luns, 1 de marzo de 2021

O que sei do silencio de Andrea Maceiras, recensión de Sofía Caride (4º ESO A)

Andrea Maceiras escribiu O que sei do silencio, finalista do Premio Raíña Lupa, 2017. Un relato estremecedor sobre o  acoso escolar, aínda que non é doado achegar novas visións a este estilo de historia Andrea fíxoo a través da figura de Delia, unha acosadora pasiva con Silke coma vítima, unha rapaza sueca recén chegada ao instituto para cursar 3º de ESO.

Novela inspirada libremente nun suceso real, afonda dende a perspectiva da maioria dos persoaxes e como viven a historia cada un pola súa parte.

A historia nárrase a través de numerosos post que publica Delia nun blogue onde as persoas poden interactuar, xa para dar a súa opinión sobre os feitos do acontecido ou para comentar como viven diferentes temas que se tratan a medida que avanza o libro, entre eles o acoso escolar xa que é o tema principal e como lle afectou persoalmente a cada persoa que está a ler os post.

Un elemento rechamante é a posición de Delia, é unha acosadora que pese a ser "pasiva" nunca oculta a súa parte de culpa neste problema. Ela mesma afirma que “son unha covarde”. E afirma, tamén, o inútil que se sentiu, era bastante asocial e precisaba de amigas que a visibilizasen, e como se deixou levar por compañeiras acosadoras como Xulia, Lara e Daniela por medo á soidade.

Na novela hai moita crueldade, chega a doer, aínda que considero que representa moi ben as emocións que podemos ter todos nalgún momento ante situacións similares.  Hai covardía pero tamén desexos afogados de asumir actitudes positivas.

Libro sen dúbida moi necesario O que sei do silencio, a medida que avanzas na lectura sénteste completamente pertencente a historia, sofres, alégraste, e vívelo como se o viviras en primeira persoa. Sobre todo é importante o  feito de falar de “acoso pasivo” ou “deixar facer” polos motivos que sexan, fundamentalmente a nós, os adolescentes, que aínda que esta situación pode vivirse a calquera idade, quizás nos o teñamos máis cercano, tanto que igual estamos a vivir unha situación parecida e nin nos damos conta, por iso creo que é  importante este libro, para saber indentificalo, e cando saibamos o que está acontecendo, non converternos en acosadores pasivos e poñerlle fin o máis rápido posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VÍDEO LETICIA EIRÍN NA CAMPAÑA AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO

Velaquí tedes o vídeo de Leticia Eirín , profesora de Literatura na UDC e ex alumna do IES Monte das Moas que se suma á campaña de Aquí tamé...