martes, 16 de marzo de 2021

A memoria da choiva de Pedro Feijoo, Uxía Mosconi Lew (1º Bach C)

Esta é unha novela encadrada no xénero literario de novela negra, escrita en galego, aínda non traducida ao castelán, cunha extensión de 469 páxinas e publicada no outubro de 2013 por Edicións Xerais.

Centrándose como referencia en todo momento na figura de Rosalía de Castro, onde os lugares collen unha especial importancia.

Pedro Feijoo naceu en Vigo en 1975, licenciado en Filoloxía Galega na facultade de Santiago. Ao longo dos últimos anos exerceu profesionalmente como compositor e produtor. Coa súa primeira novela, Los hijos del mar.

RECESIÓNS CRÍTICAS

“Pedro Feijoo non se limita só á creación dun texto, nin a fórxaa dun autor. O seu obxectivo é a creación dun público, e a fórmula funciona porque debuxa os feitos, os lugares e, sobre todo, os personaxes con ironía.”

Suso de Toro, ProTexta

“Estamos ante unha obra de lectura moi recomendable para todos os amantes da novela negra, de intriga e de acción. Unha novela que nos chega da man dun autor galego, vigués, que se sitúa co seu novo libro nos primeiros postos dos grandes NOMES da literatura en galego. Moi, moi recomendable.”
 
“Se algo lle sobra a “A memoria da choiva” é capacidade por milleiros para entreter ao lector que proporcionan as 469 páxinas de thriller literario con todos os ingredientes imprescindibles do xénero."

Armando Requeixo, Faro da Cultura de Faro de Vigo

TRAMA

Esta novela trata principalmente na investigación dunha serie de asasinatos relacionados con Rosalía de Castro na Compostela dos nosos días, facendo fincapé no seu lado escuro, datos descoñecidos da biografía dela.

O primeiro foi o de Xosé Carneiro, un coñecido psicanalista e colabolador televisivo, ao que atopou a súa paciente co peito aberto e unha peza de ferro estacada no corazón. Isto sorprendeu a Aquiles Vega, quen estaba ao tanto da investigación xunto co seu compañeiro Andrés.

Aquiles exercía de xornalista ata que o botaron do xornal o País tras a publicación en Twitter dunhas declaracións exclusivas de Mariano Rajoy.

Pola outra banda, o seu amigo Andrés era policía, e chamouno para que lle axudase co caso da Rúa República do Salvador.

Ao día seguinte aparece morta; Penélope Santalla, tamén co tronco e o abdome aberto. Ela tamén estaba relacionada estreitamente coa autora.

O asasino deixa en ambas vítimas uns versos que, grazas a Xoaquina, Aquiles decátase de que son de Rosalía e os homicidios comezan a cobrar sentido, tendo un posible móbil, seguindo a pista dos versos e os correos que lle chegan a Sofía, profesora de literatura encargada da exposición do aniversario dos 150 anos de cantares gallegos.

Seguindo o fío, cada sospeitoso que tiñan aparecía morto, quedando sen respostas e aínda máis dúbidas acerca do verdadeiro culpable.

PERSONAXES

Principais

Aquiles Vega, xornalista convertido en investigador

Sofía Deneb, profesora de literatura que axuda na investigación grazas aos seus coñecementos sobre Rosalía

Tino, Xacobe Adriano, o conserxe e asasino

Secundarios:

-Andrés Casaperda: investigador policial, quen chama a Aquiles para pedirlle a súa opinión acerca do caso.

-Xoaquina: coidadora da nai de Aquiles. Grazas a ela relacionáronse os versos atopados nas escenas do crímen sendo pertencentes aos das obras de Rosalía de Castro.

-Xosé Carneiro, Penélope Santalla, Diego Castro e Ariel Pan: vítimas



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO