Victor
Moldés é un psiquiatra que comeza a traballar nunha prestixiosa
clínica Beira Verde. A súa primeira paciente é Laura Novo, unha
escritora e xornalista coa memoria borrada que pasa as horas do día
escribindo compulsivamente o seu nome. Agárrase a el coma se fose o
único remanente dalgún naufraxio emocional. A través dunha terapia
innovadora, o doutor quere que a paciente abandone a prisión
interior e comece a lembrar o seu pasado.
O doutor conseguirá que Laura lembre todo o que lle pasou nos meses anteriores, cando unha sombra escura parecía ameazar a súa vida. Pero Victor non podía imaxinar  que estaban abrindo a porta. Debaixo da superficie tranquilizadora da vida, os terrores máis profundos agardan a ocasión adecuada para destruírnos.
Pareceume un libro moi doado de ler. Aínda que ao comezo da historia é verdade que non chama moito a atención, a medida que vas entrando no nó da historia éntranche ganas de seguir lendo e non parar. Para o meu gusto faría un final distinto, pois para min está pouco elaborado para como está a historia. En lugar dun final aberto pois acabar cunha historia paralela a principal, que lle daría un toque de maior complexidade para o meu punto de ver.

Ningún comentario:
Publicar un comentario