.
A praia dos afogados de Domingo Villar, recensión de Sofía Gómez Limia (1º Bach B)
O libro forma parte da triloxía sobre o inspector Leo Caldas que comezou en 2006 coa súa primeira novela Ollos de auga, gañadora de premios como Sintagma, Premio Brigada 21 e Premio Frei Martín de Sarmiento; a segunda novela da triloxía é A praia dos afogados foi publicada en 2009 e supuxo a súa consagración no panorama internacional da novela negra, obtendo excelentes críticas e vendas, foi adaptada ó cine en 2015; o último libro da serie é O último barco e foi publicado en 2019. A súa serie de libros foi traducida a máis de 15 idiomas e gañou un gran número de premios, como o Antón Losada Diéguez, Libro do Ano a Federación de libreiros de Galicia,Crime Thriller Awards e Dagger International en Reino Unido, premio Le Point du Polar Européen en Francia e o premio Martin Beck da Academia Sueca de Novela Negra, entre outros.
A trama da novela xira en torno á investigación do aparente suicidio de Xusto Castelo, un pescador solitario e depresivo atopado morto na Praia da Madorra, famosa por ser punto final de moitos afogados. Leo Caldas e o seu axudante Rafael Estévez, un aragonés que é incapaz de comprender a ambigüidade galega, enfrentaranse ao habitual “muro de receo” das poboacións rurais á hora de desentrañar o misterio que rodea a morte de Xusto Castelo e dos feitos sucedidos dez anos antes. Ademáis tamén fala dos problemas persoais de Leo Caldas, a enfermidade do seu tío, a súa relación con Alba , a súa exmuller, a relación co seu entrañable pai e o seu traballo na radio no que ten que lidiar co presentador Santiago Losada.
A novela ten varios puntos fortes, como as personaxes principais e secundarias ben elaboradas, o pequeno “tour” gastronómico de Caldas cando vai o seu habitual bar a xantar ou cear, a forma na que Domingo Villar presenta os capítulos, poñendo de título a definición dunha palabra que ten que ver co tema de cada un e desde o meu punto de vista a mellor parte do libro é que dota de humanidade ó inspector, é dicir, non o presenta como un xenio incomprendido que no principio xa sabe quen foi e vive unicamente para o caso, como Sherlock Holmes, senón que reflicte a unha persoa normal con problemas persoais que a pesar de ser un bo inspector comete diversos erros na súa investigación.
A parte máis frouxa foi sen dúbida é a resolución da investigación que foi algo acelerada e a partir dunha casualidade.
Pareceume un libro entretido e relativamente ameno, gustaríame telo lido no verán, en Nigrán xa que así podería visitar os lugares nos que transcorre. Recomendo ler o libro antes de ver a película porque a pesar de que esta e fiel, a maioría do tempo, o que di o libro o único personaxe que imaxinei similar ó do libro foi Leo Caldas e os lugares, as casas e algúns personaxes están mal representados e non se logra crear a mesma intriga por descubrir quen é o asasino que no libro.
Reo de Xesús Fraga, recensión de Gabriel Ares Bravo (1º Bach A)
No instituto é un alumno normal, cunhas calificacións non moi altas pero que aproba todo. Aínda que, fóra do instituto é outra persoa distinta. El é o rei do graffiti da cidade: por todos os lados podes encontrar o seu nome escrito, en calquera parede ou onde sexa. El sempre vai cun rotulador especial para pintar en paredes, para pintar cando lle pete. Reo é quen é debido a que un amigo seu era o rei da cidade, pero deixou o graffiti anos atrás para empezar a traballar, e ademais, se o cachaban facendo un sendo maior de idade, era moito peor que sendo menor de idade.
Ten varios amigos, entre eles dous chamados Sen e Rai, que son uns rapaces que van a outro instituto, cos cales se reúne nunha vella discoteca abandonada. Despois, teñen outro amigo chamado Chagui, do cal non saben a idade, pero saben que é maior de idade, e vive na discoteca abandonada. Non se sabe nada da familia de Chagui.
A familia de Reo é unha familia normal, que non sabían nada de que graffiteaba. Teñen a típica relación de adolescente cos seus pais: non falan demasiado, conviven porque non lles queda outra e pouco máis. Depois está o seu avó, que pintaba carteis de cine hai moito tempo, o cal Reo admiraba e encantáballe velo.
Un día, aparecelle a competencia a Reo, un tal Oni que graffiteara moitísimas veces o seu nome dun día para outro, e polo trazo parecía alguén experimentado.
Reo non pensaba deixar iso así, así que poñía o seu nome onde e cando podía, ata que o pillaron. A policía levouno á comisaría e falaron con el para que o deixara antes de que fose demasiado tarde, xa que facendo algúns traballos e pouco máis non ía ter problema, pero que se o pillaban outra vez as consecuencias ían ser moitísimo peores. Reo acepta e o seu instituto é o encargado de mandarlle facer un traballo, mais concretamente o profesor de historia, o cal mándao a un antigo graffiteiro ao que Reo admiraba moitísimo. Falaron moito e Reo recapacitou para deixar o graffiti.
Unha parte do libro conta a historia de cando Reo e mais unha compañeira de clase brasileira foran a Madrid, porque a rapaza tiña un familiar alí que estudara o que ela quería e parecíalle boa idea. O amigo de Reo que o metera no graffiti levounos, pero foron en balde porque despois de falar co seu familiar a policía encontrounos e mandounos de volta para a casa.
Pasaron varios sucesos sen importancia, ata que Sen e Rai decidiron presentar a súa canción de Hip Hop na vella discoteca e invitaron a moita xente, e cando Chagui viu a toda esa xente, xuntando o enfado e o ebrio que ía, montouse unha boa, na que ao final morre.
Falando do final, parece que todo vai concluír pero ao final deixante con dúbidas de moitas cousas e iso non me gustou nada.
O libro gustoume bastante e foi fácil de ler, aínda que o final non me gustou moito, pero entretivenme e engancheime a el moi rápido.
María e mais eu de María e Miguel Gallardo, recensión de Agustín Avalos (1º Bach A)
Trata de só tres días, que os pasan nunha illa de Canarias, e Miguel vai explicando o que fai con Maria, como se comporta e o porqué de moitas cousas que a xente normalmente non entende dos autistas. O que Miguel quere dar a explicar é que entendamos as persoas e lles facilitemos a moitos pais esa dificultade que teñen, primero en ensinar os seus fillos ou familiares, e logo, como ben pensa Miguel, ensinarlle á xente, que non son diferentes nin raros, nin nada polo estilo, que ante todo, son persoas, coma nós, e que merecen o mesmo respecto, e que non fai falta botar esas miradas, coas que Miguel se pon tan nervioso.
O que a Maria lle encanta facer co seu pai é que lle debuxe as persoas que ela recorda, é dicir, os seus nomes, por unha orde en concreto. Tamén disfruta moito da area, cousa que a Miguel lle sorprende, xa que el pensa que iso é o que fai a Maria que se distraia do mundo e a faga estar soa cos seus felices pensamentos. A través destes tres días, Miguel vai dando uns consellos e algunhas axudas para as persoas que teñan a alguén cercano que sexa así, e ao final do cómic dá unhas poucas aclaracións do que fai Maria cando está nerviosa, enfadada, agarimosa,… e tamén di que o mellor para estas persoas é que nunca, nunca, olvidan a ninguén que foron alguén para eles, e que iso é o méis importante, facerlles sentir que son únicos, tal e como son.
A verdade non me sorprendeu moito o libro, xa que eu levo moitos anos convivindo e descubrindo máis do autismo, porque o meu mellor amigo, que para min é como un irmán pequeno (por dez días) que ten Aspeguer, e tamén xa levo un par de anos indo en verán de voluntario a xogar a un club de fútbol sala para estes rapaces con esas diversidades disfuncionais. Sen dubida algunha, abráiome cada día mais do que un pode aprender destes rapaces, que á parte de ser moi intelixentes, teñen un punto de vista da vida moi distinto ao noso, e unhas preguntas que ás veces ata a min sorpréndenme.
Escollín o cómic porque sabía por onde podía tirar no traballo e aínda que as exposicions e ao mellor os traballos escritos non sexan o meu, sei do que falo, simplemente por experiencia propia, para ser exactos, 15 anos de amizade tanto co meu amigo coma axudándoo cos seus problemas. Para min, nunca me importou a súa diversidade, e sempre o vin coma alguén normal.
Iso, se se falara mais nos centros, nas aulas, dende cativos, a xente tal vez sabería moito máis de todo isto, do que é, do importante que é saber como son e darlles esa oportunidade, que pouca xente sabe dar, porque ata os grandes xenios, como Howking ou Einstein tiñan Aspeguer, dato que poucos saben, porque non lle dan a suficiente importancia para dicilo.
Deste cómic só me quedo cunha frase:
“Todos somos únicos tal e como somos, ata cos meus desperfectos, e non vou facerlle caso a quen non pense así “
Conta saldada de Suso de Toro, recensión de Juan Sebastián Ángel Morales (1º Bach A)
Conta saldada ocorre nunha época moderna, onde se podería presentarse como un caso infrecuente na actualidade, Catuxa Castro Ermida enfróntase á morte do seu pai por suicidio que sucedeu 15 días antes do comezo. Debido a certas cuestión sentimentais, decide ir cara a xestoría do seu pai por última vez, mais non se esperaba que na xestoría se encontraría coa aparición do seu pai morto, o cal lle contara varias verdades que lle cambiarán o curso da súa vida.
Daquelas verdades as máis importantes son tres, a primeira que a súa morte non foi un suicidio, senón un asasinato, a segunda que tiña un medio irmán chamado Xermán o cal mantiña en segredo e, por último, que tiña unha gran cantidade de diñeiro a cal se repartiría entre os dous.
A través destes sucesos e revelacións Catuxa cae nunha ansia de vinganza moi profunda e intentara cambiar o seu ser para poder cumprila, intenta convencer a Xermán de vingar o seu pai con ela mais Xermán rexeita e ignora as peticións dela ata que presenta unha gran cantidade de diñeiro como recompensa. O que el non sabía era que ese diñeiro tiña que ser del, mais Xermán só acepta ser o seu chófer e conseguirlle un arma para ela. Catuxa mentres Xermán tenta conseguir a arma, chega a obsesionarse coa obra de Hamlet, novela escrita polo dramaturgo William Shakespeare, e cuestionase o parecido que teña o príncipe de Hamlet con ela.
A través destes cambios as relacións de Catuxa vanse deteriorando e ela empeza a cambiar enganando a súa nai viúva repetidamente e ignorando a súa mellor amiga e illándose de todos menos Xermán, preparándose así mentalmente para cometer o asasinato.
Ao final da novela Catuxa case é asasinada, mais Xermán o cal resulta non ser o seu medio irmán consegue salvala matando os asasinos do pai de Catuxa, así cumprindo a esperada vinganza e debido ao lugar tan afastado no que estaban non foron atopados polas autoridades e saíron libres de todo cargo punible.
Recomendo esta novela coma unha lectura de entretemento, xa que é interesante ver como se desenvolve a psicoloxía destes personaxes e mantente en vilo sobre como terminará esta historia todo o tempo.
Trescatorcedezaseis de Rocío Leira, recensión de Aldara Pérez Cifuentes (4º ESO A)
Silvia e o profesor Benavides.
Silvia é unha estudante, moi aplicada e enigmática. Gústanlle os acertixos e resolver problemas de lóxica.
Benavides é un profesor da facultade de Matemáticas, gústanlle os teoremas matemáticos, pero dar clases na facultade non lle fascina moito, xa que é o traballo que veu despois do seu fracaso ao recibir un premio por axudar nun descubrimento.
Resumo:
O libro comeza cando ao profesor chégalle unha mensaxe iniciando un xogo de lóxica, uns días despois atopan un corpo no campus da facultade. Resulta que o asasino era a mesma persoa que lle mandaba as mensaxes a Benavides. O xogo complícase ata tal punto que o profesor quere saber quen é esta persoa, para poder averigualo pídelle axuda a Silvia, xuntos comezan a investigar e resolver as adiviñas propostas polo culpable dos homicidios mentras que este segue asasinando.
A narradora da historia é Silvia, ademais de contar como axuda ao profesor tamén conta a historia do seu pai, dende pequena gustáronlle as matemáticas, seu pai tamén era un gran afeccionado, ate que un día foi perdendo a cabeza e volveuse algo tolo. Ingresárono nun hospital, na habitación 314 xa que era o seu número favorito, o número pi. O pai de Silvia deixou de falar e de facer nada, escribe todos os días, pero soamente escribe unha palabra, unha e outra vez, sobre a superficie que sexa, soamente escribe “Benavides”.
Ao final do libro descóbrese que a culpable é Silvia, cometeu todos eses homicidios como vinganza do que Benavides lle fixera ao seu pai anos antes. Culpou o profesor de todos os asasinatos por quitarlle a investigación e o traballo ao seu pai. Tamén se sabe que Silvia escolleu a esas vítimas específicamente por formar parte da irmandade pitagórica, que aínda seguía viva e ela lideraba, e coma eses alumnos non cumpriron as normas tivo que castigalos coa morte.
A miña opinión:
Pareceume un libro bastante bo, é entretido xa que queres saber quen é o asasino. Pero tamén paréceme interesante a forma na que inclúe teoremas matemáticos e adiviñas nos homicidios.
Mostra as matemáticas a través de problemas que hai que resolver para avanzar no descubrimento. Faise interesante a forma na que as explica, non parecen tan aburridas, son historias interesantes e ao rematar o capítulo faiche pensar e intentar adiviñar ti tamén como poden estar relacionados con cada asasinato, ou que pistas poden achegar. Méteste un pouco no papel dos personaxes unindo na túa cabeza todas as imaxes e o que estaba fotografiado nelas, as adiviñas e as teorías matemáticas.
Gustoume moito, fíxoseme moi entretido. Ademais é fácil e rápido de ler, xa que é un libro curto e ten vocabulario sinxelo, non se complica ao explicar as cousas. Eu recomendaríao ás persoas ás que lles gusten os libros de misterio.
ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR
No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...
-
Tres catorce dezaseis é unha novela da autora ceense Rocío Leira Castro, coa que chegou a ser finalista na última edición dos premios Jules...
-
Ninguén morreu de ler poesía é un libro poderíase dicir que autobiográfico en forma de diálogo interactivo co lector. Foi publicado en 2020...
-
Made in Galiza é un libro de relatos curtos escrito por Séchu Sende. Séchu Sende é un escritor licenciado en Filoloxía Galega coñecido tamé...