luns, 1 de marzo de 2021

Reo de Xesús Fraga, recensión de Gabriel Ares Bravo (1º Bach A)

Reo é o alcume que recibe un rapaz que está estudando segundo de bacharelato debido á súa afección: o graffiti.

No instituto é un alumno normal, cunhas calificacións non moi altas pero que aproba todo. Aínda que, fóra do instituto é outra persoa distinta. El é o rei do graffiti da cidade: por todos os lados podes encontrar o seu nome escrito, en calquera parede ou onde sexa. El sempre vai cun rotulador especial para pintar en paredes, para pintar cando lle pete. Reo é quen é debido a que un amigo seu era o rei da cidade, pero deixou o graffiti anos atrás para empezar a traballar, e ademais, se o cachaban facendo un sendo maior de idade, era moito peor que sendo menor de idade.

Ten varios amigos, entre eles dous chamados Sen e Rai, que son uns rapaces que van a outro instituto, cos cales se reúne nunha vella discoteca abandonada. Despois, teñen outro amigo chamado Chagui, do cal non saben a idade, pero saben que é maior de idade, e vive na discoteca abandonada. Non se sabe nada da familia de Chagui.

A familia de Reo é unha familia normal, que non sabían nada de que graffiteaba. Teñen a típica relación de adolescente cos seus pais: non falan demasiado, conviven porque non lles queda outra e pouco máis. Depois está o seu avó, que pintaba carteis de cine hai moito tempo, o cal Reo admiraba e encantáballe velo.

Un día, aparecelle a competencia a Reo, un tal Oni que graffiteara moitísimas veces o seu nome dun día para outro, e polo trazo parecía alguén experimentado.

Reo non pensaba deixar iso así, así que poñía o seu nome onde e cando podía, ata que o pillaron. A policía levouno á comisaría e falaron con el para que o deixara antes de que fose demasiado tarde, xa que facendo algúns traballos e pouco máis non ía ter problema, pero que se o pillaban outra vez as consecuencias ían ser moitísimo peores. Reo acepta e o seu instituto é o encargado de mandarlle facer un traballo, mais concretamente o profesor de historia, o cal mándao a un antigo graffiteiro ao que Reo admiraba moitísimo. Falaron moito e Reo recapacitou para deixar o graffiti.

Unha parte do libro conta a historia de cando Reo e mais unha compañeira de clase brasileira foran a Madrid, porque a rapaza tiña un familiar alí que estudara o que ela quería e parecíalle boa idea. O amigo de Reo que o metera no graffiti levounos, pero foron en balde porque despois de falar co seu familiar a policía encontrounos e mandounos de volta para a casa.

Pasaron varios sucesos sen importancia, ata que Sen e Rai decidiron presentar a súa canción de Hip Hop na vella discoteca e invitaron a moita xente, e cando Chagui viu a toda esa xente, xuntando o enfado e o ebrio que ía, montouse unha boa, na que ao final morre.

Falando do final, parece que todo vai concluír pero ao final deixante con dúbidas de moitas cousas e iso non me gustou nada.

O libro gustoume bastante e foi fácil de ler, aínda que o final non me gustou moito, pero entretivenme e engancheime a el moi rápido.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...