Silvia e o profesor Benavides.
Silvia é unha estudante, moi aplicada e enigmática. Gústanlle os acertixos e resolver problemas de lóxica.
Benavides é un profesor da facultade de Matemáticas, gústanlle os teoremas matemáticos, pero dar clases na facultade non lle fascina moito, xa que é o traballo que veu despois do seu fracaso ao recibir un premio por axudar nun descubrimento.
Resumo:
O libro comeza cando ao profesor chégalle unha mensaxe iniciando un xogo de lóxica, uns días despois atopan un corpo no campus da facultade. Resulta que o asasino era a mesma persoa que lle mandaba as mensaxes a Benavides. O xogo complícase ata tal punto que o profesor quere saber quen é esta persoa, para poder averigualo pídelle axuda a Silvia, xuntos comezan a investigar e resolver as adiviñas propostas polo culpable dos homicidios mentras que este segue asasinando.
A narradora da historia é Silvia, ademais de contar como axuda ao profesor tamén conta a historia do seu pai, dende pequena gustáronlle as matemáticas, seu pai tamén era un gran afeccionado, ate que un día foi perdendo a cabeza e volveuse algo tolo. Ingresárono nun hospital, na habitación 314 xa que era o seu número favorito, o número pi. O pai de Silvia deixou de falar e de facer nada, escribe todos os días, pero soamente escribe unha palabra, unha e outra vez, sobre a superficie que sexa, soamente escribe “Benavides”.
Ao final do libro descóbrese que a culpable é Silvia, cometeu todos eses homicidios como vinganza do que Benavides lle fixera ao seu pai anos antes. Culpou o profesor de todos os asasinatos por quitarlle a investigación e o traballo ao seu pai. Tamén se sabe que Silvia escolleu a esas vítimas específicamente por formar parte da irmandade pitagórica, que aínda seguía viva e ela lideraba, e coma eses alumnos non cumpriron as normas tivo que castigalos coa morte.
A miña opinión:
Pareceume un libro bastante bo, é entretido xa que queres saber quen é o asasino. Pero tamén paréceme interesante a forma na que inclúe teoremas matemáticos e adiviñas nos homicidios.
Mostra as matemáticas a través de problemas que hai que resolver para avanzar no descubrimento. Faise interesante a forma na que as explica, non parecen tan aburridas, son historias interesantes e ao rematar o capítulo faiche pensar e intentar adiviñar ti tamén como poden estar relacionados con cada asasinato, ou que pistas poden achegar. Méteste un pouco no papel dos personaxes unindo na túa cabeza todas as imaxes e o que estaba fotografiado nelas, as adiviñas e as teorías matemáticas.
Gustoume moito, fíxoseme moi entretido. Ademais é fácil e rápido de ler, xa que é un libro curto e ten vocabulario sinxelo, non se complica ao explicar as cousas. Eu recomendaríao ás persoas ás que lles gusten os libros de misterio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario