O libro forma parte da triloxía sobre o inspector Leo Caldas que comezou en 2006 coa súa primeira novela Ollos de auga, gañadora de premios como Sintagma, Premio Brigada 21 e Premio Frei Martín de Sarmiento; a segunda novela da triloxía é A praia dos afogados foi publicada en 2009 e supuxo a súa consagración no panorama internacional da novela negra, obtendo excelentes críticas e vendas, foi adaptada ó cine en 2015; o último libro da serie é O último barco e foi publicado en 2019. A súa serie de libros foi traducida a máis de 15 idiomas e gañou un gran número de premios, como o Antón Losada Diéguez, Libro do Ano a Federación de libreiros de Galicia,Crime Thriller Awards e Dagger International en Reino Unido, premio Le Point du Polar Européen en Francia e o premio Martin Beck da Academia Sueca de Novela Negra, entre outros.
A trama da novela xira en torno á investigación do aparente suicidio de Xusto Castelo, un pescador solitario e depresivo atopado morto na Praia da Madorra, famosa por ser punto final de moitos afogados. Leo Caldas e o seu axudante Rafael Estévez, un aragonés que é incapaz de comprender a ambigüidade galega, enfrentaranse ao habitual “muro de receo” das poboacións rurais á hora de desentrañar o misterio que rodea a morte de Xusto Castelo e dos feitos sucedidos dez anos antes. Ademáis tamén fala dos problemas persoais de Leo Caldas, a enfermidade do seu tío, a súa relación con Alba , a súa exmuller, a relación co seu entrañable pai e o seu traballo na radio no que ten que lidiar co presentador Santiago Losada.
A novela ten varios puntos fortes, como as personaxes principais e secundarias ben elaboradas, o pequeno “tour” gastronómico de Caldas cando vai o seu habitual bar a xantar ou cear, a forma na que Domingo Villar presenta os capítulos, poñendo de título a definición dunha palabra que ten que ver co tema de cada un e desde o meu punto de vista a mellor parte do libro é que dota de humanidade ó inspector, é dicir, non o presenta como un xenio incomprendido que no principio xa sabe quen foi e vive unicamente para o caso, como Sherlock Holmes, senón que reflicte a unha persoa normal con problemas persoais que a pesar de ser un bo inspector comete diversos erros na súa investigación.
A parte máis frouxa foi sen dúbida é a resolución da investigación que foi algo acelerada e a partir dunha casualidade.
Pareceume un libro entretido e relativamente ameno, gustaríame telo lido no verán, en Nigrán xa que así podería visitar os lugares nos que transcorre. Recomendo ler o libro antes de ver a película porque a pesar de que esta e fiel, a maioría do tempo, o que di o libro o único personaxe que imaxinei similar ó do libro foi Leo Caldas e os lugares, as casas e algúns personaxes están mal representados e non se logra crear a mesma intriga por descubrir quen é o asasino que no libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario