luns, 1 de marzo de 2021

O diario violeta de Carlota de Gemma Lienas, recensión de Irene Romero Castro (4º ESO A)

Este libro pareceume moi interesante, xa que fala sobre o feminismo no noso día día. Pareceume unha moi boa maneira de reflexionar e cuestionar a nosa sociedade e o que ocorre nela. Ás veces non nos damos conta da cantidade de comentarios e comportamentos machistas que tristemente pasan na nosa vida porque estamos acostumados a isto. Por desgraza o machismo está en todas partes: na linguaxe, no traballo, nos medios de comunicación, na educación… e tamén en caso máis bestas como as violacións, a violencia de xénero, acoso…

Este libro cuestiónase todo dunha maneira moi curiosa, xa que analiza todas as situacións e fai que te deas conta da cantidade de comentarios machistas que ten que aguantar ou presenciar Carlota (a protagonista). Estamos tan acostumados a certos comentarios ou comportamentos que non nos damos nin conta de que son machistas.

Isto tamén pasa no traballo, Laura, unha amiga de Carlota non se sente cómoda por culpa dos seus compañeiros (homes), que fan comentarios sobre o seu corpo ou danlle a tarefa fácil a ela.

Isto sucede moitas veces xa que certos homes seguen minusvalorando a capacidade intelectual da muller e pensan que non son capaces de realizar o traballo complicado.

Outro tema moi interesante do que fala son sobre os estereotipos da sociedade para as mulleres e o que fomentan as revistas de moda. A muller parece que está obrigada a estar delgada, ser guapa, presumida, non ter marcas na cara, nin estrías, nin celulite... As revistas de moda só mostran o que a xente quere ver, que soen ser mulleres perfectas, mulleres extremadamente delgadas e fermosas. Algunhas das modelos que saen ata recoñeceron ter anorexia, é dicir, que están fomentando unha enfermidade moi grave. É incrible o que poden chegar a sufrir certas mulleres só por non seguir os canóns de beleza, comentarios como: se te amañases un pouco estarías moito máis guapa, tes uns quilos de máis, debes coidarte máis, así ninguén che vai querer...

Os homes xeralmente tampouco teñen que recibir este tipo de comentarios, no libro ponse o exemplo de que un home calvo e gordo dille a unha muller que adelgace (ser gordo mentres esteas san non é nada malo)

A avoa de Carlota ao longo do libro vaille enviando cartas de nenas doutros países que teñen unha situación critica, córtanlles o clítoris, non lles deixan saír de casa nin ter contacto con xente que non sexa da familia, son usadas como obxectos sexuais, non teñen estudos, son casadas por obrigación...

O machismo está no noso día día, pero anos atrás a situación era mil veces peor e grazas ás mulleres do pasado conseguimos avanzar un pouco e aínda que nos queda moito, todas xuntas podemos. Este libro axúdache a darte conta de que é unha loita continua na que todos, tantos homes como mulleres, temos que pór da nosa parte para que dentro duns anos o machismo non exista e teramos un futuro igualitario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...