Ardalén é un libro de banda deseñada escrita e debuxada por Miguelanxo Prado, autor coruñés.
A través de varias ilustracións Ardalén cóntanos unha historia que comeza nun bar de aldea, onde unha muller chamada Sabela pregunta por un home que emigrara a Cuba e seguía vivo, e algúns homes responden que Fidel, que vivía nas montañas e tiña emigrado aló.
Sabela comeza a reunirse con el todos os días, tratando de refrescar a súa memoria desordenada, ata que un día Fidel comeza a falar dunhas estrañas baleas que saen do bosque de eucaliptos cada vez que un vento chamado ardalén sopra, e Sabela comeza a sospeitar que o home non está san. Durante o resto da historia comezas a entender máis a Fidel e o que lle pasa, unha enfermidade que lle fai apropiarse de pensamentos e recordos doutras épocas e persoas a través dos libros que lera de mozo. A relación de Sabela con Fidel mellora cada vez, máis e cada vez están, tamén, máis unidos.
Ardalén é un libro que, segundo a miña opinión sabe tocar os sentimentos de todos aqueles con familiares maiores, e, sobre todo se estes sofren de problemas de memoria.
Este libro trata o tema da perda de memoria dun xeito único, e busca a maxia entre a que eu creo, é unha das peores enfermidades. Ardalén gustoume moito por ese motivo, atopa unha forma de relatar unha realidade común, non coma a maioría dos libros que eu lera, que se trataban este tema, era de xeito triste, senón que consegue relatalo dun xeito diferente, e, a través dunha historia preciosa axuda a entender a situación da xente enferma, a loita por recordar, o medo de seguir olvidando...
Por último gustaríame comentar que lendo este libro dáste conta da importancia que ten a familia, os veciños, o feito de sentirse querido cando ti xa es vello, e o importantes que son os recordos da xente que quixeches.
Ardalén, sen lugar a dúbidas é o libro de lectura obrigatoria que máis disfrutei durante todo o instituto, e, cando se poida tentarei mercalo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario